Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do concello con data do 23 de maio de 2002 adoptou o seguinte acordo:

Aprobación do proxecto de urbanización da rúa de nova apertura prevista polas normas subsidiarias municipais na U.A. 2 (Montero Ríos-Matilde Bares).

Visto o expediente tramitado para a aprobación do proxecto de urbanización da rúa de nova apertura prevista polas normas subsidiarias municipais na U.A. 2, así como nas zonas urbanas de Matilde Bares e Montero Ríos, redactado polo arquitecto Celestino García Braña e cun orzamento final de 120.848.785 pesetas.

Visto o informe de secretaría emitido ó respecto.

Resultando a non presentación de alegacións no prazo legalmente aplicable, logo da publicación de anuncios no BOP, DOG e periódico de maior tirada da provincia, así como incluso coa notificación persoal do acordo de aprobación inicial ós propietarios afectados.

A comisión, por unanimidade dos seus membros, acorda:

-Aprobar definitivamente o devandito proxecto de urbanización.

-A publicación deste acordo no BOP e no DOG, xunto co seu réxime de recursos, así como o seu traslado persoal ós propietarios afectados.

-Estenderanse dilixencias no propio proxecto relativas a esta aprobación definitiva.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contados desde o seguinte ó da súa notificación (arts. 10 e 46 da Lei 29/1998).

Non obstante e con carácter potestativo, poderá interpor con anterioridade recurso de reposición ante o propio órgano autor desta resolución no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación (art. 116 da Lei 30/1992). Contra a resolución deste último recurso non poderá interpoñerse de novo recurso de reposición. O recurso de reposición entenderase desestimado por silencio administrativo transcorrido 1 mes desde a súa presentación sen producirse notificación de resolución ó respecto (art. 117 da Lei 30/1992).

Contra a desestimación do recurso de reposición poderá interpoñerse o devandito recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, de se-la desestimación do recurso expresa. Para o caso sinalado de entenderse desestimado por silencio administrativo, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo será de 6 meses contados a partir do día seguinte ó que se entende desestimado por silencio (art. 46 da Lei 29/1998).

Todo iso sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que estime máis procedente e sexa conforme a dereito.

Bueu, 30 de maio de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde