Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 18 de outubro de 1996 Páx. 9.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, polo trámite de urxencia, para a contratación dos servicios para o desenvolvemento dunha aplicación informática para o tratamento de datos, en materia de seguridade e hixiene.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Relacións Laborais.

c) Número do expediente: 96/13/1319.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento dunha aplicación informática para o tratamento de datos en materia de seguridade e hixiene.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: 13.500.000 pesetas, IVE incluído.

4. Prazo de execución do contrato.

Desde a formalización do contrato ata o 10 de decembro de 1996.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación (540.000 pesetas).

6. Presentación das proposicións.

a) Lugar: no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais sito no complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5-3ª planta de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará ós trece días naturais, ás 14 horas, agás que o último día sexa inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas proposicións en tres sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

7. Documentación que presentarán os licitadores.

Os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Modelo de proposición.

O que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

Tódolos interesados poderán obtelos no Servicio de Seguridade e Hixiene da Dirección Xeral de Relacións Laborais sito no complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5-3ª planta de Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 47 71.

10. Apertura das proposicións.

Terá lugar en acto público na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (edificio administrativo San Caetano, bloque 5-3ª planta, Santiago de Compostela) ás 11 horas do día 6 de novembro de 1996.

11. Solvencia económica-financeira e técnica dos licitadores.

As condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberán axusta-los licitadores veñen establecidas na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (apartados 6 e 7).

12. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a empresa debe estar clasificada no grupo III, subgrupo 03, categoría D.

13. Criterios de adxudicación do concurso.

Relaciónanse na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes.

Non se admiten.

15. Prazo no que o licitador está na obriga de mante-la súa oferta.

Durante 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

16. Anuncio.

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1996.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7251