Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 179/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

«A liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 337 m de lonxitude, coa orixe na liña Buño-Corme (expediente 31039) e final no C.T. Aldeola, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Aldeola, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 450 m de lonxitude. Co fin de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Aldeola. No termo municipal de Malpica de Bergantiños. (Expediente 179/2000)».

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 28 de setembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 179/2000Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T. e R.B.T. AldeolaTermo municipal: Malpica de Bergantiños

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1PedramouraPradoMª Carmen Caamaño ReigiaCeán-San Cristovo de Cerqueda, s/n, 15112 Malpica1260570

2PedramouraMonte altoJesús L. Suárez VarelaCeán-San Cristovo de Cerqueda, s/n, 15112 Malpicaestimado30

3PedramouraMonte baixoElisa Mª Rama IglesiasCeán-San Cristovo de Cerqueda, s/n, 15112 Malpica22352

4PedramouraMonte baixoJosé Outeiro GarcíaCeán-San Cristovo de Cerqueda, s/n, 15112 Malpica696

5PedramouraMonte baixoCesáreo Outeiro GarcíaCeán-San Cristovo de Cerqueda, s/n, 15112 Malpica696

6PedramouraMonte altoRepr.: Alfredo Outeiro Lema

Cerámicas el Progreso, S.A.

Barreira-Buño, 2, 15111 Malpica26416

7PedramouraMonte altoJosé M. Pérez RodríguezAgro do Río, 94,

15112 Malpica

31496

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

8PedramouraPradoLuis Lema ChouciñoPasacondias-San Cristovo de Cerqueda, s/n, 15112 Malpica2216160

9PedramouraPradoJosé R. Novo VeigaAldeola-San Cristovo de Cerqueda, s/n, 15112 Malpica20200

10PedramouraPradoJosé Blanco VarelaAldeola-San Cristovo de Cerqueda, s/n, 15112 Malpica47470

11Agro de AforaPradoJaime García FernándezLagoa-San Cristovo de Cerqueda, s/n, 15112 Malpica26260

12Agro de AforaLabradíoJosé Costa VeigaAldeola-San Cristovo de Cerqueda, s/n, 15112 Malpica20200

13Agro de AforaLabradíoMª Carmen Mandía VeigaCerqueda-San Cristovo de Cerqueda, s/n, 15112 Malpica42400

14Agro de AforaLabradíoBaldomero Reigia CoteloSerantes do Medio-Oza, s/n, 15107 CarballoC.T.61050