En cumprimento do establecido nos artigos 38 da Lei de contratos do Estado, 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado e 24 do Regulamento de contratación da Universidade de Santiago de Compostela, faise público que, por proposta da Mesa de Contratación e á vista da cualificación técnica emitida,
o órgano de contratación da Universidade de Santiago de Compostela resolveu adxudica-lo expediente número 024/1995, á empresa Spica, por un importe de 6.032.000 ptas IVE incluído.
Santiago de Compostela, 3 de abril de 1995.
P.D. (Resolución 22-7-1994)
Manuel Castro Cotón
Vicerrector de Asuntos Económicos