Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.670

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de decembro de 2002 pola que se modifica a do 18 de novembro de 2002 pola que se establecen medidas transitorias e urxentes para facer fronte ás consecuencias do accidente do buque Prestige.

Advertidos erros na orde publicada no DOG nº 235, do 5 de decembro de 2002, é necesario face-la seguinte rectificación:

Na páxina 16.857, artigo 1º, terceiro, onde di: «...modifícase o penúltimo parágrafo do artigo 4º...», debe dicir: «... modifícase o penúltimo parágrafo do artigo 3º...».