Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 18 de outubro de 1996 Páx. 9.255

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (44/1996).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas nº 44/1996, que se segue por danos e ameazas, cítase a José Antonio Sueiras Soto, e a María Jesús Fernández Martínez, ámbolos dous en calidade de denunciantes e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día 23 de outubro de 1996, ás 10.20 horas, comparezan na sala de audiencias número tres, correspondente a este xulgado, sita na primeira planta do edificio dos xulgados de Santiago de Compostela, rúa Viena, nº 1, Polígono das Fontiñas, co fin de asistiren á vista do correspondente xuízo de faltas, facéndolles saber que poden acudir acompañados de avogado, e advertíndoos de que deben asistir provistos dos medios de proba de que intenten valerse e de que, se non o verifican, recaerán sobre eles os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de citación en forma para os devanditos denunciantes en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de utubro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

9607508