Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/107-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Eléctrica de Castro Caldelas, S.L.

Domicilio social: Galera, 1, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T., Vilanova-Ponte.

Situación: Barrio da Pena-Castro Caldelas.

Descricións técnicas: liña aérea-soterrada a 20 kV de 350 m de lonxitude. Con orixe no apoio nº 5 da L.M.T. ó polígono industrial A Rasa, e remata no C.T. proxectado en caseta prefabricada no Barrio da Pena con 250 kVA, R/T, 20.000/380-220 V. Saída soterrada da rede de baixa tensión.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 30 de maio de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense