Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 1995 Páx. 3.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 31 de marzo de 1995, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Laxe, consistente en modifica-las condicións actuais de edificación nos terreos que na normativa vixente aparecen cualificados como solo urbano o zona residencial de baixa densidade, tipo E, de edificacións adosadas preto da praia e inmediatas á zona de equipamento público previsto, que permita completa-la edificación existente, e renova-la que por idade ou estado de conservación sexa preciso; exponse ó público o expediente durante o prazo de un mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio no xornal La Voz de Galicia, no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

Durante o devandito prazo, poderase examina-lo expediente por calquera que o desexe para formula-las alegacións ou observacións que considere pertinentes.

Así mesmo, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolición no ámbito da zona residencial de baixa densidade, tipo E, afectada pola modificación puntual das N.S.P.N. en trámite.

Non obstante, e de conformidade co disposto no artigo 120.1º do Regulamento de planeamento, poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

A suspensión terá unha duración máxima dun ano e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva da modificación puntual das N.S.P.M.

Laxe, 3 de abril de 1995.

Antonio Castro Lema

Alcalde-presidente