Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da asistencia técnica para a delimitación, deslinde e amolloamento do dominio público hidráulico en 13,50 km do río Anllóns (Concello de Carballo e outros-A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.088.180/AT.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a delimitación, deslinde e amolloamento do dominio público hidráulico en 13,50 km do río Anllóns (t.m. Carballo e outros-A Coruña).

b) División por lotes e número: non hai división.

c) Lugar de execución: provincia da Coruña.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): vintecatro (24).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: douscentos catorce mil catrocentos setenta e seis euros con oitenta e oito céntimos (214.476,88).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95.

e) Telefax: 981 54 19 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 29 de xullo de 2002.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 16.1º, punto a, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño). A solvencia técnica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 19, puntos b, c e e, da mesma lei.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 29 de xullo de 2002, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciar ó órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ó concurso.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 26 de agosto de 2002.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de adxudicación.

Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (documentación persoal) o día 19 de agosto de 2002, ás 10 horas, na sala de xuntas de Augas de Galicia.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2002.

Francisco José Pan-Montojo González

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia