O Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, establece no seu artigo 3 que a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura aprobará, con carácter anual un Plan Xeral de Explotación Marisqueira, que conterá os plans de explotación para as autorizacións marisqueiras, e as normas e plans de explotación para as zonas de libre marisqueo.
Examinados os plans de extracción, remitidos polas entidades marisqueiras titulares de autorizacións, oídas as ditas entidades na elaboración das normas relativas a zonas de libre marisqueo e vistos os informes biolóxicos emitidos polos servicios técnicos desta consellería, e de conformidade co disposto no citado decreto,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Autorizacións marisqueiras.
1. De acordo co previsto no artigo 3 do Decreto 423/1993, para o ano 1999, apróbanse os seguintes días máximos e épocas probables de extracción relativas ás zonas en réxime de autorización administrativa que a continuación se relacionan:
Confraría de Baiona:
Días máximos de extracción: desde embarcación, 120. A pé, 90.
Puntos de control: praia América, A Foz (rampla de Ruiz), Punta Camping (Ladeira), Santa Marta, lonxa de Baiona, Purrido (Baredo), peirao (Mougás) e Cabo Silleiro.
Puntos de venda: lonxa de Baiona.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de xaneiro ó 29 de abril e de xullo ó 30 de decembro.
A pé: de xaneiro ó 29 de abril e de xullo ó 30 de decembro.
Confraría do Grove:
Días máximos de extracción: desde embarcación, 160. A pé, 100.
Puntos de control: O Facho, Insuíña (Castrelo), As Cachadas, ponte da Toxa, Rons, Moreiras, Lordelo e Cubreiro.
Puntos de venda: lonxa do Grove.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de xaneiro ó 30 de decembro.
A pé: de xaneiro ó 30 de decembro.
Confraría de Vilanova de Arousa:
Días máximos de extracción: desde embarcación, 170. A pé, 116
Puntos de control e venda: zona de extracción e lonxa de Vilanova de Arousa.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de xaneiro ó 15 de abril, do 1 de xuño ó 30 de setembro e do 16 de novembro ó 30 de decembro.
A pé: de xaneiro ó 15 de abril e de xuño ó 30 de decembro.
Confraría da Illa de Arousa:
Días máximos de extracción: desde embarcación, 208. A pé, 208.
Puntos de control: O Bao, Concerrado, Camaxe, Xastelas, Areoso, Arnela, Roncadeiras e O Bohído.
Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de xaneiro ó 31 de agosto e do 2 de novembro ó 30 de decembro.
A pé: de xaneiro ó 28 de maio, de xullo ó 30 de setembro e do 2 de novembro ó 30 de decembro.
Confraría de Vilaxoán:
Días máximos de extracción. A pé, 130.
Puntos de control: a pé: O Rial, Borreiros, Corón, Preguntoiro, Saíñas, Canelas e Castelete.
Puntos de venda: lonxa de Vilaxoán.
Épocas probables de extracción:
A pé: de xaneiro ó 30 de decembro.
Confraría do Carril:
Días máximos de extracción: desde embarcación, 45. A pé, 45.
Puntos de control: nas zonas de extracción.
Puntos de venda: lonxa do Carril.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de xuño ó 30 de setembro e decembro.
A pé: de xaneiro ó 30 de marzo e de xullo ó 30 de decembro.
Confraría de Cambados.
Días máximos de extracción: desde embarcación, 97. A pé, 151.
Puntos de control: nas zonas de extracción.
Puntos de venda: lonxa de Cambados.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: xaneiro e de xuño ó 17 de setembro.
A pé: de xaneiro ó 30 de decembro.
Confraría de Rianxo:
Días máximos de extracción: desde embarcación, 160. A pé, todo o ano.
Puntos de control: desde embarcación, plataforma de batea; a pé, praia onde se traballe.
Puntos de venda: lonxa de Rianxo.
Épocas probables de extracción:
A pé: todo o ano.
Desde embarcación: de xaneiro a febreiro; de xuño a setembro; novembro e decembro.
Confraría de Cabo de Cruz:
Días máximos de extracción: 185.
Puntos de control: Barraña, Retorta, Ladeira do Chazo e Mañóns.
Puntos de venda: nave provisional para lonxa de Cabo de Cruz.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, de xuño a setembro.
Confraría da Pobra do Caramiñal:
Días máximos de extracción: 209
Puntos de control: Areal, Pozo e Friscos.
Puntos de venda: lonxa municipal.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de xuño a decembro.
Confraría de Palmeira:
Días máximos de extracción. A pé, 211; desde embarcación, 166 (vieira 31).
Puntos de control:
Desde embarcación: lancha en zonas de traballo.
A pé: peirao de Palmeira.
Puntos de venda: lonxas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.
Épocas probables de extracción:
A pé: de xaneiro a marzo e de xuño a decembro.
Desde embarcación: de xaneiro a marzo, de maio a xuño, e de outubro a decembro. Vieira, de xaneiro a decembro.
Plan de ostra da confraría de Ribeira.
Días máximos de extracción: 43.
Puntos de control: lonxa de Ribeira, Coroso.
Puntos de venda: lonxa de Ribeira.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Plan de vieira da confraría de Ribeira.
Días máximos de extracción: 43
Puntos de control: lonxa de Ribeira, Coroso, Insua, Touro, Airó e Castiñeiras.
Puntos de venda: lonxa de Ribeira.
Épocas probables de extracción: xaneiro e decembro.
Plan de ameixa da confraría de Ribeira.
Días máximos de extracción: 106.
Puntos de control: lonxa de Ribeira, Coroso, Insua, Égoas, Touro, Airó e Castiñeiras.
Puntos de venda: lonxa de Ribeira.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro e de outubro a decembro.
Confraría de Aguiño.
Días máximos de extracción: 122.
Puntos de control: Sálvora, Vionta, Rabuda, Noro, praia de Carreira e porto de Aguiño.
Puntos de venda: lonxa de Aguiño.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro e de setembro a decembro.
Sociedade Cooperativa Ltda. Ría de Arousa de Abanqueiro-Boiro:
Días máximos de extracción. A pé, 202; a flote, 160.
Puntos de control: Fontenla e Portomouro.
Puntos de venda: Portomouro.
Épocas probables de extracción:
A pé: de xaneiro a xuño, e de setembro a decembro.
Desde embarcación: de xaneiro a febreiro, de abril a xuño, de agosto a setembro e de novembro a decembro.
Plan de ameixa e berberecho da confraría de Noia.
Días máximos de extracción: 157
Puntos de control: O Freixo, Broña, Picouso, Boa, O Testal, Tabuleiro, San Cosme e Barquiña.
Puntos de venda: lonxas do Freixo e O Testal.
Épocas probables de extracción:
A pé: de xaneiro a abril e de setembro a decembro.
Desde embarcación: de xaneiro a abril e de setembro a decembro.
Plan de ostra da confraría de Noia.
Días máximos de extracción: 36
Puntos de control: portos do Testal e O Freixo.
Puntos de venda: lonxas do Testal e O Freixo.
Épocas probables de extracción: xaneiro e decembro.
Plan de bígaro da confraría de Noia.
Días máximos de extracción: 63
Puntos de control: portos do Testal e do Freixo.
Puntos de venda: lonxas do Testal e do Freixo.
Épocas probables de extracción: de maio a xullo.
Confraría de Muros.
Días máximos de extracción. A pé, 183; a flote, 161.
Puntos de control: Abelleira e Virxe do Camiño.
Puntos de venda: lonxa de Muros, Abelleira e Anido.
Épocas probables de extracción:
A pé: de xaneiro a marzo, xullo e agosto e de outubro a novembro.
Desde embarcación: de xaneiro a marzo, xullo, agosto e de outubro a decembro.
Confraría de Camariñas.
Días máximos de extracción: 96
Punto de control: A Paxariña, Monte da Mina e Ariño.
Puntos de venda: lonxa de Camariñas.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.
Plan de ameixa, berberecho e ostra plana da Agrupación de Mariscadores do Esteiro do Río Anllóns.
Días máximos de extracción: 90
Punto de control e venda: pedras de Cambón.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Plan de bígaro da Agrupación de Mariscadores do Esteiro do Río Anllóns.
Días máximos de extracción: 10
Puntos de control e venda: pedras de Cambón.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Confraría da Coruña.
Días máximos de extracción: 198
Puntos de control e venda: lonxa da confraría en Perillo, Paseo do Parrote.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.
Confraría de Pontedeume.
Días máximos de extracción: 47
Puntos de control: rampla de acceso ó peirao pola zona do paseo marítimo, rampla de acceso ó peirao pola zona da lonxa.
Puntos de venda: lonxa de Pontedeume.
Épocas probables de extracción: xaneiro, novembro e decembro.
Confraría de Miño.
Días máximos de extracción: 99
Puntos de control: O Pedrido, praia e porto de Miño.
Puntos de venda: O Pedrido.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, novembro e decembro.
Confraría de Ares.
Días máximos de extracción: 50
Puntos de control e venda: confraría de Ares.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de xullo a decembro.
Confraría de Mugardos.
Días máximos de extracción: 91
Puntos de control e venda: Casas do Reloxo e A Barca.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.
Plan de ameixa e berberecho a pé da confraría do Ferrol.
Días máximos de extracción: 111
Puntos de control: embarcación de vixilancia e lonxas da Gándara e A Malata.
Puntos de venda: lonxas da Gándara e A Malata.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xullo a decembro.
Plan de ameixa e berberecho desde embarcación da confraría de Ferrol.
Días máximos de extracción: 185
Puntos de control: embarcación de vixilancia e lonxas da Gándara e A Malata.
Puntos de venda: lonxas da Gándara e A Malata.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xullo a setembro, novembro e decembro.
Plan de ameixa e berberecho a pé da confraría de Barallobre.
Días máximos de extracción: 89
Puntos de control: peiraos de Neda, Puntal e Barallobre.
Puntos de venda: lonxa de Barallobre.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xullo a decembro.
Plan de ameixa e berberecho a flote da confraría de Barallobre.
Días máximos de extracción: 185
Puntos de control: peiraos de Neda, Puntal e Barallobre.
Puntos de venda: lonxa de Barallobre.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, de xullo a setembro y de novembro a decembro.
Confraría de Cedeira.
Días máximos de extracción: 38
Puntos de control: O Cubilote e Alfunil.
Puntos de venda: lonxa de Cedeira.
Épocas probables de extracción: xaneiro, abril e de outubro a decembro.
Confraría de Cariño.
Días máximos de extracción: 84
Puntos de control: Fornelos, Puntal e Figueiroa.
Puntos de venda: lonxa de Cariño.
Épocas probables de extracción: febreiro, marzo, abril, outubro, novembro e decembro.
Confraría de Espasante.
Días máximos de extracción: 81
Puntos de control: Ortigueira, Punta Cabalar, Ladrido e Lagarea.
Puntos de venda: lonxa de Ortigueira.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, novembro e decembro.
Plan de ameixa fina e babosa da Confraría do Barqueiro.
Días máximos de extracción: 36
Puntos de control: praia da Lama, cabeceira do peirao de San Fiz, ponte vella, Fabriquín e nos dous peiraos do Barqueiro.
Puntos de venda: lonxa do Barqueiro.
Épocas probables de extracción: xaneiro, marzo, abril, xullo, agosto e decembro.
Plan de bígaro da confraría do Barqueiro.
Días máximos de extracción: 36
Puntos de control: praia da Lama, cabeceira do peirao de San Fiz, Ponte Vella, Fabriquín e nos dous peiraos do Barqueiro.
Puntos de venda: lonxa do Barqueiro.
Épocas probables de extracción: xaneiro, marzo, abril, xullo, agosto e decembro.
Plan de ameixa fina e babosa da confraría do Vicedo.
Zona de traballo: de Punta Espiñeira a San Roque.
Días máximos de extracción: 4
Puntos de control: caseta das Negradas.
Puntos de venda: lonxa do Vicedo.
Épocas probables de extracción: abril
Plan de berberecho da confraría do Vicedo.
Zona de traballo: praia de Vilabril.
Días máximos de extracción: 12
Puntos de control: caseta das Negradas.
Puntos de venda: lonxa do Vicedo.
Épocas probables de extracción: abril e de xullo a setembro.
Plan de coquina da confraría do Vicedo:
Zona de traballo: praia de Arealonga e Lombo das Navallas.
Días máximos de extracción: 52
Puntos de control: caseta de Arealonga.
Puntos de venda: lonxa do Vicedo.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, e de outubro a decembro.
2. En todo caso, as especies obxecto de explotación serán exclusivamente aquelas para as que se outorgou a habilitación administrativa.
3. Non obstante o diposto no punto 1 do presente artigo e de acordo co artigo 4.2º do Decreto 423/1993, correspóndelles ós delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura autoriza-la apertura e peche da extracción de marisco nas autorizacións marisqueiras. As entidades titulares dberán solicitar autorización, polo menos 15 días antes da data prevista para o efecto, no plan de explotación.
4. As entidades marisqueiras que non presentaron plan de explotación ou aquelas que o presentaron pero non lles foi, ateranse ó disposto para as zonas de libre marisqueo.
Artigo 2º.-Zonas de libre marisqueo.
1. De acordo co previsto no artigo 5 do Decreto 423/1993, autorízase como norma xeral a extracción de moluscos nas zonas de libre marisqueo, non suxeitas a plan específico desde o 4 de xaneiro ó 31 de marzo e desde o 4 de setembro ata o 31 de decembro.
Non obstante o disposto no parágrafo anterior, exceptúanse as seguintes zonas:
Ría de Vigo: na zona denominada Lousal a vieira poderá extraerse exclusivamente do 1 ó 30 de decembro.
2. Prohíbese durante todo o ano a extracción de mexillón silvestre, en todo o litoral galego, agás resolución expresa da Dirección Xeral de Recursos Mariños.
3. Os cupos de capturas para as zonas de libre marisqueo serán:
Marisqueo desde embarcación:
Vieira: 150 unidades/tripulante/día, cun máximo de 500 unidades por embarcación.
A. fina: 5 kg/tripulante/día cun máximo de 15 kg por embarcación.
A. babosa: 8 kg/tripulante/día cun máximo de 24 kg por embarcación.
A. rubia: 16 kg/tripulante/día cun máximo de 48 kg por embarcación, establecéndose como equivalencia para efectos de topes a relación un kilo/dous kilos entre babosa e rubia.
Especies acompañantes: 25 kg de reloxo tripulante/día e 8 kg carneiro tripulante/día.
Cornicha: 40 kg/tripulante/día cun máximo de 120 kg por embarcación.
Outros moluscos: 30 kg
Marisqueo a pé:
A. fina: 5 kg/mariscador/día.
A. babosa: 8 kg/mariscador/día.
Coquina: 4 kg/mariscador/día.
Outros moluscos: 15 kg/mariscador/día.
Os cupos máximos de captura poderán ser aumentados ou diminuídos pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura dependendo do estado do recurso.
Artigo 3º.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo.
De acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 423/1993, apróbanse os plans de explotación para o ano 1999, relativos a zonas de libre marisqueo, presentados polas entidades marisqueiras que a continuación se relacionan e coas condicións que para cada unha delas se indican:
Plan de ameixa rubia da confraría de Cangas.
Arte: endeño remolcado.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 61.
Puntos de control: no mar, nas zonas de extracción cunha lancha da confraría.
Puntos de venda: lonxa de Cangas.
Épocas probables de extracción: xaneiro, de xullo ó 31 de agosto e decembro.
Plan de ameixa rubia da confraría de Bueu.
Arte: endeño remolcado.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 100.
Puntos de control: no mar nas zonas de extracción.
Puntos de venda: lonxa de Bueu.
Épocas probables de extracción: xaneiro e de agosto ó 30 de decembro.
Confrarías de Redondela, Arcade e Moaña. Organización de Productores e Cultivadores de Marisco Ría de Vigo (O.P.P. 38).
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: desde embarcación, 125; a pé, 130.
Puntos de control:
Para o marisqueo desde embarcación: Bouzas, illa de Toralla, Punta Rodeira, illa dos Ratos, Tirán, enseada de San Simón, e un itinerante en toda a ría para o rastro de vieira.
Para o marisqueo a pé: controis itinerantes en tódalas praias.
Puntos de venda: lonxas de Meira, Santa Cristina de Cobres, Arcade e Cesantes
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de xaneiro ó 31 de marzo e de outubro ó 30 de decembro.
A pé: de xaneiro ó 31 de marzo e de xuño ó 30 de decembro.
Para a vieira as épocas de extracción coincidirán co establecido no artigo 2º da presente orde.
Confraría do Grove.
Días máximos de extracción: desde embarcación: 160.
Puntos de control: na zona de extracción e na lonxa.
Puntos de venda: lonxa do Grove.
Épocas probables de extracción:
Desde embarcación: de xaneiro a decembro.
Confraría de Vilanova de Arousa.
Zona de traballo: zona comprendida entre a liña imaxinaria que une os puntos de Rego do Alcalde,
Lañeiras, Columna da Ponte da Illa de Arousa, Pedra Sartana e Punta Nauxida.
Días máximos de extracción: 29.
Puntos de control e venda: lonxa de Vilanova de Arousa.
Épocas probables de extracción: de outubro a novembro.
Confraría da Illa de Arousa.
Zonas de traballo: a zona de comprendida entre a liña imaxinaria que une punta Carreirón con Cuña Alta e punta Laño con punta Arruda.
Zona este da Illa de Arousa entre a ponte da Illa e Punta Chastelas resultante do acordo das confrarías de pescadores da Illa de Arousa, Vilanova e Cambados do ano 97.
Días máximos de extracción: 119.
Puntos de control: na zona de extracción e lonxa
Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de outubro a decembro.
Confraría do Carril.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 90.
Puntos de control: nas zonas de extracción
Puntos de venda: lonxa do Carril.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo e desde xuño a decembro.
Confraría de Cambados.
Zona de traballo: Galiñeiro, Lañeiras de Fóra e Rego do Alcalde á baliza do Orido, e peirao Meloxo ata As Negreiriñas.
Días máximos de extracción: 251.
Puntos de control: nas zonas de extracción.
Puntos de venta: lonxa de Cambados.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Plan conxunto das confrarías de Pontevedra, Lourizán e Raxó.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 60.
Puntos de control e venda: Placeres, Cabeceira, praia de Lourido, A Reiboá, praia de Padrón, porto e praias de Raxó.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 4 de abril e do 23 de xuño ó 30 de decembro.
Plan da confraría de Aldán.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: desde embarcación, 105. A pé, 67.
Puntos de control: no mar nas zonas de extracción e no porto de Aldán.
Puntos de venda: lonxa de Aldán.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de marzo e de xullo ó 30 de decembro.
Plan conxunto das confrarías de Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa (O Bohído).
Arte que se vai utilizar: raño.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 40.
Puntos de control: especificarase na resolución de apertura.
Puntos de venda: lonxas de Cambados, Vilanova, O Grove e A Illa de Arousa.
Épocas probables de extracción: abril e maio.
Plan de coquina da confraría de Ribeira.
Días máximos de extracción: 44.
Puntos de control: lonxa de Ribeira e praia da Ladeira.
Puntos de venda: lonxa de Ribeira.
Épocas probables de extracción: xullo e agosto.
Plan de vieira da confraría de Aguiño.
Días máximos de extracción: 122.
Puntos de control: Sálvora, Vionta, praia de Carreira, Rabuda e porto de Aguiño.
Puntos de venda: lonxa de Aguiño.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro e de setembro a decembro.
Plan de ameixa da confraría de Aguiño.
Días máximos de extracción: 85.
Puntos de control: Sálvora, Vionto, Noro, praia de Carreira, Rabuda e porto de Aguiño.
Puntos de venda: lonxa de Aguiño.
Épocas probables de extracción: marzo, abril e de xullo a agosto.
Plan conxunto de moluscos das confrarías de Noia, Muros, Portosín e Porto do Son.
Días máximos de extracción: 161.
Puntos de control: portos de Muros, Esteiro, O Testal, O Freixo, Noia, Portosín e Porto do Son.
Puntos de venda: lonxas de Muros, O Testal, O Freixo, Portosín e Porto do Son.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, xullo, agosto e de outubro a decembro.
Plan de vieira da confraría de Muros.
Días máximos de extracción: 58.
Puntos de control e venda: lonjas de Muros, Abelleira e Anido.
Épocas probables de extracción: de outubro a decembro.
Plan conxunto de ameixa fina, coquina e berberecho das confrarías de Lira e O Pindo.
Días máximos de extracción: 150.
Puntos de control: para ameixa e berberecho: estrada do Viso e Pedras Caboas.
Para coquina: Pedras Mariñas e Carrofeito.
Puntos de venda: lonxa de Lira.
Épocas probables de extracción: marzo, abril, xuño, xullo, e de setembro a decembro.
Plan conxunto de ameixa rubia con endeño remolcado das confrarías de Corcubión, Fisterra e O Pindo.
Días máximos de extracción: 43.
Puntos de control e venda: lonxa de Fisterra e porto de Corcubión.
Épocas probables de extracción: xuño e xullo.
Plan de moluscos da confraría da Coruña.
Días máximos de extracción: 198.
Puntos de control e venda: lonxa da confraría en Perillo, e paseo do Parrote.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.
Plan de ameixa fina e babosa da confraría de Sada.
Días máximos de extracción: 48.
Puntos de control e venda: frente a praia de Sada, nos baixos do edificio A Xefa.
Épocas probables de extracción: de xullo a decembro.
Plan de ameixa fina e babosa da confraría de Corcubión.
Días máximos de extracción: 9.
Puntos de control: praia de Cee e porto de Corcubión.
Puntos de venda: porto de Corcubión.
Épocas probables de extracción: marzo, agosto e decembro.
Plan de bígaro da confraría de Corcubión.
Días máximos de extracción: 15.
Puntos de control: praia de Cee e porto de Corcubión
Puntos de venda: porto de Corcubión
Épocas probables de extracción: febreiro, xullo e outubro.
Plan de berberecho da confraría de Corcubión.
Días máximos de extracción: 80.
Puntos de control: praia de Cee e porto de Corcubión.
Puntos de venda: porto de Corcubión.
Épocas probables de extracción: xaneiro a decembro.
Plan de ostra da confraría de Corcubión.
Días máximos de extracción: 3.
Puntos de control: praia de Cee e porto de Corcubión.
Puntos de venda: porto de Corcubión.
Épocas probables de extracción: marzo, xullo e decembro.
Plan de bígaro da confraría de Camariñas.
Días máximos de extracción: 23.
Puntos de control e venda: lonxa de Camariñas.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.
Plan de moluscos da Agrupación de Mariscadores do Esteiro do río Anllóns.
Días máximos de extracción: 50.
Puntos de control e venda: Pedras de Cambón.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Plan de moluscos da Asociación de Mariscadores Fonte de Santa Helena de Baldaio.
Días máximos de extracción: 56.
Puntos de control e venda: Fonte Sta. Helena.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Plan de moluscos da confraría de Ares.
Días máximos de extracción: 30.
Puntos de control e venda: confraría de Ares.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de xullo a decembro.
Plan conxunto de vieira das confrarías de Ares e Pontedeume.
Días máximos de extracción: 45.
Puntos de control: portos de Ares e Pontedeume.
Puntos de venda: confrarías de Ares, Pontedeume e lonxas da Coruña e Ferrol.
Épocas probables de extracción: de xullo a decembro.
Plan de coquina da confraría de Cedeira.
Días máximos de extracción: 65.
Puntos de control: Vilarrube e Casa do Pescador de Cedeira.
Puntos de venda: lonxa de Cedeira.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de setembro a decembro.
Plan de moluscos da confraría de Cariño.
Días máximos de extracción: 84.
Puntos de control: Fornelos, Puntal e Figueiroa.
Puntos de venda: lonxa de Cariño.
Épocas probables de extracción: febreiro, marzo, abril, outubro, novembro e decembro.
Plan de coquina da confraría de Espasante.
Días máximos de extracción: 36.
Puntos de control: praia de Morouzos.
Puntos de venda: lonxa de Ortigueira.
Épocas probables de extracción: xullo, agosto, setembro e outubro.
Plan de bígaro da confraría de Espasante.
Días máximos de extracción: 81.
Puntos de control: Ortigueira, Punta Cabalar, Ladrido e Lagarea.
Puntos de venda: lonxa de Ortigueira.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, marzo, novembro e decembro.
Plan de berberecho da confraría do Vicedo
Zona de traballo: praia de Fomento.
Días máximos de extracción: 6.
Puntos de control e venda: lonxa do Vicedo.
Épocas probables de extracción: xullo e agosto.
Plan conxunto de coquina das confrarías do Barqueiro e do Vicedo.
Días máximos de extracción: 52.
Zona de traballo: Lombo das Navallas.
Puntos de control: caseta de Arealonga, praia de Arealonga e Lombo das Navallas.
Puntos de venda: lonxas do Barqueiro e do Vicedo.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro e de outubro a decembro.
Plan conxunto de coquina das confrarías de Celeiro e O Vicedo.
Zona de traballo: praia de Abrela.
Días máximos de extracción: 10.
Puntos de control: praia de Abrela.
Puntos de venda: lonxas do Vicedo, Celeiro e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: marzo e setembro.
Plan de coquina da confraría de Celeiro.
Zona de traballo: praias de Covas, Sacido, Area, Abrela e Seiramar.
Días máximos de extracción: 12.
Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: abril e decembro.
Plan de ameixa fina e babosa da confraría de Celeiro.
Zona de traballo: canle do río Landro, incluíndo as súas marxes e a praia de Covas.
Días máximos de extracción: 124.
Puntos de control: lonxas de Celeiro e San Cibrao, e zonas de producción.
Puntos de venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: xaneiro a marzo e de outubro a decembro.
Plan de bígaro da confraría de Celeiro.
Zona de traballo: canle do río Landro, incluíndo as súas marxes e praia de Covas.
Días máximos de extracción: 11.
Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e san Cibrao.
Épocas probables de extracción: marzo e de outubro a decembro.
Plan de berberecho da confraría de Celeiro.
Zona de traballo: praias de Area, Covas, Sacido, Seiramar e Abrela, canle do río Landro, incluíndo as súas marxes.
Días máximos de extracción: 3.
Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: decembro.
Plan de ameixa da confraría de Ribadeo.
Zona de traballo: ría de Ribadeo.
Días máximos de extracción: 54.
Puntos de control e venda: lonxa de Ribadeo.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de agosto a decembro.
Plan de coquina e berberecho da confraría de Ribadeo.
Zona de traballo: ría de Ribadeo.
Días máximos de extracción: 20.
Puntos de control e venda: lonxa de Ribadeo.
Épocas probables de extracción: marzo, xullo, agosto e decembro.
Plan de berberecho da confraría de Foz.
Zona de traballo: ría de Foz.
Días máximos de extracción: 70.
Punto de control: zonas de producción.
Puntos de venda: lonxas de Foz, Burela e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.
Plan de bígaro da confraría de Foz.
Zona de traballo: ría de Foz.
Días máximos de extracción: 60.
Puntos de control: zonas de producción.
Puntos de venda: lonxas de Foz, Burela e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, novembro e decembro.
Plan de coquina da confraría de Foz.
Zona de traballo: ría de Foz.
Días máximos de extracción: 70.
Punto de control: zonas de producción.
Puntos de venda: lonxas de Foz, Burela e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de setembro a decembro.
Plan de ameixa fina da confraría de Foz.
Zona de traballo: ría de Foz.
Días máximos de extracción: 80.
Punto de control: zonas de producción.
Puntos de venda: lonxas de Foz, Burela e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de xullo a decembro.
As entidades marisqueiras que presentaron plan de explotación para zonas de libre marisqueo e non lles foi aprobado, ateranse ó disposto as normas establecidas nesta orde.
Artigo 4º
Aquelas embarcacións que conten no seu permiso de explotación coas artes de bou de vara e bou de man, poderán realizar capturas desde o 4 de xaneiro ó 31 de marzo e desde o 2 de novembro ó 31 de decembro e sempre de acordo co previsto no Decreto 424/1993.
Artigo 5º.-Percebe.
De acordo co establecido no artigo 13 do Decreto 423/1993, apróbanse os seguintes plans de explotación do percebe (Pollicepes Cornucopia), coas condicións que se indican:
Confraría da Guarda.
Días máximos de extracción: 130.
Puntos de control: Tío Rincho, Agoeira, Horizonte e lonxa da Guarda.
Puntos de venda: lonxa da Guarda.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.
Confraría de Baiona.
Días máximos de extracción: 150.
Puntos de control: Purrido, porto Castro, Pedra Rubia, porto de Baiona.
Puntos de venda: lonxa de Baiona.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.
Confraría de Cangas.
Días máximos de extracción: 175.
Puntos de control:
Desde embarcación: nas inmediacións da zona de extracción.
Desde terra: na Costa da Vela.
Punto de venda: lonxa de Cangas.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.
Confraría de Bueu.
Días máximos de extracción: 150.
Puntos de control: no mar, nas inmediacións da zona de extracción.
Puntos de venda: lonxa de Bueu.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.
Confraría do Grove.
Días máximos de extracción: 120.
Puntos de control e venda: lonxa do Grove.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de decembro.
Confraría de Portonovo.
Días máximos de extracción: 26.
Puntos de control: nas inmediacións da zona de extracción.
Puntos de venda: lonxa de Portonovo.
Épocas probables de extracción: de xullo a agosto e decembro.
Confraría de Caión:
Días máximos de extracción: 100.
Puntos de control e venda: lonxa de Caión.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a maio e de xullo a decembro.
Confraría de Camelle.
Zona de traballo: vedado de Punta do Boi a Punta Xanteira.
Días máximos de extracción: 170.
Puntos de control: lonxa de Camelle.
Puntos de venda: lonxas de Camelle, Camariñas e A Coruña.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Confraría de Ferrol.
Zona de traballo: vedado de Punta Frouxeira a Punta Marnela.
Días máximos de extracción: 163.
Puntos de control: coche e embarcación da confraría de Ferrol.
Puntos de venda: lonxa.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Confraría de Muxía.
Días máximos de extracción: 170.
Puntos de control e venda: lonxa de Muxía.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Confraría de Malpica:
Días máximos de extracción: 140.
Puntos de control: lancha de vixilancia Illas Sisargas.
Puntos de venda: lonxa de Malpica.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 15 de maio e de xullo a decembro.
Confraría de Corme.
Días máximos de extracción: 144.
Puntos de control: lugares de acceso ás distintas subzonas.
Puntos de venda: lonxa de Corme.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Confraría de Carreira - Aguiño.
Días máximos de extracción: 251.
Puntos de control: Sálvora, Area Basta, Punta Couso, Cabo Corrubedo, Faro de Corrubedo e porto de Aguiño.
Puntos de venda: lonxa de Aguiño.
Épocas probables de extracción:
Zona sur: de xaneiro a maio, e de novembro a decembro.
Zona norte: de maio a outubro.
Confrarías da zona VII.
Días máximos de extracción: 180.
Puntos de control: peirao de Mera, zona da Cadea na Torre en Coruña, Centro Retro e O Portiño.
Puntos de venda: lonxas da Coruña, Ferrol e Cedeira.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Confraría de Camariñas.
Zona de traballo: vedado de punta do Boi á punta Xanteira.
Días máximos de extracción: 170.
Puntos de control e venda: lonxa de Camariñas.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Confraría de Fisterra.
Días máximos de extracción: 190.
Puntos de control: confraría de Fisterra.
Puntos de venda: lonxa de Fisterra e outras.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Confraría de Lira.
Días máximos de extracción: 60.
Puntos de control: peirao e lonxa de Lira.
Puntos de venda: lonxa de Lira.
Épocas probables de extracción desde embarcación: xaneiro, de marzo a agosto e decembro.
Confraría de Cariño.
Días máximos de extracción: 100.
Puntos de control: peirao e lonxa de Cariño.
Puntos de venda: lonxa de Cariño.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Confrarías de Cedeira, Espasante e O Barqueiro.
Zona de traballo: vedada entre Punta Frouxeira e Punta Marnela.
Días máximos de extracción: 144.
Puntos de control e venda: portos/lonxas/rías de Espasante, O Barqueiro e Cedeira.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.
Confraría do Vicedo.
Días máximos de extracción: 82.
Punto de control: zonas de producción.
Punto de venda: lonxa do Vicedo.
Épocas probables de extracción: de marzo a setembro e decembro.
Confraría de Celeiro.
Días máximos de extracción: 100.
Puntos de control: zonas de producción e peiraos de Celeiro e San Cibrao.
Puntos de venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Confraría de San Cibrao.
Días máximos de extracción: 93.
Punto de control e venda: lonxa de San Cibrao.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Confraría de Burela.
Días máximos de extracción: 70.
Punto de control: zona de producción.
Punto de venda: lonxa de Burela.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Confrarías de Ribadeo e Rinlo.
Días máximos de extracción: 66.
Puntos de control: lonxas de Ribadeo e Rinlo.
Punto de venda: lonxa de Ribadeo.
Épocas probables de extracción: de abril a decembro
Artigo 6º.-Outros crustáceos.
1. De acordo co establecido no artigo 14 do Decreto 423/1993, os períodos autorizados en 1999 para a captura doutras especies de crustáceos establécense como segue:
Nécora (Nécora puber): do 4 ó 8 de xaneiro e do 1 de xullo ó 31 de decembro.
Lubrigante (Homarus gammarus): do 1 de xullo ó 31 de agosto.
Santiaguiño (Palinurus arctus): do 1 de xullo ó 31 de agosto.
Lagosta (Palinurus elephas): do 1 de xullo ó 31 de agosto.
Cangrexo (Carcinus maenas): todo o ano.
Conguito (Macropipus corrugatus) e patulate (Macropipus depurador): do 4 de xaneiro ata o 31 de marzo e do 1 de xullo ó 31 de decembro.
Centola (Maia squinado) e boi (Cancer pagurus): establécense dúas zonas:
Zona A.
Desde A Guarda ata Cabo Corrubedo: permítese a extracción desde ó 4 de xaneiro ó 30 de xuño e do 2 de novembro ó 31 de decembro.
Zona B.
Desde cabo Corrubedo ata a desembocadura do río Eo: permítese a extracción desde o 4 de xaneiro ó 30 de xuño e do 1 ata ó 31 de decembro.
Nas zonas sinaladas no anexo I, soamente se poderá extraer desde o 1 de febreiro ata o 30 de xuño.
Artigo 7º.-Equinodermos.
Confraría de Baiona.
Días máximos de extracción: 84.
Puntos de control: no mar, nas inmediacións da zona de extracción.
Puntos de venda: lonxa de Baiona.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.
Confraría de Cangas.
Días máximos de extracción: 80.
Puntos de venda: lonxa de Cangas.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.
Confraría de Portonovo.
Días máximos de extracción: 84.
Puntos de control: no mar, nas inmediacións da zona de extracción e no porto.
Puntos de venda: lonxa de Portonovo.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.
Confraría do Grove.
Días máximos de extracción: 134.
Puntos de control e venda: lonxa do Grove.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.
Confraría de Vigo.
Días máximos de extracción: 116.
Puntos de control: zona de extracción.
Puntos de venda: lonxa de Canido.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de marzo e de outubro ó 30 de decembro.
Confraría da Guarda.
Días máximos de extracción: 70.
Puntos de control: Pedornes, Porto Santa María de Oia, Tío Rincho, explanada Horizonte e Ribel.
Puntos de venda: lonxa da Guarda.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de outubro ó 30 de decembro.
Confraría de Camariñas.
Días máximos de extracción: 124.
Puntos de control e venda: lonxa de Camariñas.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo e de outubro a decembro.
Confraría de Fisterra.
Días máximos de extracción: 143.
Puntos de control: confrarías do Pindo e Fisterra.
Puntos de venda: lonxa de Fisterra e outras.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de outubro a decembro.
Confradía da zona VII.
Días máximos de extracción: 115.
Puntos de control e venda: lonxa da Coruña.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, novembro e decembro.
Confraría de Muxía.
Días máximos de extracción: 141.
Puntos de control e venda: lonxa de Muxía.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de outubro a decembro.
Confraría de Camelle.
Días máximos de extracción: 142.
Puntos de control: porto de Camelle.
Puntos de venda: lonxa de Camelle.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de outubro a decembro.
Confraría de Muros.
Días máximos de extracción: 139.
Puntos de control: porto de Muros e O Ancoradoiro.
Puntos de venda: lonxa da confraría de Muros.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de outubro a decembro.
Confraría de Celeiro.
Días máximos de extracción: 104.
Puntos de control e venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e decembro.
Confraría de San Cibrao.
Días máximos de extracción: 60.
Puntos de control e venda: lonxa de San Cibrao.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril.
Confraría de Burela.
Días máximos de extracción: 60.
Punto de control: zona de extracción.
Punto de venda: lonxa de Burela.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril.
Confrarías de Ribadeo e Rinlo.
Días máximos de extracción: 30.
Puntos de control: lonxas de Ribadeo e Rinlo.
Puntos de venda: lonxa de Ribadeo.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo.
Artigo 8º.-Navalla e longueirón.
Plan de navalla e longueirón da confraría de Cangas.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 185.
Puntos de control: na zona de extracción.
Punto de venda: lonxa de Cangas.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de xullo ó 30 de decembro.
Plan de navalla e longueirón da confraría de Portonovo.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 105.
Puntos de control: na zona de extracción.
Punto de venda: lonxa de Portonovo.
Épocas probables de extracción: do 1 de xuño ó 30 de setembro e do 1 ó 30 de decembro.
Plan de navalla e longueirón da confraría do Grove.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 180.
Puntos de control: na zona de extracción.
Puntos de venda: lonxa do Grove.
Épocas probables de extracción: do 1 de febreiro ó 29 de outubro.
Plan conxunto de navalla e longueirón das confrarías de Pontevedra, Raxó, Lourizán para a praia de Meixal e Combarro.
Días máximos de extracción: 32.
Puntos de control e venda: peirao de Campelo.
Puntos de venda: lonxas autorizadas.
Épocas probables de extracción: de xullo a outubro.
Plan de navalla e longueirón da confraría de Aldán.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 165.
Puntos de control: na zona de extracción.
Puntos de venda: lonxa de Aldán.
Épocas de probables de extracción: de xaneiro ó 29 de abril e de xullo ó 30 de decembro.
Plan de navalla e longueirón da confraría de Vigo.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 120.
Puntos de control: na zona de extracción.
Puntos de venda: lonxa de Canido.
Épocas probables de extracción: de febreiro ó 30 de marzo e de xullo ó 30 de decembro.
Plan de navalla e longueirón da confraría de Bueu.
Arte que se vai utilizar: rastro de navalla.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 70.
Puntos de control e venda: lonxa de Bueu.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro e de outubro ó 30 de decembro.
Plan de navalla e longueirón da confraría de Baiona.
Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.
Días máximos de extracción: 100.
Puntos de control: zona de extracción.
Puntos de venda: lonxa de Baiona.
Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de marzo e de xullo ó 30 de decembro
Plan de navalla e longueirón vello do Barqueiro-Bares.
Días máximos de extracción: 26.
Puntos de control: praia da Lama, cabeceira do porto de San Fiz, Ponte Vella, Fabriquín e nos dous portos do Barqueiro.
Puntos de venda: lonxa do Barqueiro
Épocas probables de extracción: xullo, agosto e setembro.
Plan de navalla e longueirón da confraría de Fisterra.
Zona de traballo: vedada, zona de Estorde e O Sardiñeiro.
Días máximos de extracción: 150.
Puntos de control e venda: lonxa de Fisterra.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril e de xullo a decembro.
Plan de navalla e longueirón da confraría de Cabo de Cruz.
Días máximos de extracción: 41.
Puntos de control: Barraña, Chazo e Mañóns.
Puntos de venda: nave provisional para lonxa de Cabo de Cruz.
Épocas probables de extracción: abril e maio.
Plan de navalla e longueirón da confraría da Pobra do Caramiñal.
Días máximos de extracción: 40.
Puntos de control: Areal, Pozo e Friscos.
Puntos de venda: lonxa municipal.
Épocas probables de extracción: abril e maio.
Plan de navalla e longueirón en zonas de autorización e libre marisqueo da confraría de Ribeira.
Días máximos de extracción: 70.
Puntos de control: lonxa de Ribeira, Coroso e Touro.
Puntos de venda: lonxa de Ribeira
Épocas probables de extracción: de xuño a setembro.
Plan de navalla e longueirón en zonas de autorización e libre marisqueo da confraría de Carreira-Aguiño.
Días máximos de extracción: 109.
Puntos de control: praia de Carreira e porto de Aguiño.
Puntos de venda: lonxa de Aguiño.
Épocas probables de extracción: de maio a setembro.
Plan de navalla e longueirón da confraría de Corcubión.
Zona de traballo: vedada en zona de Estorde e O Sardiñeiro.
Días máximos de extracción: 20.
Puntos de control: praia do Ézaro, porto de Corcubión.
Puntos de venda: porto de Corcubión.
Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, outubro e novembro.
Plan de navalla e longueirón da confraría de Camariñas.
Días máximos de extracción: 28.
Puntos de control e venda: lonxa de Camariñas.
Épocas probables de extracción: maio, xullo, agosto e setembro.
Plan de navalla e longueirón da confraría de Muxía.
Días máximos de extracción: 130.
Puntos de control e venda: lonxa de Muxía.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Plan de navalla e longueirón da confraría de Miño.
Días máximos de extracción: 40.
Puntos de control: lonxa do Pedrido, praia Pequena, porto de Miño, O Penedo-Fiobre.
Puntos de venda: lonxa do Pedrido, praia Pequena, porto de Miño.
Épocas probables de extracción: abril, xullo, agosto, setembro e outubro.
Plan de navalla e longueirón da confraría de Cedeira.
Días máximos de extracción: 38.
Puntos de control: Casa do Pescador de Cedeira.
Puntos de venda: lonxa de Cedeira.
