Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 121/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 1 que se vai substituír da L.M.T. 42.08 na súa derivación ós CC.TT. Romeu, Caride e outros, ata o C.T. que se proxecta de Ricardo Mella, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 85 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios de formigón.

Orzamento: 5.464.195 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas ná Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 20 de marzo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra