Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 18 de outubro de 1996 Páx. 9.251

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de setembro de 1996 pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 8 de marzo de 1996 (DOG do 19) para ingreso e acceso ó corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas, na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto na base común 9, apartado 6 da orde desta consellería do 8 de marzo de 1996 (DOG do 19) pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública, por número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade italiano, no anexo I desta orde.

Segundo.-Facer pública, por número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades música de cámara, trompeta, tuba e violín no anexo II desta orde.

Terceiro.-Os relacionados nestes anexos, que estean cumprindo o servicio militar, por xestación ou por outra causa que, a xuízo da Dirección Xeral de Persoal, necesite aprazamento da incorporación á fase de prácticas, unha vez que sexan chamados, deberano solicitar por escrito ante a Dirección Xeral de Persoal xuntando os documentos xustificativos.

Cuarto.- Os opositores aprobados e relacionados nos anexos deberán presentar ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a documentación

que se relaciona na base común 10 da Orde do 8 de marzo de 1996 (DOG do 19), no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orden.

Quinto.-Os participantes nestes procedementos selectivos poderán retira-la documentación presentada, eles mesmos ou por medio de persoa autorizada, no Servicio do Profesorado de Ensinanzas Secundaria e Especiais desta consellería (San Caetano-Santiago de Compostela), no prazo dun mes contado a partir de trascurridos dous meses desde a publicación da presente orde.

Sexto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director General de Persoal

ANEXO I

NúmeroApelidos e nomeDNIQenda

Disciplina: 592012 Italiano

1Jiménez Moreno, María Sonsoles 6559072L

2Ramos Escudero, José Antonio 13927669L

ANEXO II

NúmeroApelidos e nomeDNIQenda

Disciplina: 594039 Música de Cámara

1García Lomba, Mª Cristina 76894085L

2Pallas Magraner, Javier 20003165L

Disciplina: 594058 Trompeta

1Viceiro Filgueira, Javier 35321351L

Disciplina: 594059 Tuba

1Nogueroles Bermúdez, Eduardo 33451917L

Disciplina: 594061 Violín

1Cedrón Fernández, Javier 32832655L

9607419