Épocas probables de extracción: de febreiro a agosto.
Plan de navalla e longueirón das confrarías de Lira e O Pindo.
Días máximos de extracción: 146.
Puntos de control: praia de Carnota e lonxa de Lira.
Puntos de venda: lonxa de Lira.
Épocas probables de extracción: marzo e abril, e de xuño a outubro.
Plan de navalla e longueirón da Agrupación de Mariscadores Fonte de Santa Helena de Baldaio.
Días máximos de extracción: 15.
Puntos de control e venda: Fonte de Santa Helena.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a decembro.
Plan de longueirón vello da confraría do Vicedo.
Zona de traballo: de Punta Espiñeira a San Roque.
Días máximos de extracción: 30.
Punto de control: caseta das Negradas.
Punto de venda: lonxa do Vicedo.
Épocas probables de extracción: marzo, abril, e de xullo a setembro.
Plan de longueirón da confraría do Vicedo.
Zona de traballo: praia de Arealonga e Lombo das Navallas.
Días máximos de extracción: 16.
Punto de control: caseta de Arealonga.
Punto de venda: lonxa do Vicedo.
Épocas probables de extracción: abril, maio, agosto e setembro.
Plan de longueirón das confrarías do Vicedo e do Barqueiro.
Zona de traballo: Lombo das Navallas.
Días máximos de extracción: 16.
Punto de control: praia de Arealonga, caseta de Arealonga e Lombo das Navallas.
Puntos de venda: lonxas do Vicedo e do Barqueiro.
Épocas probables de extracción: abril, maio, agosto e setembro.
Plan de longueirón da confraría de Celeiro.
Zona de traballo: praias de Area, Covas, Sacido, Seiramar e Abrela.
Días máximos de extracción: 29.
Puntos de control: lonxas de Celeiro e San Cibrao, e zonas de producción.
Puntos de venda: lonxas de Celeiro e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a marzo, e de setembro a decembro.
Plan de longueirón da confraría de Foz.
Zona de traballo: ría de Foz.
Días máximos de extracción: 70.
Punto de control: zonas de producción.
Puntos de venda: lonxas de Foz, Burela e San Cibrao.
Épocas probables de extracción: marzo, maio, e de xullo a novembro.
Plan de longueirón da confraría de Ribadeo.
Zona de traballo: ría de Ribadeo.
Días máximos de extracción: 72.
Punto de control e venda: lonxa de Ribadeo.
Épocas probables de extracción: de xaneiro a abril, e de agosto a decembro.
Artigo 9º.-Caracola.
Confraría de pescadores de Lira.
Días máximos de extracción: 124.
Puntos de control: porto e lonxa de Lira.
Punto de venda: lonxa de Lira.
Épocas probables de extracción: de xullo a decembro.
Artigo 10º.-Algas.
Segundo o disposto no artigo 16 do Decreto 423/1993, apróbanse os plans de extracción presentados polas confrarías e empresas que se relacionan a continuación.
Confraría de pescadores de Cangas.
Confraría de pescadores de Camelle.
Algamar, C.B.
Hispanagar, S.A.
Algas de Galicia, S.L.
Compañía Española de Algas Marinas, S.A.
Conservas y Ahumados Lou, S.L.
ALDECA.
De acordo co establecido no artigo 4 do decreto citado, deberá solicitarse ante o delegado territorial, cunha antelación mínima de 15 días, autorización para desenvolve-la actividade extractiva.
Disposicións adicionais
Primeira.-As solicitudes a que se refiren os artigos 4 e 8 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, axustaranse ós modelos que figuran como anexos (II, III e IV) da presente orde.
Segunda.-Os rastros remolcados, definidos nos artigos 120 a 123 do regulamento da actividade pesqueira, das artes e aparellos permisibles en Galicia, aprobado polo Decreto 424/1993, do 17 de decembro, no seu capítulo X, só poderán capturar un 10% de especies acompañantes sempre e cando as ditas especies non estean sometidas a un plan específico aprobado pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Terceira.-Segundo o disposto no artigo 2.1º do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que
se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, a extracción de marisco e a recolección de algas en augas da Comunidade Autónoma de Galicia só poderá ser exercida polas persoas e embarcacións que estean en posesión do preceptivo permiso de explotación, e non serán recoñecidas como válidas aquelas autorizacións emitidas polas propias entidades marisqueiras.
Cuarta.-Con carácter xeral autorízase a extracción de moluscos bivalvos as vésperas de festivos durante todo o ano 1999, sempre e cando o estado dos recursos o permita.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Os plans de explotación presentados polas entidades marisqueiras que serviron de base para a presente orde estarán dispoñibles nos servicios centrais, delegacións territoriais e comarcais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, así como na sede central das entidades responsables destes.
Segunda.-Autorízase o director xeral de Recursos Mariños para o desenvolvemento da presente orde, que entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1998.
Amancio Landín Jaráiz
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura
ANEXO I
- Ría do Barqueiro: dentro da liña imaxinaria trazada entre Punta Cova Baixa e Punta do Santo.
- Ría de Viveiro: zona interna da liña imaxinaria trazada entre Punta do Cabalo e a Punta Morago.
- San Cibrao: dentro da liña imaxinaria formada pola punta Rompeolas do dique norte de Alúmina e a punta oeste do illote A Anxuela.
- Burela: dentro da liña imaxinaria trazada entre Punta de Cabo Burela a Faro Pedra e de Faro Pedra a Punta Areoura.
- Nois: demora NE Punta Nois a demora NE no extremo oeste da praia de Arealonga.
- Foz: entre as demoras N e NE de Portovello en fondos inferiores a sete brazas.
- Gahito: demora N Punta Promontorio a N illa Moledo, en fondos inferiores a sete brazas.
- Rinlo: demora N Punta Corbeira/N Punta Leixón, en fondos inferiores a sete brazas.
- Ribadeo: demora N Punta Piñeira/N illote Corva en fondos inferiores a sete brazas.
- Enseada de Santa Marta ou de Cariño: a zona comprendida entre Punta Espasante e Punta O Seixo.
- Cedeira: a zona comprendida entre Punta Castrelo e Punta de Sarridal.
11803