Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.551

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a adquisición de equipos informáticos para delegacións provinciais e para a Dirección Xeral de Xuventude.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguiente contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 30/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de equipos informáticos para delegacións provinciais e para a Dirección Xeral de Xuventude.

b) Número de unidades que hai que entregar:

c) División por lotes e número:

d) Lugar de entrega: delegacións provinciais e Dirección Xeral de Xuventude.

e) Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemiento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemiento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 90.000 A.

5. Garantía provisional.

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: información administrativa: Pedrosa 981 54 46 80. Información técnica: Lustres 981 54 56 51.

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata finaliza-lo prazo de presentación de proposicions.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Algún dos establecidos nos artigos 16 a 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, no que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracions públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas xuntarase, grampado no exterior do sobre nº 1, o certificado do mencionado rexistro.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

(ou na forma establecida no punto 5.2 do prego de claúsulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: décimo día hábil seguinte ó de remata-lo prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 10.30 horas.

10. Outras informacions.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso).

13. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacions relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1443

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2002.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude