Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.920

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de outubro de 2000 pola que se suprimen e se modifican centros públicos de educación infantil e primaria e centros públicos integrados no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Examinados os expedientes e os correspondentes informes das delegacións provinciais desta consellería na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Tendo en conta o artigo 31 do Estatuto de autonomía e que o artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23), establece que lle corresponde á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a competencia en materia de educación.

Esta consellería, por proposta das direccións xerais de Persoal e a de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-la composición xurídica dos colexios rurais agrupados que figuran no anexo I.

Recoñéceselle ó profesorado afectado, os dereitos da Orde do 23 de xullo de 1991 (DOG do 19 de agosto).

Segundo.-Suprimi-las escolas fogar que figuran no anexo II.

Terceiro.-Suprimi-los centros públicos, catalogados con 1 unidade, e o EEI da Moureira-Meira (Moaña) e o EEI do Covelo (O Porriño), catalogados con dúas unidades, relacionados no anexo III.

Recoñéceselle ó profesorado afectado os dereitos da Orde do 23 de xullo de 1991 (DOG do 19 de agosto).

Cuarto.-Modifica-la composición xurídica dos centros públicos que figuran no anexo IV.

Quinto.-Modifica-la composición xurídica dos centros públicos integrados relacionados no anexo V.

Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria