Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 01 de setembro de 1997 Páx. 8.392

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de maio de 1997 pola que se convocan licencias por estudios para o curso 1997-1998 destinadas a profesorado de inglés e francés, e se aproban as súas bases de concesión.

O artigo 55 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que os poderes públicos prestarán unha atención prioritaria ó conxunto de factores que favorecen a calidade e mellora do ensino, citando entre estes factores a cualificación e formación do profesorado.

Á súa vez, a citada lei, no seu artigo 56, determina que a formación permanente constitúe un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade das administracións educativas e dos propios centros e, na súa disposición adicional terceira sinala que as administracións educativas proverán os recursos necesarios para garantir, no proceso de aplicación da lei, a inclusión de plans institucionais de formación permanente do profesorado, de licencias por estudios ou outras actividades para asegurar a tódolos profesores, ó longo da súa vida profesional, a posibilidade de acceder a períodos formativos fóra do centro escolar, polo que un dos obxectivos desta consellería é a actualización metodolóxica do profesorado de linguas estranxeiras, así como a mellora do nivel de competencia comunicativa en contacto coa cultura dos países nos que se falan as ditas linguas, coa intención de que todo iso repercuta positivamente no proceso de aprendizaxe do alumnado.

Na súa virtude, facendo uso das competencias que lle están atribuídas, esta consellería,

DISPÓN:

Convocatoria.

Primeiro.-Convocar licencias por estudios para o curso 1997-98, dirixidas a profesorado de inglés e francés que pertenza ós corpos de mestres, profesorado de ensino secundario ou de escolas oficiais de idiomas, destinado actualmente e durante o próximo curso 1997-98 en centros públicos dependentes desta comunidade autónoma. As licencias concederanse para a realización dunha das actividades seguintes:

-Un curso de inglés para profesorado de primaria e outro para profesorado de secundaria e de escolas oficiais de idiomas, que se impartirán na Universidade de Reading (Inglaterra).

-Un curso de francés para profesorado de primaria, que impartirá a Cámara de Comercio de Nantes (Francia).

-Intercambio de profesores, que inclúe unha semana de formación, con docentes de español da Région des Pays de la Loire para o profesorado de secundaria e de escolas de idiomas.

Estas actividades desenvolveranse:

Grupo de inglés de secundaria, do 20 de outubro ó 14 de novembro de 1997.

1º grupo de inglés de primaria, do 17 de novembro ó 12 de decembro de 1997.

2º grupo de inglés de primaria, do 12 de xaneiro ó 6 de febrreiro de 1998.

Grupo de francés de secundaria, do 14 de novembro ó 12 de decembro de 1997.

Grupo de francés de primaria, do 16 de novembro ó 12 de decembro de 1997.

Estas datas poderán ter algunhas pequenas variacións.

Organización e características dos cursos.

Segundo.-A organización dos cursos e do intercambio corresponde, conxuntamente, á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e á entidade organizadora en cada caso.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional nomeará unha das persoas seleccionadas para coordinar cada unha destas actividades, para asegurar un mellor aproveitamento destas.

Os cursos e o intercambio estarán orientados á mellora do nivel de competencia lingüística e á actualización metodolóxica no ensino das linguas estranxeiras.

O número de prazas que se convocan son as que se especifican no anexo I.

Condicións e requisitos de participación.

Terceiro.-Os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos:

1. Ser profesor especialista na lingua estranxeira para a que solicita a actividade.

2. Estar en situación de servicio activo en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e impartir lingua estranxeira durante os cursos 1996/97 e 1997/98.

3.Ter, como mínimo, tres anos de antigüidade como funcionario de carreira nos corpos de primaria, secundaria ou escolas oficiais de idiomas. Para estes efectos computarase o presente curso académico.

4. Terá prioridade o profesorado que durante os cursos 1996-97 e 1997-98 imparta na maior parte do seu horario a lingua estranxeira para a que solicita a licencia.

5. Non estar destinado en comisión de servicios durante o período para o que se solicita a licencia.

6. Non ter desfrutado ou estar desfrutando de licencia por estudios outorgada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

7. Quedan excluídos desta convocatoria os funcionarios do corpo de mestres que estean a realizar un curso de especialización convocado por esta consellería; o profesorado de linguas estranxeiras que obtivera unha axuda do programa Sócrates Lingua B nas dúas últimas convocatorias; o profesorado ó que se lle concedera un reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de perfeccionamento do tipo III nas dúas últimas convocatorias.

Solicitudes de participación.

Cuarto.-Os candidatos ás licencias por estudios que se convocan deberán presenta-la súa solicitude segundo o modelo do anexo II e segundo o procedemento establecido no apartado quinto.

Quinto.-Á solicitude xuntaráselle a seguinte documentación:

1. Folla de servicios, segundo modelo do anexo III, certificada pola delegación provincial correspondente e pechada o 31 de agosto ou o 30 de setembro de 1997, segundo se trate de funcionarios do corpo de mestres, do corpo de profesores de ensino secundario ou de profesores de escolas oficiais de idiomas.

2. Certificado, se é o caso, expedido polo director ou directora do centro, no que conste que durante o curso 96-97 o solicitante impartiu a lingua estranxeira na maior parte do seu horario e que a vai impartir no curso 97-98.

3. Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no baremo que se inclúe no anexo IV desta orde.

4. Relación numerada e asinada da documentación presentada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo IV.

5. Non serán tidos en conta nin, xa que logo, valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que aleguen fóra do prazo ó que se refire a base sexta da presente convocatoria.

Prazo de presentación.

Sexto.-As solicitudes, xunto coa documentación expresada anteriormente, deberán presentarse entre o día seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e o día 26 de setembro de 1997 a través do rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas

delegacións provinciais ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, sendo imprescindible que na instancia apareza a data de recepción no organismo público correspondente. Se, en uso deste dereito, o expediente é remitido por correo, é necesario que se presente en sobre aberto para que sexa datado e selado polo funcionario de correos antes de que se proceda á súa certificación.

As oficinas receptoras remitiranlle os expedientes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano, s/n, 15771, Santiago de Compostela, dentro das corenta e oito horas seguintes á súa recepción.

Condicións económicas.

Sétimo.-Os gastos dos cursos de Inglaterra, así como os de aloxamento e manutención serán finaciados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que o profesorado de inglés que sexa seleccionado recibirá unha axuda desta consellería para os gastos de desprazamento de 50.000 pesetas. Esta cantidade farase efectiva do seguinte xeito: unha vez finalizada esta e despois de remitir á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional un informe sobre a actividade realizada.

Os gastos de docencia das actividades en Francia serán financiados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria polo que o profesorado de francés que sexa seleccionado recibirá unha axuda desta consellería para os gastos de desprazamento, aloxamento e mantenza, de 125.000 pesetas. Esta cantidade farase efectiva do seguinte xeito:

-O 70% antes da realización da actividade

-O 30% restante, unha vez rematada e logo de remitir á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional un informe da actividade realizada.

Procedemento para a adxudicación das prazas.

Oitavo.-A selección dos candidatos realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:

-O director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, ou persoa en quen delegue, que será o presidente.

-O subdirector xeral de Ordenación Educativa, ou persoa en quen delegue.

-O inspector central da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, ou persoa en quen delegue.

-A xefa de servicio de Formación do Profesorado

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará como secretario, con voz e sen voto.

Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente nomeará un representante que poderá asistir ás sesións da comisión con voz e sen voto.

A comisión poderá dispoñe-la constitución de subcomisións técnicas especializadas só para colaborar na valoración dos méritos dos candidatos.

Para os efectos previstos no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio, esta comisión considérase incluída na categoría primeira.

Noveno.-A comisión seleccionadora realizará unha preselección segundo a puntuación obtida conforme o baremo que figura como anexo IV desta convocatoria.

1. En caso de empate entre os funcionarios, este dirimirase atendendo sucesivamente os seguintes criterios:

a) Maior puntuación no punto 1.1 do baremo.

b) Maior puntuación no punto 2.1 do baremo.

c) A continuación, desempatará o número de rexistro persoal máis baixo (cando proceda) e, se é o caso, ano de oposición e número de lista. De resultar necesario utilizarase como último criterio de desempate a orde do primeiro apelido determinada no sorteo realizado de conformidade co establecido no apartado cuarto da Resolución do 5 de maio de 1997 (DOG do 16).

2. A relación dos preseleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais, abríndose un prazo de dez días para efectuar reclamacións. Transcorrido este prazo, unha vez estudiadas e, se é o caso, atendidas as ditas reclamacións, a comisión seleccionadora remitiralle á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional a proposta de resolución da presente convocatoria, xunto coa acta ou actas definitivas con expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final dos seleccionados.

No mesmo prazo establecido no parágrafo anterior, poderán presentarse renuncias á concesión das licencias por estudios perante a mencionada comisión seleccionadora.

Décimo.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, unha vez comprobado que os candidatos reúnen os requisitos establecidos na presente convocatoria, publicará a resolución definitiva no Diario Oficial de Galicia.

1. Unha vez resolta a presente convocatoria non se admitirán renuncias ás licencias concedidas, sal

vo casos de excepcional gravidade e libremente apreciados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de tres meses, desde a data do remate da súa presentación.

Décimo primeiro.-O período de duración de cada unha das actividades será de catro semanas.

Décimo segundo.-Durante o tempo de duración da licencia por estudios os profesores seleccionados recibirán os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias, ademais da axuda mencionada no apartado sétimo.

Décimo terceiro.-Durante o mes de xaneiro de 1998 os concursantes poderán retira-la súa documentación do Servicio de Formación do Profesorado ( Avda. San Lázaro 107 Santiago de Compostela), directamente ou a través de persoa autorizada. Transcorrido o prazo, entenderase que renuncian á súa recuperación, perdéndose todo dereito sobre ela.

Décimo cuarto.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Décimo quinto.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Director Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.

ANEXO I

Distribución das licencias por estudios que se convocan para o curso 1997-98 segundo as actividades e corpos ós que pertence o profesorado de lingua francesa ou inglesa:

ActividadesProfesorado de primariaProfesorado de secundaria ou de escolas de idiomas

Curso de lingua inglesa4525

Curso de lingua francesa15--

Intercambio (francés)--10
Totais6035

ANEXO IV

Baremo

MéritosTotal puntos máximoDocumentos

1. Servicios docentes:

1.1. Por cada ano de servicios como funcionarios de carreira: 1 punto por ano completo.

1.2. Por cada ano de servicio coa condición de catedrático adquirida: 0,20 puntos por ano completo.

1.3. Por cada ano de servicio como profesor en prácticas, interino ou contratado: 0,50 puntos por ano completo.

Por estes tres subapartados ata 10 puntos.Fotocopia compulsada do título administrativo de funcionario de carreira.
2. Actividades de formación permanente:Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas.
2.1 Dirección e/ou docencia en actividades de perfeccionamento relacionadas coa súa especialidade: 0,25 puntos por actividade como máximo.2
2.2. Asistencia a cursos, grupos estables, seminarios e outras actividades da especialidade: 0,25 puntos por actividade como máximo.2
3. Publicacións ou investigacións sobre a materia ou especialidade de ensinanzas:Exemplares correspondentes con ISBN
3.1. De carácter disciplinario: máximo 0.5 por traballo.2
3.2. De carácter pedagóxico e didáctico: máximo 0.5 por traballo.2
4. Méritos académicos:Fotocopias compulsadas dos títulos ou dos certificados de estudios.
4.1. Título de doutor na lingua estranxeira: 2 puntos.2
4.2. Para funcionarios do corpo de mestres: título de licenciado na lingua estranxeira para a que solicita a actividade: 2 puntos.2
4.3. Outros títulos ou diplomas relacionados coa lingua estranxeira que ensina: 0.5 puntos por título.2

6695