Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1995 pola que se anuncia concurso para a redacción dos proxectos de execución do Plan de Rexeneración Ecolóxica e Medioambiental dos montes de San Pedro e Cortigueiro e borde marítimo de San Roque-Bens, no municipio da Coruña.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. Enderezo: praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña, España. Tfno.: 18 42 19. Fax: 18 42 71.

2. Modalidade de adxudicación: concurso aberto.

3. Obxecto do contrato: redacción dos proxectos de execución do Plan de Rexeneración Ecolóxica e Medioambiental dos montes de San Pedro e Cortigueiro e bordo marítimo de San Roque-Bens, no municipio da Coruña.

Tipo de licitación: 87.000.000 de pesetas (sen IVE); 100.000.000 de pesetas (IVE incluído).

4. Prazo de execución: catro meses contados a partir do día seguinte ó da formalización do contrato.

5. Solicitude de documentación: véxase. punto 1. Unidade de Obras e Concesións, ata as 13 horas do día 23 de xuño de 1995.

6. Data límite de recepción de proposicións: 13 horas do día 23 de xuño de 1995.

Enderezo: véxase punto 1. Rexistro xeral de entrada.

Idioma: español.

7. Persoas admitidas á apertura de plicas: acto público.

Data, hora, lugar: 27 de xuño de 1995; 12 horas. Véxase punto 1.

8. Fianzas e garantías: provisional, 2.000.000 de pesetas; definitiva, 4% do importe de adxudicación.

9. Modalidades de orzamento e pagamento: fondo de infraestructuras para mellora do medio ambiente das corporacións locais e orzamento municipal, nos seguintes prazos:

-25% do prezo, tras da entrega ó concello dos proxectos obxecto do contrato.

-25%, tras da aprobación dos proxectos polo órgano municipal competente.

-50% tras da aprobación dos proxectos polo fondo de infraestructura para mellora do medio ambiente das corporacións locais e dotación a través dos fondos comunitarios.

10. Condicións mínimas: clasificación empresarial.

Grupo II, subgrupos 3, 5 e 6, categoría c.

11. Prazo de validez da proposición: 3 meses.

12. Criterios de adxudicación: menor prezo, menor prazo de execución, experiencia profesional do equipo redactor, mellores medios materiais dispoñibles, estudios complementarios incluídos na oferta e solvencia financeira, económica e técnica do licitador.

13. Información adicional: a proposición económica será formulada conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares, reintegrada cun timbre municipal de 58.740 pesetas e presentada no rexistro xeral de entrada en sobre pechado; véxase punto 1; en horas de 9 a 13.

14. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 2 de maio de 1995.

A Coruña, 2 de maio de 1995.

O alcalde

Rubricado