Convocado concurso oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde polas respectivas resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio), e do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), de conformidade co apartado 7 da base sexta A) das respectivas convocatorias, o tribunal fará públicos, unha vez comezadas as probas, os anuncios de celebración dos sucesivos exercicios nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Recursos Humanos e nos das direccións provinciais do Sergas e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á indicada ó seu comezo.
Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, data e hora de realización do terceiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de nos lugares previstos na convocatoria facultándose para iso expresamente a esta Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,
RESOLVE:
Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o segundo exercicio da fase de oposición das correspondentes categorías, para o vindeiro día 26 de outubro de 1996, na Facultade de Medicina e Cirurxía da Universidade de Santiago de Compostela, sita na rúa San Francisco s/n, de conformidade coa seguinte distribución:
Categorías: TEL, TER, TEAP, cociñeiro, mecánico, calefactor, telefonista, electricista e celador: hora de chamamento: 9 horas.
Categorías: grupo xestión da función administrativa, traballador social, ATS/DUE, fisioterapeuta: hora de chamamento: 10.30 horas.
Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do DNI, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.
Terceiro.-De conformidade co apartado 8 da base sexta A) das devanditas convocatorias, a lectura pública, se é o caso, do terceiro exercicio realizarase no edificio do Servicio Galego de Saúde sito en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, iniciándose por aqueles aspirantes que o primeiro apelido comece pola letra R, das seguintes categorías:
-Grupo de xestión da función administrativa: día 4 de novembro a partir das 16.30 horas; aspirantes comprendidos alfabeticamente de Nieves Recasens Villanueva a Pilar Rodríguez Novo.
-Traballador social: día 28 de outubro, a partir das 11 horas; aspirantes comprendidos alfabeticamente de Mª Paz Ramil Máseda a Purificación Rodríguez Vázquez.
-ATS/DUE: día 28 de outubro, a partir das 16.30 horas; aspirantes comprendidos alfabeticamente de José Manuel Recaman Lagos a Mª de los Ángeles Regueiro Pose.
-Fisioterapeuta: día 5 de novembro, a partir das 16.30 horas; aspirantes comprendidos alfabeticamente de Inmaculada Riquelme Agullo a Ana Mª Vaamonde Fandiño.
Cuarto.-O chamamento para a lectura pública do exercicio será único e será excluído do concurso oposición quen non compareza. Os aspirantes deberán acredita-la súa personalidade na forma establecida no apartado segundo da presente resolución.
Os sucesivos chamamentos de aspirantes realizaranse a través do taboleiro de anuncios da devandita sede, e deberán levarse a cabo cunha antelación mínima de doce horas. Igualmente, a cualificación dos aspirantes farase pública ó termo de cada sesión de lectura pública.
Quinto.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1996.
Valeriano Martínez García
Director xeral de Recursos Humanos
9606593