Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.469

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 89/1995, do 16 de marzo, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de acondicionamento da estrada C-536. Tramo Alto da Cerdeira-A Pobra de Trives. Clave: N/OU/85.5.3.

Con data do 7 de marzo de 1995 o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado da obra de acondicionamento da estrada C-536. Tramo: Alto da Cerdeira-A Pobra de Trives. Clave: N/OU/85.5.3.

Os bens e dereitos afectados nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2º do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada a referida declaración por estar incluída nas actuacións programadas na estrada C-536 e contar con financiamento da Unión Europea.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día dezaseis de marzo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo ins

truído para efectos de expropiación no proxecto das obras de acondicionamento da estrada C-536. Tramo: Alto da Cerdeira-A Proba de Trives. Clave: N/OU/85.5.3.

Santiago de Compostela, dezaseis de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras

Públicas e Vivenda