Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.827

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO de convocatoria.

1. Obxecto: a contratación mediante concurso do Servicio de Asistencia Sanitaria Médico-Cirúrxica ó persoal funcionario deste concello non acollido ó sistema de asistencia sanitaria da Seguridade Social, ó abeiro do previsto no Real decreto 480/1993, do 2 de abril.

As prestacións do servicio terán, como mínimo, o mesmo alcance e condicións do sistema da Seguridade Social, conforme o artigo 6 e disposición transitoria quinta do real decreto mencionado no parágrafo precedente.

2. Duración do contrato: un ano, agás que por imposición dunha norma legal ou regulamentaria se lle deba aplicar outro réxime de asistencia sanitaria ó persoal sanitario deste concello, podendo ser obxecto de prórroga por outro ano, salvo denuncia, dunha das partes.

3. Tipo de licitación: o tipo máximo de licitación será de 30.000.000 de ptas., non podendo representa-la oferta económica, en calquera caso, unha cota mensual inferior ó cociente que resultaría da división do total da cotización á Seguridade Social por asistencia sanitaria, partido polo número de asegurados e beneficiarios, segundo o padrón de protexidos por este servicio.

4. Garantías: a garantía provisional queda establecida na cantidade de 600.000 ptas. e a definitiva en 1.200.000 ptas.; poden constituírse ambas en metálico ou en aval bancario da Caixa de Aforros e, en todo caso, na Tesourería do Concello de Ferrol.

5. Modelo de proposición: será como segue:

Don/Dona... (nome, apelidos e circunstancias), con domicilio en..., por sí mesmo/a ou na representación que ostenta, informado/a do anuncio do concurso público para a prestación do servicio médico-cirúrxico ós funcionarios do Concello de Ferrol non integrados no sistema de asistencia sanitaria da Seguridade Social, ofrece e comprométese a cumpri-lo obxecto do contrato por unha cota por beneficiario do Servicio de... ptas., na forma e condicións establecidas no correspondente prego de condicións administrativas, que acepta e para tal fin achega na forma regulamentaria os documentos requiridos nelas.

...., ... de... de 1995.

Licitador,

6. Prazo, hora e forma de presentación de proposicións: presentaranse directamente e en man, no rexistro xeral de entrada do Concello de Ferrol, en horas de 9 a 13.30, en sobre pechado, dentro dos dez días hábiles seguintes ó da publicación do último anuncio da convocatoria ben sexa no Boletín Oficial del Estado, no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día coincidise en sábado, o prazo de presentación de proposicións rematará as 13.30 horas do seguinte día hábil.

7. Documentos que acompañarán a proposición: no sobre que conteña a proposición incluiranse, inexcusablemente, os seguintes documentos:

a) DNI do licitador.

b) Se o propoñente é unha sociedade, primeira copia ou testemuño notarial da escritura social debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, e certificados conforme dispoñen de suficiente organización e medios técnicos para a realización do traballo.

c) Declaración xurada de ter plena capacidade de obrar e de non se atopar comprendido en ningunha das circunstancias que sinala o artigo 9 da Lei de contratos do Estado nin en ningunha circunstancia de incapacidade ou incompatibilidade a que se refiren os artigos 4 e 5 do Regulamento de contratación das corporacións locais.

d) Certificacións expedidas polo órgano competente do Ministerio de Facenda e pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, acreditativas de que o licitador está ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social ou declaración responsable do licitador ante autoridade ou persoa que dá fe pública acreditativa de tales extremos.

e) En caso de concorreren varios empresarios individuais agrupados temporalmente para o efecto, deberase acreditar que cada un dos empresarios que a integran, cumpren os requisitos establecidos nos apartados anteriores, e indicaranse ademais no escrito de proposición os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben, a participación de cada un deles e a designación da persoa ou entidade que durante a vixencia do contrato ha de ostenta-la plena representación de todos eles fronte ó concello.

f) Cando o licitador actúe mediante apoderado ou se trate de sociedades, escritura de apoderamento, certificada polo secretario da corporación, inscrito no Rexistro Mercantil.

g) Fotocopia do recibo da licencia fiscal (IAE).

h) Declaración xurada de que dispón dunha organización con elementos persoais e materiais afectos de modo permanente e idóneo para a realización do servicio obxecto do concurso, con expresión individualizada destes medios.

i) As referencias técnicas:

-Currículum vitae cos datos persoais, académicos e profesionais, concursos nos que participou e posto acadado neles, de cada compoñente do equipo e compromiso expreso dos mesmos para a realización do servicio.

-Relación de servicios iguais ou análogos realizados, os que realice ou teña concertados actualmente con organismos da Administración pública ou privados.

-Plan de realización do servicio, que deberá conter:

-Memoria, na cal, conforme co establecido neste prego, se expoñan claramente tódalas prestacións e cadros médicos e centros hospitalarios que garantan a execución do servicio nas condicións que se establecen no punto 5 deste prego de condicións.

-Descrición dos equipos de persoal facultativo, de medicina xeral e especialidades médicas de practicantes e centros hospitalarios, que poña á disposición dos beneficiarios do seguro.

8. Lugar, día e hora de apertura de plicas: terá lugar na Casa do Concello de Ferrol, ás 11 horas do día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, salvo que esta data coincida en sábado, xa que nese caso, a apertura terá lugar ás 11 horas do seguinte día hábil.

9. Información: o expediente administrativo está á disposición do público no Negociado de Persoal do concello; pódese solicitar, ademais, información telefonicamente ou mediante fax ós números 33 67 32 e 35 41 22 (fax).

Ferrol, 2 de maio de 1995.

O alcalde

Rubricado