Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN de 6 de xuño de 2002 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Racc Viajes, sita na Gran Vía, 39, de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia de Josep Mateu Negre, na súa calidade de representante legal de Sociedade Anónima Racc, titular da axencia de viaxes Racc Viajes, do grupo maiorista-retallista, con GC-34-MD e casa central na avda. Diagonal 687 de Barcelona en solicitude de autorización de apertura dun novo establecemento na Gran Vía 39 de Vigo (Pontevedra).

Resultando que coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado decreto para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, a Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Racc Viajes, con GC-34-MD, do grupo maiorista-retallista, con casa central na avda. Diagonal 687 de Barcelona, da que

é titular Sociedad Anónima Racc, a apertura dun novo establecemento na Gran Vía 39 de Vigo (Pontevedra), que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. Esta axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Todo o anterior sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo