Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.495

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de xaneiro de 1998 pola que se lle autoriza unha unidade de educación especial ó centro privado María Assumpta, de Noia (A Coruña).

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado María Assumpta de Noia (A Coruña), no que se solicita a autorización dunha unidade de educación especial.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que informa favorablemente.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16); a orde ministerial do 30 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro); o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias (BOE do 26); o Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG do 6 de agosto), de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais; o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autorizarlle unha unidade de educación especial ó centro privado María Assumpta de Noia, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Noia.

Localidade: Noia.

Enderezo: Avda. Vizconde de S. Alberto, s/n.

Código do centro: 15010769.

Denominación específica: María Assumpta.

Títular: Hijas de Jesús.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 5 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de formación profesional: 3 unidades de formación profesional de primeiro grao da rama administrativa e comercial; Profesión: administrativo.

e) Centro de educación especial: 1 unidade.