PAGAMENTO DA TAXA POR INSERCIÓN DE ANUNCIOS
Para inserir un anuncio no Diario Oficial de Galicia, deberase aboar previamente a taxa que establece a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e accións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. O importe das taxas actualízase anualmente.
Forma de pagamento
Códigos correctos para cubrir as follas de liquidación da taxa do DOG, modelos: AI, 730 e 731
- Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
- Delegación de servizos centrais
- Servizo de DOG
- Taxa: anuncios no Diario Oficial de Galicia (segundo corresponda):
- Procedemento ordinario
- Procedemento urxente
IMPORTANTE: se non se cobren ben os códigos anteriores, a taxa non se considera efectivamente liquidada, xa que o ingreso non se realiza na conta habilitada a tal efecto.
Prazo de publicación dos anuncios
Os prazos de publicación de anuncios no DOG veñen establecidos no artigo 12 da Orde do 28 de abril de 2011,da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se regula a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia e se determina a súa posta en funcionamento.
Valoración do importe do anuncio
Para efectuar unha valoración do importe do anuncio é necesario ter en conta que o anuncio completo consta de:
- Sumario (breve resumen do texto do anuncio)
- Texto do anuncio
- Localidade e data
- Nome do anunciante
- Cargo do anunciante
Os puntos anteriores deberán expresarse en tres parágrafos diferentes.
Modos de efectuar a valoración previa
- Automaticamente, desde a páxina do DOG, no enlace Cálculo automático da taxa de publicación.
- Contactando coa Unidade Administrativa do DOG, dalgunha das seguintes formas:
- A través do correo electrónico taxa.dog@xunta.gal
- Excepcionalmente, mediante o envío dun fax (981 544 272) e chamada telefónica (981 544 270)