Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 18 de outubro de 1996 Páx. 9.255

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (364/1991-3).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e do seu partido, fago saber que nos autos de menor contía seguidos perante este xulgado co número

364/1991, promovidos por Carmen Varela Asorey, representada polo procurador García Boado contra Bernardo Benito Saavedra Seoane e outro, sobre reclamación de certa cantidade de 1.900.000 de pesetas, importe do principal e 4.000.000 de pesetas que se calculan para xuros e custas, sen prexuízo de ulterior liquidación; e dado que o demandado se encontra en paradoiro descoñecido, por medio do presente edicto procédese ó embargo dos seguintes bens:

-Predio número 110 do Plan xeral de concentración parcelaria de San Xoán de Calo (Teo, A Coruña).

-Vehículo PO-6304-U.

E para que conste e produza os efectos oportunos, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, vintenove de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

9607494