Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Convócase o concurso para a adxudicación da seguinte obra conforme o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares:

Obxecto: a adxudicación da obra de acceso ós núcleos de A Eirexe e Abuín (Dena). Prazo de execución: catro meses desde a data de formalización do contrato. Tipo de licitación: 10.198.451 pesetas, IVE e honorarios de redacción de proxecto incluídos. Capacidade para contratar: cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación. Obtención de documentación e

información: Concello de Meaño, r/ Campo da Feira, nº 1, Meaño, CP 36968, teléfono: 986 74 71 02. Presentación de proposicións. Lugar e prazo: no rexistro xeral do concello das 9 ás 13.30 horas, no prazo de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no DOG. Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego e segundo o modelo de proposicións contido na 19. Apertura de proposicións: a mesa de contratación reunirase ás 13 horas do día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de proposicións. Gastos de publicación: serán por conta do adxudicatario. Tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma: concurso.

Meaño, 2 de outubro de 2000.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde