Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión levada a cabo o día 4 de xuño de 2002, prestou aprobación inicial ó reformado do estudio de detalle para a ordenación dos volumes e fixación das aliñacións e rasantes dun predio situado na avenida Fernández de la Mora, segundo petición de Rudesindo Estévez Vázquez, en representación de Promociones Pedra Piñeira-Aislagrán, S.L., de conformidade co proxecto técnico redactado polo arquitecto José Míguez León.

O expediente sométese á exposición pública polo prazo dun mes, para efectos de reclamacións.

Ponteareas, 13 de xuño de 2002.

Juan Carlos González Carrera

Alcalde accidental