Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.500

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hermanos Rodríguez Gómez, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Hermanos Rodríguez Gómez, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-12-1997, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o 15-7-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de xaneiro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Hermasa, convenio colectivo

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará, a partir da súa entrada en vigor, as relacións laborais e económicas entre a empresa Hermanos Rodríguez Gómez, S.A., Hermasa, situada no barrio Angorén, s/n, Chapela (Redondela) e o seu persoal.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio será de aplicación a todo o persoal técnico, administrativo, obreiro e subalterno que actualmente e durante a vixencia do presente convenio preste os seus servicios na empresa.

Artigo 3º.-Vixencia e denuncia.

O presente convenio terá unha duración de dous anos, entrando en vigor o día do seu asinamento, e finalizando a súa vixencia o 31 de decembro de 1998; non obstante os seus efectos económicos serán a partir do 1 de xaneiro de 1997.

A denuncia do convenio deberá de ser automática á finalización del.

Artigo 4º.-Compensación de mellora.

As condicións establecidas neste convenio forman un todo orgánico; por tanto, calquera disposición legal obrigatoria que no seu futuro se estableza, só será de aplicación, se no seu conxunto e en cómputo anual, resultase superior ás condicións laborais aquí pactadas.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando de condicións máis beneficiosas cás que aquí se establecen, deberaas conservar, ata a absorción total destas melloras que por convenios sucesivos se vaian producindo, co fin de lograr unha equiparación entre os traballadores.

Artigo 6º.-Xornada de traballo. Horario de traballo.

A xeira laboral será de 1.792 horas anuais de traballo efectivo ou a inferior que poida acordarse no convenio colectivo provincial ou establecerse por disposición legal.

A xeira de traballo distribuirase de luns a venres, o horario de taller será de 7 a 15 horas e o administrativo de 9 a 14 horas pola mañá e de 15.15 a 18 pola tarde.

O horario de traballo sinalado e outros que se poidan establecer quedarán recollidos no correspondente cadro horario, no que figurarán tamén os festivos de carácter nacional e local. O calendario laboral e o cadro horario exporanse no taboleiro de anuncios da empresa á vista de todo o persoal. Para modificalos será preceptivo o informe previo e por escrito do comité de empresa. Dentro da xornada de traballo estarán incluídos os 15 minutos correspondentes ó tempo de descanso e dentro da factoría.

A xornada laboral de traballo será computada desde a iniciación do labor no posto de traballo ata a finalización deste e non desde a entrada e saída da factoría.

Artigo 7º.-Vacacións.

Todo o persoal terá dereito a 30 días naturais de vacacións anuais retribuídos e ininterrompidos. O período de vacacións desfrutarase nos meses de verán e será fixado de acordo cos representantes legais dos traballadores, tres meses antes delas.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade laboral transitoria ou baixa por accidente terá dereito ó desfrute delas ou da parte pendente sempre que cause alta antes do termo do ano natural.

Artigo 8º.-Recoñecemento médico.

A empresa estará obrigada a solicitar do gabinete técnico provincial, Servicio Social de Hixiene e Seguridade no Traballo de Rande, un recoñecemento anual como mínimo para todo o persoal. O día empregado no recoñecemento médico será aboado pola empresa.

Artigo 9º.-Seguridade e hixiene.

A empresa obrígase ó cumprimento inescusable das normas de seguridade e hixiene no traballo en

materia de aseos, vestiarios, dotacións sanitarias, duchas, etc., de conformidade coa ordenanza xeral de seguridade e hixiene vixente. Darase cumprimento ó que establece a Lei 31/1995, do 8 de novembro, e para este efecto nomearanse dous delegados de prevención, que garantan a protección obrigatoria mínima de tódolos traballadores afectados polo convenio, adoptándose as medidas que se deriven da aplicación da dita lei.

Artigo 10º.-Pezas de roupa de traballo.

A empresa dotará a cada traballador de dúas fundas e unhas botas de seguridade, que serán entregados dentro do primeiro mes do ano. O persoal que realice traballos especiais será dotado das pezas de roupa que sexan necesarias, segundo determinación do vixilante de seguridade e hixiene.

Artigo 11º.-Licencias.

O traballador, unha vez que o xustificou e avisou, terá dereito a permisos con dereito a remuneración durante o tempo e os supostos seguintes:

1. Permisos retribuídos:

a) 18 días naturais en caso de matrimonio do traballador ou traballadora.

b) 3 días laborables en caso de nacemento dun fillo.

c) 5 días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe, pais ou fillos ou pais políticos.

d) 3 días naturais no suposto de falecemento de irmáns, netos, avós, fillos políticos ou irmáns políticos.

e) 3 días naturais no suposto de enfermidade grave de cónxuxe, pai e fillos. No caso de avós, irmáns, netos ou pais políticos deberá xustificarse a gravidade do feito.

f) 1 día no suposto de cambio de domicilio. Nos supostos d) e e), se o traballador necesita facer desprazamentos fóra da provincia, concederánselle 2 días máis.

g) O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica dos especialistas da Seguridade Social, cando coincidindo o horario de consulta co traballo, prescriba a dita consulta o facultativo de medicina xeral, debendo presenta-lo traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de 22 horas ó ano.

h) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia no traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal dunha hora coa mesma finalidade.

2. Permisos non retribuídos:

i) 1 día natural por falecemento de tíos ou sobriños.

j) En caso de necesidade logo de aviso e xustificación, a empresa deberá conceder un permiso

sen retribuír ata un período de dez días naturais por razón de desprazamento en caso de enfermidade grave de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

No suposto no presente artigo, será de aplicación o establecido no Estatuto dos traballadores.

k) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

Artigo 12º.-Capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo, enfermidade profesional ou común de longa duración, con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocupa-los postos máis aptos en relación ás súas condicións que existan na empresa, sempre que teñan aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Artigo 13º.-Pagamento de nóminas.

Realizarase os días 28 de cada mes, exceptuando o mes de febreiro, que se pagará dous días antes da súa finalización. En canto á forma de pagamento, rexerá o disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 14º.-Antigüidade.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio, consistentes no aboamento de quinquenios na contía que figura na táboa anexa.

Computarase para efectos de antigüidade o tempo prestado na empresa a título de aprendizaxe.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

As pagas extraordinarias de xullo e Nadal aboaranse nas contías de 30 días cada unha delas para todo o persoal e serán calculadas de acordo coa táboa salarial anexa, máis outras 8.000 pesetas de gastos de locomoción en cada unha das pagas.

A paga correspondente ó primeiro semestre aboarase do día 10 ó 15 de xullo, e a correspondente ó segundo, do 10 ó 15 de decembro.

Artigo 16º.-Plus de traballos especiais.

A remuneración dos postos de traballo que teñan un plus de penosidade, toxicidade ou perigosidade establécese do seguinte xeito:

-Cando se produce un só posto: 53 pesetas/hora.

-Cando se producen dous ou máis postos: 83 pesetas/hora.

Artigo 17º.-Salarios.

Para 1997, o incremento será do 3,5% sobre o salario base. O salario base de cada categoría devengarase por día natural e salario día.

Para 1998, o incremento será o IPC previsto máis medio punto.

Revisión salarial:

Para 1998, se o IPC real superase o IPC previsto para o dito ano, procederase a unha-revisión salarial tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia no exceso sobre a cifra indicada. Tal incremento aboarase con efectos desde o 1 de xaneiro de 1998.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias reduciranse ó mínimo indispensable. A súa realización suxeitarase ós seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias habituais: serán negociadas entre a empresa e o comité de empresa.

b) Horas extraordinarias motivadas por forza maior: entenderanse por tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios urxentes, así como o caso de risco de perda de materias primas e a empresa poderá impoñe-la súa realización.

c) Horas extraordinarias estructurais: entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas e outras circunstancias de carácter estructural, derivadas da natureza da actividade que se trate, ou mantemento. A súa realización queda a discreción da empresa sempre que non poidan ser substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A dirección da empresa informará mensualmente ó comité de empresa sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se se dá o caso, a distribución por seccións, así mesmo, en función desta información e dos criterios sinalados anteriormente, a empresa e os representantes legais dos traballadores, determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

A realización delas conforme establece o artigo 35.5º do Estatuto dos traballadores rexistrarase día a día e totalizaranse mensualmente, entregando copia do resumo mensual ó traballador no parte correspondente e ó comité de empresa.

Tódolos traballadores que realicen traballos comprendidos entre as 24 horas e as 6 horas, terán dereito a permiso retribuído da xornada seguinte. Así mesmo, tódalas horas extraordinarias comprendidas entre as 22 horas e as 6 horas, pagaranse o dobre do establecido nas normais.

O traballador/a que realice horas no horario mencionado anteriormente terá dereito a cea. Tamén se consideran dobres as horas traballadas os sábados, domingos e días santos.

As horas motivadas por causa de forza maior e as estructurais non terán recarga nas cotizacións á Seguridade Social a que se refire os reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto e 1/1985, do 5 de xaneiro; para iso notificaráselle así mensualmente á autoridade laboral conxuntamente pola empresa e o comité.

As horas extraordinarias son de libre aceptación por parte do traballador.

A retribución das horas extraordinarias terá un incremento dun 3% para o ano 1998.

Artigo 19º.-Saídas, axudas de custo e viaxes.

Todo o persoal que por necesidade da empresa teña que efectuar viaxes ou desprazamentos que lle impidan realizar comidas ou pernoctacións no seu domicilio habitual, a empresa correrá cos gastos de locomoción, estadía e manutención.

Se o desprazamento tivese unha duración inferior a 5 días (catro noites) o persoal desprazado percibirá ademáis da remuneración que lle corresponda polas horas extraordinarias efectivamente traballadas, unha axuda de custo de 1.300 ptas. se o desprazamento se efectúa en territorio nacional; se é no estranxeiro unha axuda de custo de 2.500 ptas.

Se o desprazamento durase máis de cinco días (cinco ou máis noites) non se devengará nada polas horas extraordinarias aínda que se realicen, pero si devengará unha axuda de custo de 6.500 pesetas se o desprazamento é no estranxeiro, ou de 5.300 pesetas se é no territorio nacional.

En ámbolos casos a axuda de custo correspondente ó día de regreso só se devengará se este se efectúa en día non laborable ou, sendo laborable, se a chegada a Vigo é posterior ás 15 horas.

Artigo 20º.-Gastos mínimos de locomoción.

Percibirase durante todo o ano 1997 en concepto de gastos de locomoción a cantidade de 474 pesetas por día efectivamente traballado.

Para 1998 incrementarase o IPC previsto máis medio punto. Durante o período de vacacións, percibirase polo dito concepto a contía fixa e única de 5.000 pesetas.

Artigo 21º.-Quilometraxe.

Cando o traballador por necesidade da empresa e por requirimento desta, aceptado voluntariamente por aquel, tivese que se desprazar do lugar do traballo utilizando o seu propio vehículo, aboaráselle a cantidade de 36 pesetas por quilómetro.

Artigo 22º.-Gratificacións por 25 anos de servicio.

Todo o persoal que durante o período de vixencia do presente convenio cumpra 25 anos de permanencia na empresa recibirá un premio en metálico polo importe do seu salario mensual e demais complementos fixos.

Artigo 23º.-Seguro colectivo.

Con vixencia desde o asinamento do convenio e ata a entrada en vigor do convenio que o substitúa, a empresa deberá concertar un seguro colectivo de accidente, con primas íntegras ó seu cargo, mediante póliza que cubra as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral ou común con resultado de morte: 2.500.000 ptas.

-Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez: 3.500.000 pesetas.

Artigo 24º.-Xubilación.

A empresa e os seus traballadores poderán pactar xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, debendo cubri-la empresa as vacantes producidas por cada traballador que se xubile ou pase a longa enfermidade, con outra persoa, tendo preferencia en tal caso os fillos dos traballadores.

Artigo 25º.-Ausencia por servicio militar.

O persoal que se incorpore ó servicio militar con carácter oficial ou voluntario, polo tempo mínimo de duración deste, terá reservado o seu posto de traballo durante o tempo que permaneza cumprindo o servicio militar e dous meses máis, computándose todo este tempo para efectos de antigüidade na empresa. Durante o tempo da súa permanencia no servicio militar, o traballador terá dereito a penmanencia no servicio militar, o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias sinaladas no presente convenio.

O persoal fixo que ocupe vacante temporal do seu compañeiro no servicio militar, ó regreso deste, volverá ó seu antigo posto de traballo.

A non reincorporación do traballador fixo no servicio militar dentro do prazo de reserva dará lugar á rescisión do seu contrato.

Artigo 26º.-Categorías.

As categorías serán negociadas a primeiros de cada ano pola dirección da empresa e o comité, con informe previo dos mandos que correspondan en cada caso.

Artigo 27º.-Acción sindical.

Dereitos sindicais:

-O comité será informado das novas contratacións.

-Disposición dun taboleiro de anuncios para inserción de propaganda.

-Disposición dun local para reunións informativas fóra da xornada laboral e durante dúas horas ó mes.

-Crédito de 15 horas mensuais para cada membro do comité de empresa destinadas a asistir a convocatorias sindicais. En todo caso deberán ser conrectamente realizadas.

Os membros do comité de empresa pertencentes a un mesmo sindicato poderán ceder determinado número de horas mensuais que lles correspondan legalmente a favor dun ou máis membros do comité afiliado ó mesmo sindicato:

Para iso os cedentes porano en coñecemento da dirección da empresa mensualmente.

Artigo 28º.-Incapacidade laboral transitoria.

A prestación de incapacidade laboral transitoria derivada de accidente laboral ocorrido no centro de

traballo ou en desprazamentos a outros centros ou lugares de traballo dentro da xornada laboral aboarase o 100% a partir do primeiro día.

Artigo 29º.-Productividade.

A productividade será fixada pola folla de ruta que teña cada traballo co obxecto de mellorala e ter un mellor control sobre os traballos.

Artigo 30º.-Absentismo.

Crearase unha comisión entre a empresa e o comité para estudia-la evolución das baixas por ILT, co fin de erradica-lo absentismo e evita-la fraude tanto á empresa como á Seguridade Social. A dita comisión será fixada unha vez asinado o convenio.

Artigo 31º.-Contratación.

a) Contrato de obra:

Co fin de potencia-la utilización das modalidades de contratación previstas pola lei, acórdase crear un contrato de obra ou servicio determinado, segundo o previsto no artigo 15.1, apartado a) do Estatuto dos traballadores, modificado en virtude da Lei 11/1994, do 19 de maio.

Os ditos contratos poderán cubrir todas aquelas tarefas ou traballos suficientemente diferenciados polo volume adicional de traballo que representan que, limitados no tempo e cunha duración que sexa certa ou poida preverse, estean directa ou colateralmente relacionados co proceso productivo da empresa. A presente inclusión neste convenio non poderá entenderse en ningún caso como unha limitación á modalidades contractuais previstas no referido artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 32º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o expresamente regulado neste convenio rexerá o previsto no Estatuto dos traballadores, e na derrogada ordenanza laboral siderometalúrxica, que se asume en toda a súa integridade como norma subsidiaria polos asinantes, así como as disposicións legais vixentes ou que poidan promulgarse durante a vixencia del.

Artigo 33º.-Comisión paritaria de vixilancia.

Establécese a comisión mixta e paritaria do convenio como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do seu cumprimento.

A comisión estará formada por dous representantes da empresa e dous representantes dos traballadores.

Táboa salarial do convenio colectivo

para o ano 1997

CategoríasSalario base

mensual

AntigüidadeHoras

extras

-Persoal taller
Encargado184.6503.6901.499
Oficial de 1ª153.1203.4201.385
Oficial de 2ª141.1203.2101.238
Oficial de 3ª124.7403.1201.270

CategoríasSalario base

mensual

AntigüidadeHoras

extras

Especialista115.4702.9701.236
Peón109.1702.8201.135
Aprendiz 16 a 1759.130
Aprendiz de 17 a 1859.130
Aprendiz de máis de 1874.040

-Persoal administrativo
Xefe de 1ª217.0204.540
Xefe de 2ª189.5304.489
Oficial de 1ª153.1203.6371.385
Oficial de 2ª141.1203.1971.328

CategoríasSalario base

mensual

AntigüidadeHoras

extras

Aux. administrativo109.1702.8201.135

-Persoal técnico comercial
Enxeñeiro258.8706.227
Enxeñeiro técnico217.0205.620
Mestre industrial189.5304.4891.590
Delineante proxectista189.5304.4891.590
Técnico comercial189.5304.489
Delineante de 1ª153.1203.6371.385
Delinenate de 2ª141.1203.2241.328
Aux. técnico109.1702.8271.135

Calendario laboral 1997

Meses

Total días

Días

traballados

SábadosDomingosDías

festivos

Días

vacacións

Días

pontes

Horas

traballadas

Xaneiro3121442168

Febrero282044160

Marzo3118553144

Abril302244176

Maio3120542Día 2160

Xuño302145168

Xullo3122441176

Agosto3115522 ó 318

Setembro302244176

Outubro312344184

Novembro3020551160

Decembro311444322, 23, 24,

26, 29, 30, 31

112

Totais3652245252143081.792

Disposicións adicionais

Primeria.-Os atrasos do convenio oclecitvo, correspondente ó ano 1997, aboaranse o 31 de maio.

Segunda.-Para o presente ano 1997 establécese o calendario laboral que figura anexo ó presente convenio.

Asinan o presente convenio en Vigo, outubro de 1997.

Polos traballadores: o comité de empresa composto polos seguintes membros:

Modesto Reiveiro OteroDNI: 36.035.461.

Constantino Rodríguez CruzDNI: 35.972.772.

Eugenio Domínguez ÁlvarezDNI: 36.009.219.

José Ángel Martínez ÁlvarezDNI: 36.021.338.

Manuel Pérez VázquezDNI: 35.996.910.

Pola empresa:

José Manuel Goméz FerreiraDNI: 35.987.110.