En sesión celebrada o día 17 de outubro do ano que corre, o Tribunal nº 2 dos designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), convocadas pola Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG nº 8, do 11 de xaneiro de 1996), acordou convoca-los opositores que de seguido se relacionan, para que comparezan o próximo día 23 de outubro, ás 17.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública (Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela), seminario A, para efectos de dar comezo á lectura do segundo exercicio do devandito proceso selectivo:
-Civeira Moreiras, Rosa Mª.
-Cives Martínez, José Domingo.
-Coedo González, Beatriz.
-Coejo Cuíñas, Ana.
-Conde Álvarez, Berta.
-Conde Salgado, Mª Victoria.
-Cortizo Prieto, Rosa Mª.
De conformidade coas bases II.3.3 e II.3.4 da aludida orde de convocatoria, o chamamento será único, sendo excluídos do proceso selectivos os que non comparezan. Así mesmo, as sucesivas convocatorias para proceder á lectura do segundo exercicio publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 1996.
Domingo Bello Janeiro
Presidente do tribunal número 2
7390