Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 01 de setembro de 1997 Páx. 8.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial do estudio de detalle en San Roque, 77 (expediente 4274/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 27 de xuño de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle na rúa San Roque, 77, presentada por Viproma, S.L., conforme a documentación elaborada polo arquitecto Gumersindo Vázquez Gómez, visada polo COAG os días 16-12-1996, 7-2-1997 e 6-3-1997.

Sométese á información pública polo período dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, un xornal dos de maior circulación da provincia, e no taboleiro de anuncio da Casa do Concello.

Signifícase que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo á disposición do público, planta baixa do concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 19 de agosto de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

6003