Que é o CVE?
CVE son as iniciais do Código de Verificación Electrónica,
que consiste nun conxunto de caracteres (números e letras) que identifican de
forma única calquera das disposicións, actos e anuncios publicados
pola Xunta de Galicia. Este código está impreso en todas e cada unha das
páxinas para facilitar o acceso ao documento electrónico orixinal en posesión da Xunta.
Por que é importante o CVE?
- Porque calquera copia realizada en papel dos orixinais electrónicos do
documento a partir do 17 de decembro de 2010 (data de publicación
do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento
da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades
dela dependentes) ten a consideración de copia auténtica se inclúe o CVE.
- O CVE permite contrastar a autenticidade de calquera documento da Xunta
impreso en papel mediante o cotexo co documento electrónico orixinal.
Para isto, vostede pode inserir o CVE no cadro de texto da páxina
de verificación de documentos asinados e obter o documento orixinal,
asinado electronicamente, desde o portal da Xunta de Galicia.