Declaración de accesibilidade
A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web Diario Oficial de Galicia.
Situación do cumprimento
Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.
Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
- falta de conformidade co RD 1112/2018:
- Algúns contidos non están marcados semánticamente o que pode provocar problemas de procesado e identificación do seu propósito [requisito número 9.1.3.1 Información e relacións de EN 301549 v2.1.2 – 2018]
- Nos formularios de busca existen etiquetas repetidas ou controis sen unha etiqueta accesible que poden dificultar a identificación e introducción de filtros [requisito número 9.2.4.6 Etiquetas e instruccións de EN 301549 v2.1.2 – 2018]
- A cor cián utilizada para resaltar algúns elementos pode dificultar a súa lectura en determinadas condicións lumínicas [requisito número 9.1.4.3 Contraste (mínimo) de EN 301549 v2.1.2 – 2018]
- carga desproporcionada: non aplica.
- o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.
Preparación da presente declaración de accesibilidade
Esta declaración foi preparada o 9 de maio de 2019.
O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Última revisión da declaración: 9 de maio de 2019.
Observacións e datos de contacto
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial.
As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia.
Procedemento de aplicación
O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.
Contido opcional
Data de última revisión
A última revisión de accesibilidade foi realizada o 9 de maio de 2019.
Ligazóns relacionadas