Visto o expediente tramitado e tendo en conta os seguintes
Fundamentos de feito:
1. O 29 de outubro de 2002 foi publicada no DOG nº 216 a Orde do 29 de outubro de 2002 pola que
se abría o prazo para a presentación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos singulares, establecendo na súa disposición adicional o prazo dun mes para a presentación das ditas solicitudes, a partir do día seguinte ó da publicación da orde.
2. Durante o referido prazo dun mes presentaron solicitudes os promotores que se relacionan a continuación.
Parques eólicos singulares
Concellos Provincia Parque Pot. (MW)
A Baña A Coruña PES da Baña 3
A Cañiza Pontevedra PES da Cañiza 3
A Gudiña Ourense PES da Gudiña 3
A Mezquita Ourense PES A Mezquita 3
A Peroxa Ourense PES A Peroxa 3
A Veiga Ourense
Abadín Lugo PES de Abadín 2,6
Arbo Pontevedra PES de Arbo 3
Arteixo A Coruña PES de Arteixo 3
As Neves Pontevedra PES das Neves 3
Avión Ourense PES de Avión 2,6
Barreiros Lugo PES Barreiros 3
Beariz Ourense PES de Beariz 1,3
Boborás Ourense PES Boborás 2,55
Boiro A Coruña PES de Boiro 3
Camariñas A Coruña PES Camariñas 2,6
Cariño A Coruña PES Cariño 3
Carnota A Coruña PES de Carnota 2,6
Castro Caldelas Ourense PES de Castro Caldelas 3
Catoira A Coruña PES de Fontevecha 3
Cedeira A Coruña PES Cedeira 3
Celanova Ourense PES de Celanova 2,55
Cerceda A Coruña PES Cerceda 3
Cerdedo Pontevedra PES de Cerdedo 3
Chandrexa de Queixa Ourense PES de Chandrexa de Queixa 3
Coirós A Coruña PES Coirós 2,6
Coristanco A Coruña PES Coristanco 3
Covelo Pontevedra PES do Covelo 3
Esgos Ourense
Forcarei Pontevedra PES de Forcarei 3
Friol Lugo PES de Friol 3
O Incio Lugo PES do Incio 2,4
Irixoa A Coruña PES Irixoa 2,6
Lalín Pontevedra PES de Lalín 3
A Laracha A Coruña PES Laracha 3
Lobeira Ourense PES de Lobeira 3
Lourenzá Lugo PES de Lourenzá 3
Lousame A Coruña PES de Lousame 3
Malpica de Bergantiños A Coruña PES Malpica
Mañón A Coruña PES de Mañón 3
Melide A Coruña PES de Melide 3
Mesía A Coruña PES de Mesía 2,6
Mondoñedo Lugo PES de Mondoñedo 3
Montederramo Ourense
Monterroso Lugo PES de Monterroso 3
Muras Lugo PES de Muras 3
Muros A Coruña PES de Muros 2,6
Nogueira de Ramuín Ourense
O Irixo Ourense PES O Irixo 2,6
O Pino A Coruña PES do Pino 3
Outes A Coruña PES de Outes 3
Padrón A Coruña PES Padrón 3
Parada de Sil Ourense
Piñor de Cea Ourense PES de Piñor 3
Concellos Provincia Parque Pot. (MW)
A Pobra do Caramiñal A Coruña PES da Pobra do Caramiñal 3
Ponteceso A Coruña PES Ponteceso 3
Porto do Son A Coruña PES Porto do Son 3
Ramirás Ourense PES de Ramirás 2,6
Rianxo A Coruña PES de Rianxo 3
Ribadeo Lugo PES de Ribadeo 3
Ribeira A Coruña PES Ribeira 3
Riós Ourense PES de Riós 3
Rodeiro Pontevedra PES de Rodeiro 3
San Cristovo de Cea Ourense PES Monte de Ceo 3
San Sadurniño A Coruña PES de San Sadurniño 3
Taboada Lugo PES de Taboada 3
Toques A Coruña PES de Toques 1,3
Tordoia A Coruña PES de Tordoia 3
Trabada Lugo PES de Trabada 3
Trazo A Coruña PES Trazo 3
Val do Dubra A Coruña PES do Val do Dubra 3
Valga Pontevedra
Verea Ourense PES de Verea 2,55
Vigo Pontevedra 1
Vila de Cruces Pontevedra PES de Vila de Cruces 3
Vilarmaior A Coruña PES Catasol 2,6
Vimianzo A Coruña PES O Barrigoso 3
Viveiro Lugo PES Viveiro 3
Xunqueira de Espadanedo Ourense PES de Xunqueira de Espadanedo 3
Distribuidoras Concello Parque Pot. (MW)
Central Eléctrica Maceira, S.L. Covelo PES de Fofe 3
Distribuidora Eléctrica de Melón, S.L. Melón PES de Melón 0,8
Eléctrica de Castro Caldelas Castro Caldelas PES de Castro Caldelas 0,66
Eléctrica Los Molinos, S.L. Ponte Caldelas PES A Fracha 3
Hidroeléctrica de Arnego, S.L. Agolada PES Agolada 0,66
Hidroeléctrica de Silleda, S.L. Forcarei PES Campo das Cruces 2,55
Hidroeléctrica Laracha, S.L. A Laracha PES Peña Galluda II 3
Multiservicios Electra, S.L. Santa Comba PES Barilongo 3
Multiservicios Udesa, S.L. Mesía PES Mesía 3
Saltos de Oitavén, S.L. A Lama PES Monte do Ceo 2,55
San Miguel 2000, S.L. Quintela de Leirado PES Quintela de Leirado 0,85
Sociedad Eléctrica de Cabalar As Pontes de Gª Rodríguez PES de Cabalar 0,66
Sociedad Electricista de Tui, S.L. Gondomar PES Alto das Pereiras 3
Empresas Concello Parque Pot. (MW)
Aglomerados ECAR, S.A. Mondoñedo PES Pico da Roca 3
Aluminios Padrón, S.A. Padrón PES Pena das Cruces 3
Campo Brick, S.L. Mesía PES de Campo Brick 3
Canarga, S.L. Carral PES Canarga 1,3
Caolines de Vimianzo, S.L. Vimianzo PES Caolines de Vimianzo 3
Complejo Turismo Rural de Vilanova Mesía PES Complejo Turismo Rural de Vilanova 1,3
Costiña, S.L. e Maderas Eladio Lorenzo, S.A. Mondoñedo PES Cabana Vella 2,6
Cultivos Marinos Juan Fernández Ribeira PES Cultivos Marinos Juan Fernández 0,6
Emalcsa A Coruña PES de Nostián 2,4
Epifanio Campo, S.L. A Laracha PES Epifanio Campo, S.L. 3
Hormigones Lucenses, S.A. Samos PES Hormigones Lucenses, S.A. 3
Empresas Concello Parque Pot. (MW)
Inditex Arteixo PES Inditex 0,85
Insuíña, S.L. Santa Mª de Oia PES de Insuíña 1,5
Maderas Villapol, S.A. Lourenzá PES Augas Santas 2,6
Ponciano Nieto González Construcciones Negreira PES Ponciano Nieto González Construcciones 3
Propietarios do Monte Frieiró Cervantes PES Monte Frieiró 0,8
Quintastone Padrón PES de Angoeira 2
Renovart Comunicación Vigo PES Renovart 0,33
Siderúrgica Añón, S.A. A Laracha PES Siderúrgica Añón 3
Top Wash, S.L. Arteixo PES Top Wash, S.L. 0,75
3. O Consello da Xunta de Galicia, o 19-12-2002, acordou darlle carácter preferencial á instalación de parques eólicos singulares nos concellos do litoral afectado polos vertidos do Prestige.
4. Con data do 2 de xullo de 2003, DOG nº 131, publicouse a orde do conselleiro de Innovación, Industria e Comercio pola que se ampliaba o número de MW que se van outorgar a 50.
5. Oído o Inega en cumprimento do establecido no artigo 17 do Decreto 302/2001.
Tendo en conta os seguintes
Fundamentos de dereito:
1. A Consellería de Innovación, Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, Decreto 302/2001, do 25 de outubro.
2. A Orde do 29 de outubro de 2002 establece no seu artigo 6 a documentación necesaria para lle xuntar á solicitude; algunha desta documentación devén absolutamente imprescindible co obxecto dunha correcta aplicación dos criterios de valoración que, en definitiva, determinarán cáles das instalacións serán admitidas a tramitación.
Así, as medidas eólicas e a súa xustificación por un período determinado realizadas na zona do parque son un requisito de esencial cumprimento para coñecer cun mínimo grao de fiabilidade se o futuro parque alcanzaría unha producción de 2.400 horas anuais, que se establece como producción mínima para asegurar unha adecuada eficacia desa instalación.
Por iso, aquelas solicitudes que nin sequera probasen a realización das mediacións en si mesmas foron desestimadas no proceso de selección.
3. Por outra banda, no exame dos criterios de valoración en cada solicitude devén como requisito necesario e ineludible a garantía de existencia de interconexión á rede eléctrica de distribución, xa que debe asegurarse, por unha parte, a producción eficiente do parque e, por outra, evitar calquera ameaza de colapso no sistema.
Para estes efectos constan no expediente informe das entidades distribuidoras, no que se fan consta-las distintas posibilidades de evacuación en cada un dos nós da rede, tendo en conta as solicitudes presentadas.
Iso levou consigo que, nalgúns casos, a potencia para desenvolver no proxecto seleccionado tivese que ser recortada debido ás limitacións existentes na rede.
Neste caso encóntranse os concellos de Arteixo e A Laracha que, ó evacuar a un mesmo punto xa de por si saturado, deben recorta-la potencia para desenvolver nos seus proxectos, ou o Concello de Padrón.
Nunha situación análoga encóntrase o Concello de Cea, posto que a distancia do posible punto de evacuación de 3 MW faría inviable o parque, polo que se opta por outorgar 2 MW nun punto moito máis preto.
En canto ás Pemes distribuidoras, óptase por lles dar unha potencia unitaria ás solicitudes presentadas.
4. Así mesmo, na selección das solicitudes nesta convocatoria xogou un papel determinante o mandato inserido no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19-12-2002, no que se establece a preferencia daquelas solicitudes de parques eólicos singulares nos concellos do litoral afectados polos vertidos do Prestige.
Tendo en conta esta circunstancia, débese indicar que o número de solicitudes, e en concreto a suma de megawatios solicitados, excedería en moito a potencia ofertada de 25 MW.
Por iso e para non facer ilusoria a posibilidade de implantación e desenvolvemento de proxectos noutros espacios da Comunidade Autónoma galega, decidiuse amplia-la potencia para ofertar mediante Orde do 2 de xullo de 2003.
Desta forma presérvase o mandato do Consello da Xunta de Galicia e á vez non se descartan parques con características e previsións óptimas que, doutra forma, deberían esperar a unha posterior convocatoria, debéndose sinalar que en primeiro lugar se tivo en conta para a selección a circunstancia anterior.
5. Tamén terá que facerse mención que naqueles municipios nos que o autoconsumo non chega ó 10% da potencia solicitada se proceden a adecua-la potencia para instalar a ese parámetro, como é o caso do Concello de Mañón; e nos concretos supostos das solicitudes presentadas pola empresa Caolines
de Vimianzo e o Concello de Camariñas, non se computan os MW concedidos no global ó non incrementarse a potencia vertida á rede, ó solicita-la primeira empresa o parque en substitución dunha coxeración da súa titularidade; e á segunda cédenselle por parte dunha promotora eólica (Unión Fenosa Energías Especiales) megawatios outorgados no seu plan.
Ademais, débese sinalar que unha gran cantidade de proxectos non especifica de forma definitiva o tipo de aeroxerador que se instalará na infraestructura, o que pode dar lugar a variacións na potencia final a que se instale; por iso na resolución se estipula a potencia máxima que se poderá desenvolver.
6. Tendo en conta a potencia outorgada a concellos na zona Prestige intentouse facer unha distribución da potencia sobrante entre os restantes subtipos: municipios fóra da zona Prestige, industrias e Pemes distribuidoras; en canto a estes dous últimos, establécese unha potencia máxima xenérica que outorgar de 2,55 MW por solicitude, co obxecto de atender un maior número sen compromete-la viabilidade económica do proxecto presentado.
Con respecto ós concellos, procurouse realizar unha selección, respectando sempre os criterios xerais expostos nos anteriores fundamentos, que inclúa unha representación territorial das catro provincias galegas, primando a de Ourense pola súa ausencia na distribución de parques dentro das outras modalidades.
Polo exposto,
RESOLVO:
Autoriza-la iniciación do procedemento administrativo de autorización das seguintes solicitudes de parques eólicos singulares:
Concellos zona Prestige
Potencia máxima en MW
Arteixo 2
Barreiros 3
Carnota 2,6
Mañón 1,5
Muros 2,6
A Laracha 1,6
Outes 3
Ponteceso 3
Vimianzo 3
Viveiro 3
Outros concellos
Potencia máxima en MW
Arbo 2,7
Avión 2,6
Cea 2
Mondoñedo 3
Padrón 2
Parques industriais
Potencia máxima en MW
Aglomerados Ecar 3
Inditex 0,85
Insuíña 1,5
Parques Pemes eléctricas
Potencia máxima en MW
A Lama 2,55
Fofe 3
Silleda 2,55
Parques que non computan no global
Potencia máxima en MW
Caolines de Vimianzo 3
Camariñas 2,6
Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ó amparo do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2003.
Juan Rodríguez Yuste
Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA
E DESENVOLVEMENTO RURAL