Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei de expropiación forzosa, faise público que o Pleno da Corporación Municipal, en sesión levada a cabo o día 10 de maio de 2002, acordou desestima-las alegacións formuladas por Bienvenida Martínez Bouzó contra o expediente de expropiación para a execución do proxecto apertura e urbanización correspondente á prolongación da rúa O Castañal; prestarlle aprobación definitiva ó devandito proxecto redactado polo enxeñeiro técnico municipal no que consta a relación de bens e dereitos afectados, así como a súa valoración, sendo unha única afectada, Bienvenida Martínez Bouzó, cunha superficie afectada de 265,11 m valorándose en 15.906,60 euros. Dado o carácter definitivo deste acordo, procederase a tramita-lo expediente de prezo xusto de forma separada e individualizada.

Ponteareas, 21 de maio de 2002.

María Nava Castro Domínguez

Alcaldesa