Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.456

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de febreiro de 1998 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes a promoción xeral do coñecemento e se procede a súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico que integra diversos tipos de programas (xerais, sectoriais e horizontais), cada un dos cales ha de incluír, polo menos, algunha das accións seguintes: formación do persoal investigador e especialistas, infraestructura, proxectos e outros tipos de actividades de interese.

A promoción xeral da investigación incluíndo accións do tipo indicado, pode constituír un programa de tipo xeral integrable no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, dado que por constituí-la base do sistema ciencia-tecnoloxía, presenta un claro interese xeral.

Por outra parte, o Decreto 12/1998 atribúelle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento as funcións relativas a ordenación, planificación e execución de competencias en materia de fomento de investigación, en relación coas que lle corresponden segundo o disposto na Lei de Galicia 12/1993.

Polo que antecede, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

Convócanse as bolsas e axudas que a continuación se indican, como accións integradas nun programa de promoción xeral da investigación e apróbanse as bases polas que se rexerán as respectivas convocatorias que se inclúen como anexos á presente orde:

1. Axudas para a realización de proxectos de investigación (novos equipos e equipos consolidados. Anexo I).

2. Axudas para equipamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria. (Anexo II).

3. Bolsas para persoal auxiliar de investigación (técnicos especialistas de FP-2. Anexo III).

4. Bolsas predoutorais (lª e 2ª prórroga e novas adxudicacións. Anexo IV).

5. Bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma. (Anexo V).

6. Axudas para organización de congresos, simposios e seminarios para celebrar en Galicia. (Anexo VI).

7. Subvencións a publicacións periódicas. (Anexo VII).

Artigo 2º

Para a concesión das axudas convocadas nos anexos I e II da presente orde destinarase ata un máximo de 1.650.000.000 ptas. que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.07.432A.740.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 1998, 1999 e 2000 de acordo coas seguintes anualidades: 1.250 millóns de pesetas en 1998; 350 millóns de pesetas en 1999 e 50 millóns de pesetas no ano 2000. 0 citado gasto queda condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento do exercicio do ano 1998, neste momento en trámite parlamentario.

Para as bolsas convocadas nos anexos III, IV e V destinaranse ata un máximo de 503.000.000 de ptas. con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.431A.480.0 do orzamento prorrogado da Comunidade Autónoma para o ano 1998.

Para as bolsas convocadas no anexo VI destinaranse ata 10.000.000 de ptas. con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.440.0 e para as do anexo VII ata 10.000.000 de ptas. con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.07.432A.740.0 (9.700.000 ptas.) e 04.07.432A.780.0 (300.000 ptas.). Estes gastos quedan condicionados á existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento do exercicio do ano 1998, neste momento en trámite parlamentario.

Nembargantes, tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar ata un máximo dun 20% en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Artigo 3º

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 4º

Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de 10 meses, contados a partir do

día seguinte ó da data de peche da respectiva convocatoria. Se no dito prazo non se dictase resolución expresa entenderase que quedan desestimadas as solicitudes presentadas.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO I

Axudas para a realización de proxectos de investigación

Estas axudas teñen unha dobre finalidade:

1.-Fomenta-la creación de novos equipos de investigación con vistas a conseguir:

a) A diversificación e o incremento do persoal investigador da Comunidade Autónoma.

b) Darlles pulo á súa competitividade para que poidan participar en convocatorias de ámbito nacional e internacional.

2.-Prestarlles apoio a aqueles equipos de investigación xa consolidados no desenvolvemento das súas liñas de investigación que sexan de interese, tanto no ámbito da investigación científica básica e aplicada coma no ámbito da investigación tecnolóxica e que contribúan ó desenvolvemento industrial e productivo de Galicia.

1. Modalidades.

Convócanse dous tipos de axudas:

-Modalidade A: axudas para a realización de proxectos de investigación por parte de novos equipos de investigación (equipos de iniciación á investigación).

-Modalidade B: axudas para a realización de proxectos de investigación por parte de equipos consolidados.

2. Duración e contía máxima da axuda.

Estas axudas concédense para a realización dun proxecto de investigación por un período máximo de 3 anualidades e, en todo caso, o proxecto deberá estar rematado antes do 1 de decembro do ano 2000. A contía das axudas durante o citado período, agás circunstancias excepcionais que o aconsellen, non superará os límites seguintes:

-Modalidade A: máximo 6.000.000 de ptas.

-Modalidade B: máximo 15.000.000 de ptas.

3. Requisitos e solicitudes.

3.1. Requisitos xerais.

As axudas poderán ser solicitadas polo persoal docente e investigador das universidades de Galicia ou por outros investigadores do cadro de persoal de centros públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma, sempre que se atopen en situación administrativa de servicio activo e prestando servicios nalgunha das universidades do sistema universitario de Galicia ou nun centro público de investigación radicado na Comunidade Autónoma, e teñan unha vinculación laboral estable co correspondente organismo.

Non poderán participar nesta convocatoria aqueles investigadores que figuran como investigadores principais en proxectos de 2 ou 3 anos de duración, financiados por resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 30 de xuño de 1997, (DOG do 10 de xullo), nin aqueles que figuran como investigadores principais en proxectos de 3 anos de duración financiados por resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 16 de outubro de 1996 (DOG do 24 de outubro). Os restantes investigadores poderán participar nesta convocatoria sempre que cumpran os requisitos específicos da modalidade elixida (tipo A ou tipo B) e dispoñan de horas libres para investigación descontadas as que dedican a outros proxectos vixentes financiados pola Xunta de Galicia ou por outros organismos públicos ou privados tendo en conta o seguinte:

-O número máximo de horas que poden dedicarse a investigación cando esta actividade se realiza de forma exclusiva é de 40 semanais.

-Os investigadores que sexan profesores de universidade poderán asignarse ata un máximo de 32 horas semanais para actividade investigadora. Aqueles profesores de universidade que se atopan en situación de dedicación a tempo parcial por estaren realizando outro tipo de actividade profesional, non poderán figurar con máis de 16 horas semanais.

-Cada investigador poderá participar só nun proxecto dos que se presenten a esta convocatoria.

-Cando no proxecto figuren investigadores que pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal terán que acredita-la autorización do seu organismo para participaren no proxecto.

3.2. Requisitos específicos para as axudas da modalidade de tipo A.

a) O equipo estará formado por un mínimo de 3 investigadores (incluído o investigador principal). Ó modelo de solicitude xuntarase fotocopia do DNI de cada un dos investigadores.

b) O investigador principal do proxecto terá que ser doutor. Os restantes investigadores deberán estar en posesión do título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto por unha facultade ou escola técnica superior e como mínimo deberán estar matriculados, no presente curso, nos estudios de terceiro ciclo.

c) Tódolos membros do equipo, incluído o investigador principal, deberán dedicar, cada un deles, un mínimo de 25 horas semanais ó proxecto e ningún deles poderá ostentar cargos nos equipos rectorais nin te-la condición de decano ou director de centro.

d) Non poderán participar nesta modalidade como investigadores aqueles que fomasen parte como investigadores principais de equipos que recibisen dúas ou máis axudas deste tipo en convocatorias anteriores. Este aspecto farao constar cada un dos membros do equipo, utilizando o modelo de declaración xurada que se inclúe na páxina 3 do documento número 1 do modelo de solicitude.

e) Xuntarase declaración de todo o financiamento vixente do que dispón cada un dos membros do equipo investigador, segundo o modelo que se inclúe na páxina 4 do documento número 1 do modelo de solicitude.

3.3. Requisitos específicos para as axudas da modalidade de tipo B.

a) O equipo deberá estar formado polo menos por dous doutores e os restantes investigadores deberán ter acadada a suficiencia investigadora prevista no Real decreto 185/1985. O equivalente xornada completa (EXC) do proxecto non poderá ter valor inferior a 2,5. Xuntarase, ó modelo de solicitude, fotocopia do DNI de cada un dos investigadores.

b) Para os investigadores que sexan doutores requírese unha dedicación mínima de 16 horas semanais. Os restantes investigadores deberán dedicarlle un mínimo de 25 horas semanais ó proxecto.

c) Xuntar declaración de todo o financiamento vixente de que dispón cada un dos membros do grupo investigador segundo o modelo que se inclúe na páxina 4 do documento número 1 do modelo de solicitude.

3.4. Solicitudes

As solicitudes, no modelo oficial número 1 (do que a carauta externa se publica como anexo X á presente orde e á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia e na Delegación en Galicia do CSIC), presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992. Este modelo número 1 consta de 3 documentos:

-Documento nº 1: datos xerais do proxecto e do equipo investigador. Na páxina 5 indicarase se algún

membro do equipo foi investigador principal dalgún proxecto financiado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na convocatoria do ano 1995 ou en convocatorias anteriores. En caso afirmativo relacionaranse as publicacións derivadas do dito proxecto; no caso de ter máis dun indicaranse só os datos relativos ó último.

-Documento nº 2: memoria do proxecto de investigación.

-Documento nº 3: modelo oficial de currículum vitae.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (rector no caso das universidades).

Ás solicitudes xuntaráselle-la correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude, debidamente cuberta, para efectos de xustificante de recepción.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 16 de marzo de 1998.

As axudas solicitadas deberanse referir a algún dos seguintes conceptos:

-Material inventariable.

-Material funxible.

-Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

-Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

4. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas será realizada por expertos. Efectuada a valoración, a Comi sión de Selección de Investigación procederá a selecciona-los beneficiarios das axudas e elevaralle a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada.

A comisión non considerará como prioritarias as solicitudes correspondentes a aqueles equipos nos que figuren investigadores que resulten ser bene

ficiarios dalgunha das axudas de infraestructura de investigación que se convocan no anexo II da presente orde.

Ademais teranse en conta, entre outros criterios, os seguintes:

Para a modalidade A:

a) A valoración realizada polos expertos.

b) Con carácter complementario a Comisión de Selección de Investigación poderá ter en conta o interese do proxecto no ámbito da investigación da Comunidade Autónoma.

Para a modalidade B:

a) A valoración realizada polos expertos.

b) Daráselles prioridade a aqueles proxectos de investigación que supoñan o traballo conxunto entre equipos de investigadores de tipo B.

c) Daráselles prioridade a aqueles proxectos de investigación que, sendo presentados ás convocatorias de ámbito estatal e obtendo avaliación positiva, non acadaron financiamento.

d) Con carácter complementario a Comisión de Selección de Investigación poderá ter en conta o interese do proxecto no ámbito da investigación da Comunidade Autónoma.

5. Pagamento da subvención.

A subvención será pagada a través do organismo ó que pertenza o equipo investigador, conforme o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó pagamento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto ou, se é o caso, de ter adquirido o compromiso del, xunto cos informes parciais dos proxectos de investigación correspondentes, se os houbese.

6. Seguimento do proxecto.

As axudas concedidas son incompatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto. A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá utiliza-los procedementos que considere necesarios para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. Antes do 31 de marzo do ano 2001, no caso de proxectos de 3 anos de duración, do 2000 para proxectos de 2 anos ou de 1999 para proxectos de 1 ano, o investigador principal presentará o informe final, máximo 3 folios, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral

de Investigación e Desenvolvemento. A non presentación do dito informe poderá condiciona-la concesión de futuras axudas.

Os traballos e mailos resultados obtidos serán propiedade dos seus autores; no momento de facelos públicos, deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia e deberán enviar a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións.

7. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases da presente convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas de conformidade co disposto no artigo 78.5º da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

ANEXO II

Axudas para equipamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria

A finalidade destas axudas é mellora-lo equipamento científico dos centros de investigación e a adquisición de fondos bibliográficos ou documentais.

As peticións deberanse referir necesariamente a algún dos apartados seguintes:

a) Adquisición e instalación de instrumentación científica en xeral (material inventariable), imprescindible para o desenvolvemento das investigacións en curso ou, de se-lo caso, de material complementario de equipamento científico xa existente.

b) Adquisición de fondos e material bibliográfico ou documental para investigación.

1.-Solicitudes.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

1.1. Instrumentación científica.

Establécense dúas modalidades de solicitudes:

Modalidade A: solicitudes presentadas institucionalmente polas universidades do sistema universitario de Galicia relativas ós seus servicios xerais, así como solicitudes presentadas polos servicios de apoio ó sistema de investigación e desenvolvemento de Galicia.

Modalidade B: solicitudes de grupos de investigación pertencentes a centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma.

Modalidade A.

As axudas, no modelo oficial que se publica como anexo XI á presente orde, poderán ser solicitadas, unicamente, polas universidades de Galicia e polos responsables dos servicios de apoio ó sistema de investigación e desenvolvemento de Galicia.

As solicitudes deberán referirse a servicios xerais e irán coa seguinte documentación:

a) Material solicitado e descrición pormenorizada del (folletos descritivos), con indicación do servicio xeral ó que se destinará.

b) Relación do material de que dispón o servicio xeral correspondente con indicación de: data de adquisición, entidade financiadora e custo.

c) Relación do persoal destinado de forma permanente no servicio xeral.

d) Fotocopia do libro de usuarios do servicio durante o ano 1997.

No caso de que se trate de peticións para a creación dun novo servicio os documentos b) e d) substituiranse por unha memoria na que se xustifique, de forma detallada, a necesidade del e unha previsión dos grupos de investigaci6n que puidesen utilizalo.

Cada universidade ou servicio de apoio ó sistema de investigación de desenvolvemento de Galicia presentará unha única solicitude, que poderá referirse a un ou varios servicios xerais entendéndose que a documentación sinalada no parágrafo anterior se refire de forma individual a cada petición.

A contía global da solicitude non poderá ser superior a 60 millóns de pesetas e ningún dos instrumentos solicitados será de contía inferior a 5 millóns.

Modalidade B.

As axudas, no modelo oficial nº 3 (do que a carauta externa se publica como anexo XII á presente orde e á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia e na Delegación en Galicia do CSIC), poderán ser solicitadas polos grupos de investigación pertecentes a centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma (máximo 4 grupos). Non poderán participar na composición dos grupos solicitantes aqueles investigadores que asinaron solicitudes de instrumentación científica que foron financiadas na convocatoria do ano 1997 (resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 30 de maio de 1997, DOG do 2 de xuño).

A contía da solicitude deberá ser dun mínimo de cinco millóns de pesetas (enténdese esta relativa a un único instrumento), e non poderá supera-los quince millóns de pesetas.

Os impresos de solicitude deberán incluí-la seguinte documentación:

a) Descrición detallada do material que se solicita e xustificación pormenorizada da súa necesidade respecto da investigación que realiza cada un dos grupos solicitantes.

b) Relación do/dos grupo/s de investigación que usarán ordinariamente o material solicitado. Poderán participar como máximo 4 grupos en cada solicitude. Considérase a composición dos grupos pechada de modo que ningún membro deste poderá figurar incluído noutro grupo. Ademais, cada grupo poderá participar, soamente, nunha solicitude.

c) Relación das 5 publicacións máis salientables relacionadas co equipo solicitado, dos 3 últimos anos, de cada un dos grupos solicitantes. Documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicaci6n ou daquela na que figuren os datos significativos desta (autor/es, título, editorial, revista, etc.)

d) 3 orzamentos de instrumentos ou equipos equivalentes mediante as correspondentes facturas proforma. Os orzamentos deberán estar desagregados en función dos diferentes módulos que constitúen o equipo.

e) De se-lo caso, certificación expedida polo organismo competente relativa ó cofinanciamento externo ó solicitante, que se achega para a adquisición do material solicitado.

Calquera solicitude deberá ser presentada a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia, co visto e prace do seu representante legal (rector no caso das universidades).

Ás solicitudes xuntaráselle-la correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude, debidamente cuberta, para efectos de xustificante da recepción.

1.2. Fondos bibliográficos ou documentais para investigación.

As solicitudes, no modelo oficial que se publica como anexo XI á presente orde, terán carácter institucional e serán presentadas unicamente polo responsable dos fondos bibliográficos ou documentais da correspondente institución tendo en conta o seguinte:

a) Cada institución só poderá presentar unha solicitude e a contía global desta non poderá ser superior a 60 millóns de pesetas. Non obstante, a solicitude poderá contar unha relación de peticións parciais relativas a centros ou organismos dependentes da institución solicitante, pero neste caso as peticións parciais deberán presentarse sumadas e totalmente priorizadas pola institución solicitante e o seu total non superará a contía global xa citada. Non se admitirá a presentación de solicitudes institucionais que sexan a suma de peticións de varios centros sen unha priorización total desta.

b) A solicitude sexa única ou resultado da suma de varias peticións parciais, deberá indica-la relación de fondos solicitados e o lugar onde serán situados e a ela xuntarase:

-Factura proforma detallada dos fondos solicitados.

-Aval, se é o caso, da correspondente Comisión de Biblioteca.

-Certificación da correspondente institución na que conste que os fondos solicitados están destinados á investigación.

-Certificación da correspondente institución na que conste que os fondos solicitados non supoñen duplicidade dentro dela, se ben poderán ser admitidas excepcións sempre que sexan debidamente xustificadas.

c) Non se admitirán solicitudes que estean destinadas a aboar subscricións a publicacións periódicas, de tal maneira que a adquisición de fondos retrospectivos non implicará nunca compromiso de subscrición, o mantemento da cal deberá ser por conta da correspondente institución.

2.-Formalización das solicitudes.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

O prazo de presentación das solicitudes remata o día 25 de marzo de 1998.

3.-Resolución

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación que lle elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A comisión poderá solicitar calquera información de expertos, establecendo os contactos necesarios que conduzan a unha acertada distribución dos fondos dedicados a esta convocatoria. A avaliación das solicitudes será realizada atendendo:

a) Ó cofinanciamento, externo ó solicitante, que se achega para a adquisición do material solicitado.

b) Á incidencia que na investigación e desenvolvemento científico e técnico de Galicia pode te-la dispoñibilidade do material de que se trate.

c) A que a súa adquisición non supoña duplicidade inxustificada con relación ós medios xa existentes no centro onde se situará o equipo.

d) A que a solicitude concorrese a outras convocatorias nas que a pesar de ser avaliada positivamente non acadase financiamento.

No caso de solicitudes de instrumentación científica da modalidade B ademais dos criterios anteriores teranse en conta os seguintes:

a) As publicacións efectuadas nos 3 últimos anos polos integrantes de cada grupo solicitante.

b) O número de grupos solicitantes en relación coa xustificación realizada da necesidade do equipo.

4.-Pagamento da subvención.

A subvención será pagada a través do organismo ó que pertenza o centro solicitante ou o equipo investigador, de acordo coa normativa vixente.

5.-Obrigas.

Os beneficiarios das axudas para equipamento de infraestructura de investigación e bibliotecaria estarán obrigados a:

5.1. Xustificaren antes do 28 de outubro de 1998, mediante a correspondente factura, a adquisición do material financiado. Así mesmo, cando polo pagamento doutras subvencións quedase cuberto o importe parcial ou total do gasto que supón o material, estarán obrigados a devolve-lo resto ou o total, respectivamente, da axuda concedida.

5.2. Faceren constar nas memorias anuais que se redacten, así como nos traballos realizados co material subvencionado, o patrocinio da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia.

O material adquirido mediante esta convocatoria será propiedade da universidade ou do centro de investigación correspondente e deberá ser incluído no inventario xeral deste, facendo constar nel, en canto á súa adquisición, «Fomento da investigación, Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Xunta de Galicia, ano 1998».

ANEXO III

Bolsas para persoal auxiliar de investigación (técnicos especialistas de FP-2)

Estas axudas teñen dous obxectivos básicos:

1.-Apoio ó desenvolvemento dos programas de investigación dos departamentos e institutos das universidades de Galicia ou dos centros públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma, facilitándolle-la posibilidade de colaboración de técnicos especialistas de FP-2.

2.-Completa-la formación do persoal investigador no estamento de persoal auxiliar, garantindo a oportunidade de participar en experiencias e programas específicos de investigación.

De todo este proceso non só se desprende unha axuda directa ás universidades e ós demais centros de investigación radicados en Galicia senón que se está a contribuír ó desenvolvemento da productividade en Galicia na mesma medida que o persoal seleccionado nesta convocatoria adquire un tipo de experiencia que é de probada utilidade para a súa inserción posterior na vida activa e empresarial.

A.-Convocatoria do concurso para a selección dos centros habilitados.

1.-Solicitantes.

Poderán optar a estas axudas os equipos de investigación dos departamentos, institutos e dos centros públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma, sempre que teñan proxectos ou contratos de investigación vixentes financiados con fondos internacionais, estatais ou de entidades públicas ou privadas da Comunidade Autónoma.

2.-Formalización de solicitudes.

As solicitudes no modelo oficial número 7 (que se publica como anexo XIII á presente orde e á disposición dos centros interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia e na Delegación en Galicia do CSIC), presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1983, do 17 de novembro).

Nelas indicarase:

2.1. Composición do equipo.

2.2. Especialidade requirida ós titulados que estean dispostos a incorporar ás tarefas do centro. A relación de especialidades que poden ser tomadas en consideración figuran no anexo VIII desta convocatoria.

2.3. Plan de traballo que lle sería asignado ó técnico especialista, facendo especial mención das accións específicas de formación que se vaian levar a cabo (técnicas concretas nas que se vai adquirir experiencia e, se é posible e de interese para o traballo nese centro, seminarios e cursos de perfeccionamento, na súa especialización, que hai que seguir durante o período de desfrute da bolsa).

2.4. Certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polos servicios de contabilidade do correspondente organismo, na que conste o financiamento vixente de que dispón o equipo, ó que se fixo referencia no punto 1. Non será tido en conta aquel financiamento alegado que non estea convenientemente xustificado. Enténdese como financiamento vixente a totalidade da subvención correspondente a proxectos ou contratos de investigación que rematen con posterioridade á data de peche da presente convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 25 de marzo de 1998.

3.-Tramitación.

Os servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporán a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no centro de información administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, nos dos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, nos vicerrectorados dos campus de Ferrol e Ourense, na vicexerencia do campus de Lugo e nos da delegación en Galicia do CSIC. Esta lista estará exposta desde o 4 ó 15 de maio de 1998, podendo os interesados, durante ese mesmo prazo, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de

exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

4.-Selección de centros habilitados.

A selección de centros habilitados será realizada pola Comisión de Selección de Investigación que lle elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A selección de centros habilitados farase fundamentalmente por orde decrecente do financiamento total dos grupos solicitantes, calculado de acordo coa fórmula seguinte:

A + 3B/4 + C/5 onde

A) se refire a recursos procedentes de organismos internacionais.

B) se refire a recursos procedentes de fondos estatais.

C) se refire a recursos procedentes de entidades públicas ou privadas da Comunidade Autónoma.

Non obstante a comisión, excepcionalmente, poderá ter en conta proxectos que sendo de gran relevancia pola súa propia natureza requiran menor financiamento.

En todo caso non serán prioritarias as solicitudes correspondentes a aqueles grupos ós que lles foi adscrito un bolseiro de nova adxudicación no curso 1997/1998 e que solicitan a correspondente prórroga ó abeiro do anexo III.C da presente orde.

5.-Adscrición de bolseiros.

A adscrición de bolseiros ós centros habilitados realizarase de acordo co procedemento establecido no punto B.6 das presentes bases.

B.-Convocatoria do concurso para a selección de novos bolseiros.

1.-Requisitos dos solicitantes.

Poderán optar ás bolsas convocadas os titulados de formación profesional de segundo grao (ou de estudios equivalentes) que cursaron os seus estudios nalgún dos centros públicos ou privados situados na Comunidade Autónoma sempre que rematasen os correspondentes estudios no ano 1994 ou en data posterior e que teñan como especialidade algunha das que figuren na resolución dictada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento con ocasión da resolución do apartado A deste anexo III, sempre que en anteriores convocatorias non desfrutasen dunha destas bolsas durante un período de máis dun ano.

2.-Contía das bolsas.

-O importe das bolsas incluirá unha axuda de 840.000 ptas. anuais que se destinará ó pagamento dunha bolsa de 70.000 ptas. mensuais brutas ó candidato seleccionado.

-Seguro combinado de accidentes que a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento deberá subscribir en beneficio do bolseiro polo período de duración da bolsa, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria cás bolsas.

-As bolsas concedidas poderanse prorrogar un ano máis, logo da solicitude, de acordo coa normativa que se elabore para o efecto.

3.-Formalización de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial número 8 (que se publica como anexo XIV á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia e na Delegación en Galicia do CSIC), presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional de Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

A elas xuntaráselles:

-Currículum vitae do solicitante, cos documentos acreditativos dos méritos alegados, incluíndo certificado de estudios que especifique as cualificacións obtidas durante os cursos do segundo grao de formación profesional (ou estudios equivalentes).

-Declaración xurada do solicitante na que conste non ter desfrutado destas bolsas durante un período superior a un ano.

-Fotocopia compulsada do correspondente título ou no seu defecto documento acreditativo de pagamento das taxas correspondentes para a súa expedición.

4.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes establecerase na resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento pola que se aprobe a relación de centros habilitados.

5.-Tramitación.

Por parte dos servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarase que tódalas solicitudes reúnan os requisitos establecidos na presente orde e exporase a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no centro de información administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, nos dos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, nos vicerrectorados dos campus de Ferrol e Ourense, na vicexerencia do campus de Lugo e nos da delegación en Galicia do CSIC. O prazo de exposición das listas establecerase na resolución da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento pola que se aprobe a relación de centros habilitados; os interesados, durante este prazo, poderán formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral de Investigación e

Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

6.-Valoración, resolución do concurso e adscrición dos bolseiros ós centros habilitados.

A valoración das solicitudes presentadas, de acordo cos méritos alegados polos aspirantes, será efectuada pola Comisión de Selección de Investigación.

Criterios de valoración:

-Expediente académico, ata 4 puntos. Para efectos de cálculo da nota media non se computarán aquelas materias que consten no expediente do alumno como validadas.

-En caso de empate valoraranse outros méritos alegados e documentados polos solicitantes xunto coa súa solicitude.

A selección de bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Investigación, que lle elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e deberá relaciona-los candidatos seleccionados por orde de maior a menor puntuación, dentro dos que posúan a mesma especialidade.

Conforme os mesmos criterios elaborarase, por especialidades, unha lista de suplentes para o caso de posibles renuncias.

Dentro dos 40 días seguintes ó da publicación da referida resolución no Diario Oficial de Galicia, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento procederá á adscrición dos bolseiros seleccionados ós centros habilitados. A adscrición realizarase ofertándolles ós bolseiros, por especialidades e atendendo á orde de puntuación que obtivesen, tódolos centros que foron habilitados, de acordo co apartado A.4, de modo que eles mesmos elixan o centro que máis lles conviñer. Só se poderá adscribir un bolseiro por cada equipo de investigación. Previamente á elección proporcionaráselles ós bolseiros toda a información relativa ás actividades que se van realizar nos diferentes centros habilitados tendo en conta o sinalado polos solicitantes no documento ó que se refire o punto A.2.3.

7.-Formalización da adscrición.

A adscrición proposta producirá efectos desde o momento en que as partes interesadas asinen un documento de aceptación no que se especifique o tipo e mailas condicións da tarefa encomendada ó bolseiro e o compromiso de levala a cabo nos termos establecidos.

A negativa inxustificada, a xuízo da Secretaria Xeral de Investigación e Desenvolvemento, a formaliza-lo documento de aceptación dará lugar á exclusión do centro habilitado ou á cancelación da bolsa, segundo os casos.

8.-Dedicación.

O bolseiro deberá dedicarse de maneira plena a cumpri-las tarefas que lle sexan encomendadas. O desfrute da bolsa será incompatible con calquera clase de traballo remunerado.

9.Seguimento.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá solicitar información, tanto do bolseiro como do centro habilitado ó que figura adscrito, sobre o desenvolvemento das actividades daquel. No caso de que o centro habilitado utilice o bolseiro para actividades diferentes das propostas no punto 2.3 do apartado A e no documento de aceptación ó que se fixo referencia no punto 7 deste apartado B, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá proceder a revoga-la habilitación concedida ó centro. Ó remate do período de desfrute da bolsa o bolseiro terá dereito a que o director do centro habilitado lle expida un informe detallado sobre a actividade que desenvolveu e o grao de aproveitamento obtido.

10.-Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que se poidan presentar na aplicación desta convocatoria.

No caso de que durante o período de desfrute da bolsa se producise algunha circunstancia que motivase a interrupción da colaboración do bolseiro, informarase inmediatamente a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para a adopción das medidas oportunas. Neste caso a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá propoñe-la adxudicación da bolsa a outros candidatos da mesma especialidade, tendo en conta a lista de suplentes que elabore a Comisión de Selección de Investigación.

O novo bolseiro será adscrito ó mesmo centro no que se produciu a renuncia.

C.-Convocatoria de prórroga das bolsas concedidas como consecuencia da resolución do anexo III.B da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 16 de decembro de 1997 (DOG do 30 de decembro).

1.-Solicitantes.

Os bolseiros seleccionados como consecuencia da resolución do anexo III.B da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 16 de decembro de 1997 (DOG do 30 de decembro) poderán solicitar unha prórroga da axuda que desfrutan, durante outro período dun ano, quedando adscritos ó mesmo centro.

2.-Formalización de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial número 9 (que se publica como anexo XV á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia e na delegación en Galicia do CSIC), presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

Nel faranse consta-las razóns xustificativas da prórroga solicitada, así como a relación detallada das actividades realizadas polo bolseiro no curso 1997-1998 e plan de traballo segundo o sinalado no punto 2.3 do apartado A.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional de Lei 3/1993, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Ás solicitudes xuntaráselle-la correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude, debidamente cuberta, para efectos de xustificante de recepción.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de abril de 1998.

3.-Resolución.

A valoración das solicitudes presentadas será efectuada pola Comisión de Selección de Investigación, que lle elevará a proposta de resolución á Secretaría

Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

4.-Outras condicións.

Análogas ás indicadas nos puntos 2, 7, 8, 9 e 10 do apartado B.

ANEXO IV

Bolsas de predoutoramento

A finalidade principal desta convocatoria é o apoio a formación en investigación científica (básica e aplicada) e tecnolóxica daqueles titulados superiores universitarios que estean a realizar unha tese de doutoramento nun centro de investigación radicado na Comunidade Autónoma galega.

Bases da convocatoria

A.-Bolsas de nova adxudicación.

1.-Requisitos dos solicitantes.

Para optar a unha destas bolsas serán necesarios os seguintes requisitos:

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Ter aprobadas tódalas disciplinas requiridas para a obtención do título de licenciado, de enxeñeiro ou de arquitecto por unha escola técnica superior, incluído o proxecto se o houber.

c) Ter rematados os estudios correspondentes ós dous cursos académicos do programa de doutoramento, ó que está adscrito o solicitante, con posterioridade a xaneiro de 1996 ou estar matriculado no segundo ano dos estudios de terceiro ciclo no presente curso académico 1997/1998.

d) Ter admitido, por un departamento dunha universidade do Sistema Universitario de Galicia, o proxecto de tese, segundo o artigo 7.4º do Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro, que regula o terceiro ciclo de estudios universitarios, antes do 1 de outubro de 1998.

e) Non ter desfrutado destas bolsas ou outras homologadas a elas en anteriores convocatorias.

2.-Contía das bolsas.

O importe das bolsas incluirá:

2.1. Unha asignación mensual bruta comprendida entre 110.000 ptas. e 125.000 ptas.

2.2. Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria cás bolsas.

3.-Período de desfrute.

3.1. A duración destas bolsas é de 12 meses comprendidos entre outubro de 1998 e setembro de 1999.

3.2. As bolsas concedidas poderanse prorrogar, logo da solicitude, de acordo coa normativa que se elabore para o efecto.

3.3. Excepcionalmente, en función da dispoñibilidade orzamentaria poderase solicitar unha segunda prórroga de seis meses, de acordo coas bases que se aproben nunha convocatoria específica.

4.-Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 5 (que se publica como anexo XVI á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia e na delegación en Galicia do CSIC), presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

4.1. Certificación académica detallada na que figuren as cualificacións obtidas, as súas datas de obtención e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada). Non serán válidas as certificacións extractadas do expediente académico do solicitante.

No caso de estudios validados, deberá presentarse así mesmo certificación académica, de idénticas características, para os estudios de orixe.

Os que acceden ó 2º ciclo dunha licenciatura a través do correspondente curso de adaptación, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por teren realizado o 1º ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico deberán xuntar, ademáis da certificación correspondente ó curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros non estatais deberán estar validados na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.

A certificación incluirá, se é o caso, a cualificación correspondente á tese de licenciatura e indicará expresamente que se obtivo o grao pola modalidade de tese de licenciatura e o título desta.

4.2. Proxecto do traballo de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor avalado polo/s directores del (orixinal ou copia compulsada). No proxecto terase mención específica dos obxectivos, dos contidos básicos do traballo e das estratexias específicas de análise e indagación que se van utilizar.

4.3. Certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polo secretario do correspondente departamento universitario, no que conste a admisión do proxecto por parte do consello de departamento. No caso de que o interesado aínda non dispoña deste documento presentará o compromiso de entregalo tan pronto como se produza a súa aprobación. En todo caso, o dito documento deberá presentarse antes do 1 de outubro de 1998.

4.4. Certificación académica orixinal ou fotocopia compulsada na que conste a superación do primeiro ano dos estudios de terceiro ciclo así como as cualificacións correspondentes.

4.5. Declaración xurada do solicitante na que conste que cumpre o requisito establecido no punto 1.e).

4.6. Relación de teses de doutoramento nas que figure como director, nos últimos cinco anos, o director da tese do solicitante.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 13 de abril de 1998.

5.-Tramitación.

Por parte dos servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarase que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporase a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no Centro de Información Administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, nos dos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, nos dos vicerrectorados dos campus de Ferrol e Ourense, nos da vicexerencia do campus de Lugo e nos da delegación en Galicia do CSIC. Esta lista estará exposta desde o 25 de maio ó 4 de xuño de 1998, podendo os interesados, durante ese mesmo prazo, formularen reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo

sen que se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

6.-Selección de candidatos.

6.1. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada pola Comisión de Selección de Investigación.

6.2. Criterios xerais de selección.

A selección de bolseiros tarase fundamentalmente en función dos méritos acreditados nos puntos 4.1 e 4.4; en relación con este último a Comisión de Selección de Investigación establecerá previamente o número de créditos do primeiro ano dos estudios de terceiro ciclo que serán valorados. As solicitudes recibidas agruparanse en 5 áreas:

-Ciencias experimentais.

-Ciencias da saúde.

-Ciencias sociais e xurídicas.

-Ensinanzas técnicas.

-Humanidades.

A adscrición das diferentes carreiras académicas a estas áreas aparece recollida no anexo IX á presente orde.

Como criterio complementario a comisión poderá ter en conta o interese da investigación que se vai realizar para o desenvolvemento socio-económico de Galicia.

7.-Resolución do concurso.

A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Investigación que lle elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

8.-Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11 da Lei de reforma universitaria (Lei 11/1983, do 25 de agosto), do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá conceder interrupcións no desfrute da bolsa por petición razoada do interesado, logo do informe do seu director de tese. As interrupcións non poderán ser nunca superiores a 6 meses ó longo da duración da bolsa e as posibles renovacións, e non darán lugar, en ningún caso, a posibilidade de recupera-lo período interrompido.

No momento en que algún dos beneficiarios destas bolsas realice a lectura da súa tese de doutoramento ou se produza algunha circunstancia que determine a incompatibilidade no desfrute da bolsa, deberá comunicarllo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e esta procederá á suspensión da bolsa correspondente e adxudicaralla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese. Para que o interesado poida ter dereito a percibi-las mensualidades correspondentes ó período anterior á súa renuncia, deberá presenta-la memoria da actividade realizada ata ese momento, asinada por el e co visto e prace do director da tese.

9.-Aceptación da bolsa e pagamento.

-A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases. Antes de inicia-los pagamentos os bolseiros deberán acreditar ter obtido un mínimo de 32 créditos nos estudios de terceiro ciclo.

10. 0brigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros estarán obrigados a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Antes de finaliza-lo segundo trimestre do período de desfrute da bolsa, deberán remitirlle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un informe do labor realizado ata o momento. Nos 15 días seguintes á finalización da bolsa remitirán un informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán dedicar ata un máximo de 80 horas durante o curso académico á colaboración en actividades docentes con fins formativos, logo de conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal deste.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación ós que expresamente se lles autorice.

O bolseiro está obrigado a notificarlle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese deberá notificarllo igualmente á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

B.-Primeira prórroga das bolsas de predoutoramento.

1.-Aqueles beneficiarios dunha bolsa de predoutoramento de nova adxudicación, concedida por resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 26 de novembro de 1997 (DOG do 2 de decembro), poderán solicita-la prórroga correspondente ó curso académico 1998/99 sempre que aínda non rematasen a súa tese de doutoramento.

2.-As solicitudes, no modelo oficial nº 6 (que se publica como anexo XVII á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia e na delegación en Galicia do CSIC), presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

2.1. Memoria das actividades académicas e investigadoras realizadas durante o curso 1997/98. Debe

rá ir asinado polo bolseiro e co visto e prace polo/s director/es do proxecto de investigación.

2.2. Informe (en papel oficial ou con selo do correspondente centro/departamento), do/s director/es no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o período de desfrute da bolsa en relación coa adquisición de contidos e destrezas de investigación foron adecuadas.

2.3. Memoria realizada polo bolseiro sobre o estado actual do traballo e plan de traballo durante a prórroga, co visto e prace do/s director/es.

Ás solicitudes xuntaráselle-la correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude, debidamente cuberta para efectos de xustificante de recepción.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 4 de xuño de 1998.

3.-A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Investigación que lle elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

4.-A aceptación da bolsa tarase mediante documento asinado polo bolseiro; no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases.

5.-Ás solicitudes de prórroga seralles de aplicación o sinalado nos puntos 2, 3.1, 3.3, 6.1, 8 e 10 do apartado A.

C.-Segunda prórroga das bolsas de predoutoramento.

1.-Aqueles beneficiarios dunha bolsa de predoutoramento durante o curso 1996/1997 (resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 28 de novembro de 1996, DOG do 13 de decembro) e que durante o curso 1997/98 desfrutaron da prórroga correspondente (resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 10 de outubro de 1997, DOG do 17 de outubro), poderán solicitar unha nova prórroga, como máximo de 6 meses para o curso académico 1998/99 sempre que aínda non rematasen a súa tese de doutoramento.

2.-As solicitudes, no modelo oficial nº 2 (que se publica como anexo XVIII á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia e na delegación en Galicia do CSIC), presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

2.1. Memoria, máximo 3 folios, do estado actual do proxecto de tese.

2.2. Comunicacións a congresos e publicacións referentes ó tema das teses realizadas durante o período de desfrute da bolsa.

2.3. Certificación (en papel oficial e/ou co selo do correspondente centro/departamento) do/s director/es da tese na que conste que esta non está rematada e se encontra en estado avanzado de execución.

Ás solicitudes xuntaráselle-la correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude, debidamente cuberta para efectos de xustificante de recepción.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 4 de xuño de 1998.

3.-A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Investigación que lle elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

4.-Ás solicitudes de 2ª prórroga seralles de aplicación o sinalado nos puntos 2, 6.1 e 8 do apartado A.

5.-Aceptación da bolsa e pagamento.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nas presentes bases.

6.-Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros estarán abrigados a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Nos 15 días seguintes á finalización da bolsa remitirán un informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se procede, copia dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán dedicar ata un máximo de 40 horas durante o período da prórroga á colaboración en actividades docentes con fins formativos, logo da conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal deste.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación ós que expresamente se lles autorice.

ANEXO V

Bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma

Estas axudas teñen como finalidade favorece-la actualización de coñecementos e a adquisición de novas técnicas por parte do profesorado universitario e do persoal investigador da Comunidade Autónoma.

Bases da convocatoria

1.-Características.

Estas bolsas cobren estadías de ata 9 meses de duración no caso de doutores, e de 3 meses nos restantes casos e concédanse para adquirir coñecemento dunha técnica de investigación, dunha técnica de organización, para coñecemento dunha institución investigadora ou de datos de interese para un traballo de investigación que xa está en marcha. Así mesmo, estas bolsas concédense para realizar unha investigación nun centro estranxeiro ou nun centro español situado fóra da Comunidade Autónoma.

2.-Requisitos dos solicitantes.

2.1. Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

2.2. Pertencer a algunha das seguintes categorías:

a) Profesores numerarios, interinos ou contratados que pertenzan a algunha das tres universidades da Comunidade Autónoma.

b) Investigadores de cadro de persoal que pertenzan a algún centro público de investigación radicado na Comunidade Autónoma.

c) Doutores que non obtivesen bolsa doutro organismo para realizaren unha estadía fóra da Comunidade Autónoma e que estean vinculados a centros públicos de investigación situados en Galicia.

d) Bolseiros de teses de predoutoramento e bolseiros que teñan acadada a suficiencia investigadora (prevista no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro, polo que se regula o terceiro ciclo de estudios universitarios, a obtención e expedición do título de doutor e outros estudios posgraduados) e estean adscritos a centros públicos de investigación situados en Galicia sempre que a bolsa que desfrutan non considere na propia convocatoria a posibilidade de dotación adicional para estadía fóra da Comunidade Autónoma.

3.-Contía das bolsas.

O importe da bolsa comprenderá:

3.1. Unha axuda institucional para gastos de desprazamento e seguro combinado de accidentes, durante o período de desfrute.

3.2. Unha asignación mensual que estará comprendida entre 90.000 e 200.000 ptas. brutas segun

do as circunstancias do lugar, a experiencia profesional do solicitante e as particularidades do plan de traballo que se vai desenvolver.

3.3. As taxas de laboratorio, se é o caso, cubriranse só se a Comisión de Selección de Investigación o considera oportuno e aparecen, se é o caso, convenientemente xustificadas na solicitude.

4.-Forma de pagamento.

Os pagamentos da bolsa faranse por trimestres adiantados e de acordo coa normativa vixente.

5.-Período de desfrute.

A totalidade da bolsa deberá desfrutarse antes do 30 de xuño de 1999 e a súa iniciación non poderá ser anterior á data de publicación da presente convocatoria no DOG.

6.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 4 (que se publica como anexo XIX á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia e na delegación en Galicia do CSIC), presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

O prazo de presentación de solicitudes, coa documentación á que se fai referencia na base 7, remata o día 13 de abril de 1998.

7.-Formalización de solicitudes.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

7.1. Documento acreditativo de pertenza a algunha das categorías do apartado 2.2. No caso de persoal interino ou contratado, o dito documento deberá estar vixente na data de peche da convocatoria. Naqueles casos nos que a categoría do solicitante non leve implícita a condición de doutor, esta, de se-lo caso, deberá acreditarse. Os solicitantes ós que se refire o apartado 2.2.c) ademáis de acreditaren a condición de doutor deberán presentar unha declaración xurada na que conste que non obtiveron bolsa doutro organismo para realizaren unha estadía fóra da Comunidade Autónoma despois da lectura da súa tese de doutoramento.

7.2. Os solicitantes incluídos nos apartados 2.2.a), 2.2.b) e 2.2.c) entregarán unha relación das 5 publicacións máis salientables dos 3 últimos anos. Documentarase mediante fotocopia da primeira páxina da publicación ou daquela na que figuren os datos salientables desta (autor/es, título, editorial, revista, etc.). No caso dos solicitantes do apartado 2.2.c), das publicacións achegadas deberá deducirse a súa vinculación co director do grupo de investigación que expide a certificación á que se refire o punto 7.4. Os solicitantes incluídos no punto 2.2.d) entre

garán especificamente certificación académica da licenciatura e dos estudios de terceiro ciclo.

7.3. Plan de traballo no que se faga consta-lo calendario e programa das actividades que se van realizar. No caso de bolseiros de investigación presentarase co visto e prace do director que asume a supervisión da actividade investigadora do solicitante.

7.4. Autorización para realiza-la estadía acreditada mediante:

-Certificación expedida polo secretario do departamento, no caso de solicitantes vinculados á universidade, facendo referencia ó correspondente acordo do consello de departamento.

-Certificación expedida polo director do centro de investigación, no caso de solicitantes vinculados a outros centros de investigación.

-Certificación expedida polo director do grupo de investigación ó que pertence o solicitante, no caso de solicitantes ós que se refire o apartado 2.2.c).

7.5. Aceptación do centro onde se vai desenvolve-lo traballo.

8.-Tramitación.

Por parte dos servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarase que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e exporase a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, no centro de información administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, nos dos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, nos dos vicerrectorados dos campus de Ferrol e Ourense, nos da vicexerencia do campus de Lugo e nos da delegación en Galicia do CSIC. Esta lista estará exposta desde o 4 ó 15 de maio de 1998, podendo os interesados, durante ese mesmo prazo, formularen reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que

se emenden as causas de exclusión procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

9.-Criterios de selección.

A avaliación das solicitudes farase conforme os seguintes criterios:

9.1. Méritos ós que se refire o apartado 7.2.

9.2. Plan de traballo e o seu interese, segundo o establecido no apartado 7.3.

9.3. A comisión poderá ter en conta o interese da investigación que se vai realizar para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

9.4. A comisión daralles prioridade ás solicitudes relativas a:

-Estadías fóra de Europa de duración superior a 1 mes.

-Estadías fóra de España e Portugal de duración superior a 15 días.

-Persoas que non resultaron beneficiarias dunha destas bolsas por resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 31 de xullo de 1996 e do 31 de xullo de 1997 (DOG do 16 de agosto de 1996 e do 26 de agosto de 1997, respectivamente).

10.-Resolución do concurso.

A selección dos bolseiros será realizada pola Comisión de Selección de Investigación que lle elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolvo. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

11.-Obrigas dos bolseiros. Seguimento da acción.

Os beneficiarios das bolsas están obrigados a comunicarlle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento a data de incorporación ó centro de destino e unha vez incorporados deberán encontrarse, en todo momento, en condicións de xustifica-lo seu labor asiduo no devandito centro. Calquera interrupción ou aprazamento do período de desfrute, dentro do prazo sinalado no punto 5 das presentes bases, deberá ser previamente autorizado pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Non se admitirán cambios nos centros de destino salvo circunstancias excepcionais que así o aconsellen, logo do informe favorable, en todo caso, dos dous centros afectados.

Os beneficiarios de bolsas con estadías de máis de 6 meses, antes de remata-lo segundo trimestre do período de desfrute da bolsa, deberán remitirlle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un informe do labor realizado ata o momento. Tódolos bolseiros, nos dous meses seguintes ó remate do período de desfrute, deberán presentar un informe final do traballo realizado, que deberá incluí-la copia dos traballos eventualmente publicados e mailo informe do director do centro de destino sobre o labor realizado, con indicación expresa do tempo de permanencia no centro. No caso dos bolseiros de investigación incluídos no apartado 2.2.d), o informe final presentarase co visto e prace do director do traballo.

O incumprimento de calquera dos compromisos contraídos polo beneficiario poderá dar lugar, se é o caso, á supresión da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas.

En calquera momento a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá reclamar do centro receptor un informe sobre o labor realizado polo bolseiro.

12.-Aceptación da bolsa.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro no que se compromete a cumprir todas e cada unha das condicións recollidas nas presentes bases; así mesmo, entregarase declaración xurada na que conste que non dispón doutra bolsa para o mesmo fin.

13.-Publicación dos resultados obtidos.

Os resultados obtidos con ocasión do desfrute da bolsa serán propiedade dos seus autores que, no caso de facelos públicos, deberán facer consta-la axuda recibida da Xunta de Galicia e terán que enviarlle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar da publicación na que se recolla.

14.-Incidencias.

As renuncias que se produzan poderán ser substituídas pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento de acordo coa lista de reserva, se a houbese.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento resolverá tódalas dúbidas e incidencias que puidesen xurdir na aplicación da presente convocatoria.

ANEXO VI

Axudas para organización de congresos, simposios ou seminarios que se van celebrar en Galicia

Teñen como finalidade axuda-los órganos individuais ou colectivos das universidades da Comunidade Autónoma e os centros de investigación radicados nela a sufraga-los gastos de organización de reunións de carácter científico e tecnolóxico, con estructura de relatorios e comunicacións, que teñan lugar na nosa Comunidade Autónoma e contribúan a difundi-los coñecementos e os avances da investigación.

Bases da convocatoria

1.-Solicitantes e finalidade.

As axudas serán solicitadas para unha reunión; científica específica, para celebrar en Galicia, polo responsable do comité organizador desta que terá que ser necesariamente un órgano individual ou colectivo dunha universidade da Comunidade Autónoma ou dun centro público de investigación radicado na nosa Comunidade. Só se financiarán actividades con estructura de relatorios e comunicacións.

2.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 15 (que se publica como anexo XX á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secre

taría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia e na delegación en Galicia do CSIC), presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

-Certificación do organismo, institución ou sociedade correspondente no que conste expresamente o acordo de organiza-la actividade científica e a designación do comité organizador.

-Orzamento detallado de ingresos e gastos, segundo o modelo oficial.

-Programa provisional no que conste a relación prevista de conferenciantes invitados e as actividades que se van realizar. A presentación do programa definitivo será condición necesaria para o pagamento da axuda.

-Outros documentos que consideren oportunos.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño e Decreto 173/1982, do 17 de novembro) e presentaranse a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia, co visto e prace do seu representante legal.

Ás solicitudes xuntaráselle-la correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude, debidamente cuberta para efectos de xustificante de recepción.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 1 de abril de 1998.

3.-Axudas.

3.1. Contía

As axudas consistirán nunha subvención que en ningún caso superará as cantidades, en pesetas, que a continuación se indican, segundo o seu carácter:

Internacional: 700.000 ptas.

Nacional: 350.000 ptas.

Local: 175.000 ptas.

Para os efectos desta convocatoria enténdese que:

-Son congresos, seminarios ou simposios internacionais aqueles organizados por entidades ou asociacións recoñecidas de carácter internacional.

-Terán carácter nacional os organizados por entidades ou asociacións de carácter nacional.

Os departamentos universitarios, centros universitarios e centros de investigación radicados na nosa Comunidade Autónoma poderán solicita-la organización de seminarios, simposios e congresos de

carácter propio do seu ámbito territorial directamente; tamén poderán solicita-la organización de seminarios, simposios e congresos de carácter nacional ou internacional se forman parte ou delega neles, unha institución que teña recoñecido o carácter nacional ou internacional.

3.2. Utilización.

-As subvencións só se destinarán a financia-los gastos relacionados con algunha das seguintes actividades:

a) Difusión dos programas de reunión.

b) Custos de participación dos relatores e conferenciantes.

c) Edición das actas.

En ningún caso se financiarán actividades que se realizasen con anterioridade á data de publicación da presente orde no DOG ou que se vaian realizar con posterioridade ó 30 de xuño de 1999, tomando, para estas efectos, como referencia a data de inicio da reunión. En ningún caso poderá financiarse a mesma actividade con cargo a dúas convocatorias consecutivas desta consellería.

4.-Comisión de selección e resolución do concurso.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación que lle elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

5.-Obrigas dos beneficiarios.

No caso de concesión da axuda, a entidade organizadora fará constar en toda a información e documentación a colaboración prestada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Así mesmo, deberá remitirlle a esta o programa definitivo e unha memoria das actividades realizadas.

6.-Pagamento da axuda.

As subvencións faránselles efectivas ós beneficiarios mediante pagamento ó organismo con personalidade xurídica propia e de acordo coa normativa vixente; previamente ó pagamento os beneficiarios deberán ter presentado o programa definitivo.

7.-Incidencias.

Calquera modificación que se vaia realizar nas actividades subvencionadas deberá serlle comunicada á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Non observar calquera destas bases suporá a perda das cantidades percibidas como subvención.

ANEXO VII

Subvencións a publicacións periódicas

Estas axudas teñen como finalidade potenciar na nosa Comunidade Autónoma a edición de publicacións periódicas de carácter científico, que sexan de interese para esta Comunidade.

Bases da convocatoria

1.-Solicitantes.

As axudas poderán solicitarse para aquelas publicacións periódicas que reúnan os seguintes requisitos:

1.1. Deberán ser publicacións editadas por algún dos servicios ou dependencias das universidades galegas competentes para tal efecto, ou ben, coeditadas entre algún deles e outras institucións. Esta competencia deberá acreditarse mediante certificado da universidade correspondente.

Admitiranse, así mesmo, solicitudes relativas a publicacións editadas por institucións sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma, que teñan entre os seus fins a realización de actividades de investigación científica ou tecnolóxica.

1.2. Estar en posesión do correspondente ISSN.

1.3. Dispor de comité de redacción.

1.4. Dispor de sistema de avaliación, mediante censores, para a selección dos traballos que serán obxecto de publicación.

1.5. Admiti-la publicación de artigos nas linguas propias dos países ós que pertencen as institucións que participan na súa edición; no caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

2.-Tramitación das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº 10 (que se publica como anexo XXI á presente orde e á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia e na delegación en Galicia do CSIC), presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

-Un exemplar da publicación, se é o caso, ou o proxecto de publicación.

-Certificación, segundo o modelo incluído no impreso de solicitude, expedida polo órgano competente da universidade/institución sen fins de lucro correspondente na que conste o cumprimento do establecido no apartado 1.1.

-Avance do ingreso previsto por venda directa de exemplares ou subscricións, especificando o sistema de distribución empregado, co fin de que a Comisión de Selección de Investigación poida estima-la tendencia ó autofinanciamento.

Calquera solicitude deberá ser presentada a través do organismo que posúa personalidade xurídica propia co visto e prace do seu representante legal.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 4 de malo de 1998.

Ás solicitudes xuntaráselle-la correspondente tarxeta normalizada, incluída no modelo de solicitude debidamente cuberta para efectos de xustificante de recepción.

3.-Selección e resolución.

A selección dos beneficiarios das axudas será realizada pola Comisión de Selección de Investigación que lle elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

A comisión rexeitará tódalas solicitudes encamiñadas á dotación de equipamento (material informático, mobiliarios, maquinaria, etc...) e pagamento de persoal das revistas.

Daráselles prioridade a aquelas peticións relativas a publicacións que dispoñan doutros apoios por parte de institucións ou entidades afíns.

4.-Pagamento da axuda.

As subvencións faranse efectivas mediante pagamento ós beneficiarios a través do organismo con personalidade xurídica propia na que aqueles estean integrados. Previamente ó pagamento, e en todo caso antes do 30 de outubro de 1998, os beneficiarios deberán remitirlle á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá solicitarlles ós beneficiarios a presentación dunha memoria na que se detalle o investimento da subvención concedida.

No caso de demostrarse a inadecuación do gasto ou o incumprimento dalgunha das bases da convocatoria, procederase á reclamación das cantidades xa pagadas e poderanse propo-las accións legais que puidesen corresponder de acordo coa lexislación vixente.

Os beneficiarios quedan obrigados a facer constar nas correspondentes publicacións a colaboración prestada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

ANEXO IX

-Ciencias experimentais

Licenciado en bioloxía.

Licenciado en bioquímica.

Licenciado en ciencia e tecnoloxía dos alimentos (só de 2º ciclo).

Licenciado en ciencias ambientais.

Licenciado en ciencias do mar.

Licenciado en ciencias e técnicas estatísticas (só de 2º ciclo).

Licenciado en física.

Licenciado en matemáticas.

Licenciado en química.

Licenciado en xeoloxía.

Diplomado en estatística.

Diplomado en óptica e optometría.

-Ciencias da saúde

Licenciado en farmacia.

Licenciado en medicina.

Licenciado en odontoloxía.

Licenciado en veterinaria.

Diplomado en enfermería.

Diplomado en fisioterapia.

Diplomado en logopedia.

Diplomado en podoloxía.

Diplomado en terapia ocupacional.

-Ciencias sociais e xurídicas

Licenciado en administración e dirección de empresas.

Licenciado en ciencias actuariais e financeiras (só de 2º ciclo).

Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte.

Licenciado en ciencias políticas e da administración.

Licenciado en comunicación audiovisual.

Licenciado en dereito.

Licenciado en documentación (só de 2º ciclo).

Licenciado en economía.

Licenciado en investigación e técnicas de mercado (só de 2º ciclo).

Licenciado en pedagoxía.

Licenciado en psicopedagoxía (só de 2º ciclo).

Licenciado en psicoloxía.

Licenciado en publicidade e relacións públicas.

Licenciado en socioloxía.

Licenciado en xornalismo.

Mestre:

Especialidade de educación infantil.

Especialidade de educación primaria.

Especialidade de lingua estranxeira.

Especialidade de educación física.

Especialidade de educación musical.

Especialidade de educación especial.

Especialidade de audición e linguaxe.

Diplomado en biblioteconomía e documentación.

Diplomado en ciencias empresariais.

Diplomado en educación social.

Diplomado en xestión e administración pública.

Diplomado en relacións laborais.

Diplomado en traballo social.

-Ensinanzas técnicas

Arquitecto.

Arquitecto técnico.

Enxeñeiro aeronáutico.

Enxeñeiro técnico en aeromotores.

Enxeñeiro técnico en aeronavegación.

Enxeñeiro técnico en aeronaves.

Enxeñeiro técnico en aeroportos.

Enxeñeiro técnico en equipos e materiais aeroespaciais.

Enxeñeiro agrónomo.

Enxeñeiro técnico en explotacións agropecuarias.

Enxeñeiro técnico en hortofruticultura e xardinería.

Enxeñeiro técnico en industrias agrarias e alimentarias.

Enxeñeiro técnico en mecanización e construccións rurais.

Enxeñeiro de camiños, canles e portos.

Enxeñeiro técnico en construccións civís.

Enxeñeiro técnico en hidroloxía.

Enxeñeiro técnico en transportes e servicios urbanos.

Enxeñeiro en electrónica (só de 2º ciclo).

Enxeñeiro técnico en sistemas electrónicos.

Enxeñeiro industrial.

Enxeñeiro de materiais (só de 2º ciclo).

Enxeñeiro técnico en electricidade.

Enxeñeiro técnico en mecánica.

Enxeñeiro técnico téxtil.

Enxeñeiro en informática.

Enxeñeiro técnico en informática de xestión.

Enxeñeiro técnico en informática de sistemas.

Enxeñeiro técnico en deseño industrial.

Enxeñeiro de minas.

Enxeñeiro técnico en explotacións de minas.

Enxeñeiro técnico en instalacións electro-mecánicas mineiras.

Enxeñeiro técnico en mineraloxía e metalurxia.

Enxeñeiro técnico en recursos enerxéticos, combustibles e explosivos.

Enxeñeiro técnico en sondaxes e prospeccións mineiras.

Enxeñeiro de montes.

Enxeñeiro técnico en explotacións forestais.

Enxeñeiro técnico en industrias forestais.

Enxeñeiro naval e oceánico.

Enxeñeiro técnico en estructuras mariñas.

Enxeñeiro técnico en propulsión e servicios de buque.

Enxeñeiro en organización industrial (só 2º ciclo).

Enxeñeiro en automática e electrónica industrial (só 2º ciclo).

Enxeñeiro técnico en electrónica industrial.

Enxeñeiro químico.

Enxeñeiro técnico en química industrial.

Enxeñeiro en telecomunicación.

Enxeñeiro técnico en sistemas de telecomunicación.

Enxeñeiro técnico en son e imaxe.

Enxeñeiro técnico en telemática.

Enxeñeiro en xeodesia e cartografía (só de 2º ciclo).

Enxeñeiro técnico en topografía.

Licenciado en máquinas navais (só de 2º ciclo).

Diplomado en máquinas navais.

Licenciado en náutica e transporte marítimo (só de 2º ciclo).

Diplomado en navegación marítima.

Licenciado en radioelectrónica naval (só de 2º ciclo).

Diplomado en radiolectrónica naval.

-Humanidades.

Licenciado en antropoloxía social e cultural (só de 2º ciclo).

Licenciado en belas artes.

Licenciado en filoloxía alemana.

Licenciado en filoloxía árabe.

Licenciado en filoloxía catalana.

Licenciado en filoloxía clásica.

Licenciado en filoloxía eslava.

Licenciado en filoloxía francesa.

Licenciado en filoloxía galega.

Licenciado en filoloxía hebrea.

Licenciado en filoloxía hispánica.

Licenciado en filoloxía inglesa.

Licenciado en filoloxía italiana.

Licenciado en filoloxía portuguesa.

Licenciado en filoloxía románica.

Licenciado en filoloxía vasca.

Licenciado en filosofía.

Licenciado en xeografía.

Licenciado en historia.

Licenciado en historia da arte.

Licenciado en historia e ciencia da música.

Licenciado en humanidades.

Licenciado en teoría da literatura e literatura comparada (só de 2º ciclo).

Licenciado en lingüística (só de 2º ciclo).

Licenciado en traducción e interpretación.