Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 28 de setembro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas e pregos de cargos de expedientes sancionadores.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a apertura e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que consideren pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, r/ Palma, 4.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000612-5.

Denunciado: Elpidio Rodríguez Vázquez.

DNI: 35.425.764.

Enderezo: Chasan 6, A Illa de Arousa.

Vigo, 28 de setembro de 2000.

José Carlos Mata Domínguez

Instructor da Delegación Territorial de Vigo