Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, pola que se publican as adxudicacións de contratos de obras e subministracións correspondentes ás contratacións directas que se indican.

A Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, en cumprimento do disposto no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento, resolveu publica-las adxudicacións dos contratos de obras e subministracións acordadas polo conselleiro, correspondentes ás contratacións directas acordadas por esta consellería, segundo as referencias que a continuación se expresan:

-Contratación directa anunciada na prensa o 8/7/1994.

-Amoblamento de bibliotecas públicas na provincia de Pontevedra (Ponteareas), Areas (Ponteareas), Monteporreiro (Pontevedra) e Rivadumia.

Empresa adxudicataria: Ekipo, S. Coop. Ltda.

-Contratación directa anunciada na prensa o 8/7/1994.

-Amoblamento de bibliotecas públicas nas provincias da Coruña (Ortigueira) e Lugo (Fingoi).

Empresa adxudicataria: Ekipo, S. Coop. Ltda.

-Contratación directa anunciada na prensa o 20/9/1994.

-Obra do proxecto básico e de execución da restauración de cubertas, fachadas e carpintería exterior no convento das MM. Mercedarias en Santiago de Compostela.

Empresa adxudicataria: Extraco, S.A.

-Obra do proxecto básico e de execución da rehabilitación parcial no convento do Carme en Santiago de Compostela.

Empresa adxudicataria: Construcciones La Barca, S.L.

-Obra proxecto básico e de execución da restauración urxente do mosteiro de Belbís (adro e igrexa) en Santiago de Compostela.

Empresa adxudicataria: Neor, S.A.

-Contratación directa anunciada na prensa o 9/11/1994.

-Subministración dun sistema de estanterías tipo compacto para o arquivo histórico de Pontevedra.

Empresa adxudicataria: Tecam Oficinas, S.A.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1995.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura