Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 1998 Páx. 1.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 21 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador, referencia Secretaría 269/1997.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio de expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2, do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón dun prazo de 10 días para presentar alegacións; no caso de non presentalas e con base no artigo 13.2 do devandito Real decreto 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente: Secretaría 269/1997,

Denunciado: David Méndez Novoa.

DNI: 32.382.157.

Último enderezo coñecido: Cures, 55 Vimianzo.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: poderá chegar ata a contía de 500.000 ptas.

A Coruña, 21 de xaneiro de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña