DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 2004 Páx. 1.122

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 455/2003, do 5 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio de serigrafía artística, de artes plásticas e deseño, correspondente á familia profesional de artes aplicadas ó libro, así como o acceso ó dito ciclo formativo.

Tendo en conta o establecido no Real decreto 389/1992, do 15 de abril, sobre os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, publicado o Real decreto 676/1993, do 7 de maio, polo que se establecen as directrices xerais sobre os títulos e as ensinanzas mínimas de formación profesional e que habilita as comunidades autónomas para a execución e desenvolvemento desta norma, definidas as ensinanzas mínimas correspondentes ó título de técnico de artes plásticas e deseño en serigrafía artística polo Real decreto 1387/1992, do 4 de agosto, procede establece-lo currículo do ciclo formativo de grao medio de serigrafía artística, de artes plásticas e deseño, correspondente á familia profesional de artes aplicadas ó libro, así como o acceso ó dito ciclo formativo para o ámbito de competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

As ensinanzas de artes plásticas e deseño están constituídas por un conxunto de ciclos formativos cunha organización modular variable tanto na súa duración como na diversidade de áreas de coñecemento teórico-prácticas en función dos distintos campos profesionais. As capacidades terminais dos distintos módulos profesionais, definidos neste decreto, describen o comportamento conxunto do alumnado en termos de resultados avaliables que se requiren para acada-los aspectos básicos da competencia xeral. Estes aspectos básicos aseguran unha cualificación común do titulado, garantía do título en todo o Estado e de correspondencia europea das cualificacións outorgadas ós alumnos.

Nesta liña cómpre asegurar no alumnado unha formación artística de calidade e garanti-la cualificación dos futuros profesionais das artes plásticas e do deseño. Por iso, o currículo inclúe, ademais dos coñecementos académicos vinculados ó ensino máis tradicional, outros aspectos inherentes á formación profesional e que permitan a incorporación dos rapaces á vida activa, cun grao de formación que lles permita adaptarse ás modificacións que se poidan producir ó longo da súa vida e que contribúa á formación permanente dos cidadáns ó tempo que atende as demandas de cualificación do sistema productivo, tendo en conta as necesidades de desenvolvemento económico e social da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa dimensión no fomento do noso patrimonio cultural.

Os contidos curriculares non teñen que ser interpretados como unidades temáticas nin, por tanto, necesariamente organizados na mesma orde en que aparecen nesta norma, polo que precisan unha ulterior concreción por parte do equipo de profesores que, coa necesaria flexibilidade, programarán interdisciplinariamente as secuencias de aprendizaxe, destacando nos ámbitos artísticos, nos técnicos e naqueles específicos do ámbito profesional do alumno, os contidos de maior significación cara ó desenvolvemento cualificado das actividades profesionais. Esta concreción ten que se referir principalmente ás liñas xerais de aplicación dos criterios de avaliación, á metodoloxía e ás actividades de carácter didáctico. Finalmente, cada profesor, no marco deste proxecto, realizará a súa propia programación, recollendo os procesos educativos que se propón desenvolver na aula.

Os criterios de avaliación establecen o tipo e o grao de aprendizaxe que se espera que acaden os alumnos nun momento determinado, respecto das capacidades indicadas nos obxectivos xerais e nos específicos de cada módulo. O nivel de cumprimento destes obxectivos, en relación cos criterios de avaliación fixados debe ser medido con flexibilidade, tendo en conta as características e as posibilidades dos alumnos.

A incorporación ós ciclos formativos de fases de formación práctica e da obra final é un elemento fundamental na construcción deste modelo formativo. A colaboración de profesionais, entidades e institucións contribuirá á concreción de proxectos educativos que anticipen solucións reais no mundo laboral.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo, permitirán a súa adaptación, tendo en conta as características do alumnado ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Ademais, o presente decreto regula o acceso a este ciclo formativo por medio dunha proba específica que deberá avalia-los coñecementos e as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes a este ciclo, ó tempo que establece os requisitos de acceso a estes estudios.

Regulación de ensinanzas que se realiza en virtude da competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía, de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aplicable a estas ensinanzas de réxime especial segundo o disposto no capítulo IV do título I da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

En virtude de todo iso, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, tralo informe do Consello Escolar de Galicia e do Consello

Galego de Formación Profesional e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo das ensinanzas do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao medio de serigrafía artística, pertencente á familia profesional de artes aplicadas ó libro, correspondente ó título de técnico de artes plásticas e deseño en serigrafía artística, segundo o establecido no Real decreto 1387/1995, do 4 de agosto, polo que se regulan as ensinanzas mínimas do dito ciclo formativo.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración deste ciclo formativo establécense no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Este decreto será de aplicación no ámbito territorial de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 3º.-Perfil profesional.

A competencia e as capacidades profesionais, as tarefas máis significativas e o campo profesional, que definen o perfil profesional do título, son os que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 4º.-Currículo do ciclo formativo.

1. Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por currículo do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao medio de serigrafía artística o conxunto de capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación que regularán a práctica docente neste ciclo formativo, as fases de formación práctica en empresas, estudios e talleres, así como a obra final.

2. Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao medio de serigrafía artística son os que se establecen no punto 3.1 do anexo deste decreto.

3. As capacidades terminais, os contidos e os criterios de avaliación dos módulos correspondentes ó ciclo formativo a que se refire este decreto, a súa distribución en cursos e os tempos lectivos, así como a obra final e a fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres son os que se establecen nos puntos 3.2, 3.3 e 3.4 do anexo deste decreto.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 5º.-Ordenación académica das ensinanzas.

1. As presentes ensinanzas organízanse en módulos; fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres e obra final.

2. Para os efectos do disposto neste decreto, o concepto «módulo» considerarase equivalente ós termos «materia teórica», «materia teórico-práctica»

e «clases prácticas» ó que se refire o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas.

Artigo 6º.-Admisión do alumnado.

Os criterios de admisión do alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1. do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Avaliación.

1. A obtención do correspondente título requirirá a avaliación positiva das distintas capacidades nas que se estructura o ensino impartido no centro educativo: dos módulos, das fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, e da obra final.

2. A organización e a avaliación da fase de formación práctica en empresas e da de obra final son a que se expresan no punto 4.2 e 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Profesorado.

As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.4 do anexo deste decreto.

Artigo 9º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.5 do anexo deste decreto.

Artigo 10º.-Relación numérica profesor/alumno.

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica profesor/alumno que se determina no punto 4.6 do anexo deste decreto.

Artigo 11º.-Correspondencias.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá recoñece-la correspondencia coa práctica laboral dos módulos que se indican no punto 4.7 do anexo deste decreto.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionado con este ciclo formativo.

Artigo 12º.-Acceso ó bacharelato e validacións.

O punto 4.8 do anexo deste decreto recolle a modalidade de bacharelato á que dá acceso este título, así como os módulos do ciclo formativo que poden ser obxecto de validación con materias de bacharelato.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determinará as validacións entre módulos deste ciclo cos doutros ciclos formativos de grao

medio de artes plásticas e deseño da familia profesional de artes aplicadas ó libro ou, de se-lo caso, dunha familia profesional diferente, atendendo á correspondencia dos seus contidos.

Artigo 13º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.9 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados ás unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para dar resposta ás características do alumnado e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Artigo 14º.-Proxecto curricular.

1. Os centros docentes concretarán e complementarán o currículo do ciclo formativo de artes plásticas e deseño de grao medio de serigrafía artística mediante a elaboración de proxectos curriculares para o dito ciclo.

2. O proxecto curricular de centro deberá conter unha adecuación dos obxectivos xerais deste ciclo ás características do alumnado, criterios metodolóxicos de carácter xeral en relación co proceso de avaliación, así como en materia de diversificación curricular.

3. O proxecto curricular do centro incluirá, así mesmo, a distribución das capacidades terminais, os contidos e os criterios de avaliación do ciclo formativo, incluídos os programas de cada materia. Esta distribución non deberá variar para un mesmo grupo de alumnos ó longo do dito ciclo.

4. O proxecto curricular do centro formará parte da programación da súa actividade docente e incorporarase á programación xeral correspondente.

5. Os profesores desenvolverán programacións da súa actividade docente de acordo co currículo e co proxecto curricular do centro.

Disposición transitoria

Única.-En canto non se determinen as novas especialidades docentes, a competencia do profesorado pertencente ós corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño para a impartición de cada módulo queda definida pola súa pertenza ás especialidades que se indican no punto 4.4 do anexo deste decreto. Non obstante, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no seu ámbito de competencia e durante o mesmo período transitorio, poderá autoriza-la impartición de determinados módulos a aqueles docentes que, no momento da promulgación deste decreto, estivesen impartindo materias equivalentes da anterior ordenación, sempre que acrediten preparación para isto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: técnico en serigrafía artística, de artes plásticas e deseño.

-Nivel: grao medio de artes plásticas e deseño.

-Duración: 950 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Desenvolve-los procesos básicos de realización da serigrafía artística, coas técnicas tradicionais e actuais propias desta especialidade, analizando as especificacións técnicas dos materiais utilizados e organizando os medios de producción e as medidas para o seu mantemento periódico preventivo.

2.2. Capacidades profesionais.

* Coordinar e dirixi-lo proceso de marcaxe naquelas empresas que, polo seu volume productivo e as súas características, precisen un departamento de impresión a través desta técnica.

* Crea-la súa propia estructura empresarial sentando as bases para a elección da personalidade física e/ou xurídica da empresa, contratación de persoal, modelo fiscal, medios técnicos, relacións comerciais, etc.

* Valora-las necesidades da empresa e asesorar na adquisición de productos e medios técnicos necesarios para o bo desenvolvemento do proceso productivo.

* Asesorar sobre as deficiencias técnicas e establecer e supervisa-los niveles de calidade mínima esixible.

* Desenvolver calquera traballo de reproducción fotomecánica.

* Supervisar e/ou realiza-la impresión.

* Realiza-la xestión comercial, financeira, xurídica e técnica da empresa cando, pola súa condición de empresario, así se requira.

2.3. Tarefas máis significativas.

* Participar en tódalas fases de creación e producción de empresas de serigrafía ou en departamentos de marcaxe doutras empresas, colaborando co persoal que desenvolve tarefas específicas, para a resolución dos problemas técnicos que se poidan presentar.

* Desempeñar actividades como traballador cualificado nas diferentes seccións da estructura productiva (creación, debuxo, fotomecánica, clisaxe, impresión, manipulación e embalaxe, etc.), así como nas empresas destinadas á subministración de materiais serigráficos.

* Redebuxar un orixinal e adaptalo ó proceso de impresión.

* Prepara-las correspondentes pantallas de impresión, desde a elección do marco e a montaxe da malla ata a limpeza e o recuperado, para a súa reutilización.

* Controla-la cor e selecciona-las tintas e os soportes axeitados ó traballo en curso.

* Coida-la correcta almacenaxe, a embalaxe e a conservación do proceso productivo.

* Responsabilizarse dos medios técnicos que utiliza para o desenvolvemento da súa profesión.

2.4. Campo profesional.

Empresas dedicadas á estampación gráfica e á reproducción serigráfica en particular, ou taller propio, realizando traballos de encarga como profesional.

O profesional deste nivel exercerá a súa actividade en empresas e talleres, xa sexan públicos ou xa privados, pequenos, medianos ou grandes, relacionados co campo profesional da serigrafía artística.

Actuará como técnico auxiliar en empresas dedicadas especificamente á impresión serigráfica en tódalas súas variantes, baixo a coordinación dun técnico especialista.

Pode tamén desenvolve-lo seu traballo como profesional autónomo ou asociado en cooperativa.

O tipo de empresas ó que o alumno poderá acceder presenta un abano tan amplo como a mesma diversificación do mundo serigráfico:

* Subministracións.

* Sinalización.

* Valos publicitarios.

* Calcomanía cerámica.

* Obra gráfica.

* Marcaxe de téxtil.

* Adhesivos comerciais.

* Carteis.

* Artigos de reclamo publicitario.

* Rotulación.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Analizar e desenvolve-los procesos básicos de realización de impresións serigráficas.

* Aplica-las técnicas tradicionais e actuais propias desta especialidade.

* Interpretar con rigor e sensibilidade artístico-plástica a información do proxecto que se subministre, tanto gráfica como escrita ou oral, referente ós distintos procesos de traballo distintivos desta especialidade.

* Resolve-los problemas artísticos e técnicos que se presenten durante o proceso de realización.

* Describir con detalle as especificacións técnicas dos materiais utilizados e organiza-las medidas para o seu mantemento periódico preventivo.

* Aplica-las medidas preventivas necesarias para que os procesos de realización utilizados non incidan negativamente no ambiente.

* Analiza-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona esta actividade profesional.

* Aplicar métodos de análise de proceso e óptimo aproveitamento de tempos na xestión do traballo.

* Aplica-los métodos necesarios para un perfecto mantemento de seguridade e hixiene no taller.

3.2. Capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos diversos módulos.

3.2.1. Módulo 1: técnicas de expresión gráfica.

Capacidades terminais

* Capta-la imaxe dos obxectos do contorno, representala e reproducila graficamente segundo os distintos métodos plásticos e técnicos apropiados para esta especialidade.

* Interpretar esbozos, debuxos e planos, normas e demais información gráfica relacionada coa realización e os medios artístico-artesanal e ornamental, en representación bidimensional.

Contidos

-A forma bidimensional e tridimensional e a súa representación sobre o plano.

-Os materiais de debuxo e as súas técnicas.

-A cor, a luz e a sombra. Valores expresivos e descritivos.

-A proporción. Relación entre as partes e o todo. Composición orgánica, xeométrica e abstracta.

-O claroscuro. As relacións de valor como plasmación sobre o plano da forma tridimensional.

-As formas da natureza. Os mundos vexetal e animal. O corpo humano.

-Análise de formas. Abstracción.

-A forma no espacio.

-O debuxo aplicado á calcografía.

Criterios de avaliación

* A realización de bosquexos para serigrafía artística.

* Sentido artístico da expresión gráfica e creatividade demostrada no seu traballo.

* Representación sensible de ideas ou de obxectos sinxelos, e a relación no espacio de obxectos agrupados.

* Utilización correcta das técnicas e os materiais propostos, explorando as súas posibilidades plásticas.

* Comprensión da influencia que exercen sobre a representación elementos como as proporcións, as relacións espaciais, as relacións tonais, etc.

3.2.2. Módulo 2: historia da cultura e da arte: artes do libro.

Capacidades terminais

* Describi-lo contorno profesional a través da historia da serigrafía artística, a súa evolución e as progresivas aplicacións, no contexto xeral da historia da arte e os medios gráficos de reproducción.

Contidos

-Concepto de arte e de artes aplicadas. Os procedementos de impresión.

-Producción e difusión das artes visuais na Idade Media. Ilustración do libro e difusión do papel.

-O Humanismo. A invención e a difusión da imprenta. O gravado e a súa repercusión nos sistemas de impresión.

-O Barroco: ciencia e arte. Expansión do gravado.

-A Revolución Industrial. Publicacións periódicas. A litografía. A popularización da arte a través do cartel.

-A transformación visual do século XX.

Criterios de avaliación

* O nivel de coñecementos adquiridos.

* A capacidade de análise histórica dos medios de reproducción.

* A capacidade para identificar imaxes relacionadas coa técnica calcográfica e para valora-la súa incidencia e a importancia na evolución da arte pictórica e a imaxe impresa.

3.2.3. Módulo 3: fotomecánica.

Capacidades terminais

* Elaborar patróns de impresión serigráfica por medios manuais e fotográficos.

* Analiza-lo patrón de impresión serigráfica con criterios de valoración estética, especialmente en cuestións de composición.

* Analiza-los traballos de mercado, fixándose e valorando os aspectos estéticos e comerciais por comparación.

Contidos

-A fotorreproducción.

-A luz.

-A escala tonal.

-A emulsión fotográfica.

-O revelado.

-A cámara de artes gráficas.

-A prensa de contactos.

-As tramas.

-O orixinal.

-A reproducción manual, fotográfica e/ou electrónica.

-A selección de cor.

-O fotolito. A montaxe.

Criterios de avaliación

* A rapidez de execución.

* A pulcritude e a orde no traballo.

* A capacidade de resolución dos problemas que se presenten durante o desenvolvemento do traballo.

* A capacidade do traballo e o nivel de coñecementos teóricos e prácticos acadado.

3.2.4. Módulo 4: taller de técnicas serigráficas.

Capacidades terminais

* Interpretar visualmente un orixinal e valora-lo seu equilibrio tonal e cromático.

* Selecciona-los soportes e as tintas que se adapten ó efecto tonal e cromático desexado.

* Preparar matrices dunha imaxe con distintos criterios serigráficos.

* Realiza-la impresión nas condicións teóricas e co soporte axeitado por métodos directos e indirectos.

* Resolver problemas de estampación de distintas matrices e de diferentes artistas, procurando distintas alternativas de estampación con matrices de materiais e técnicas diferentes, e realizar tiradas doutros.

* Utiliza-la serigrafía como medio de expresión propio, realizando imaxes de libre creación con diferentes matrices e técnicas.

Contidos

-As técnicas de impresión.

-A matriz de impresión.

-A malla.

-A pantalla.

-O patrón.

-Sistemas fotoquímicos de clisaxe.

-O insolado.

-As tintas.

-Os soportes.

-A rasqueta.

-A impresión.

-Procesos específicos (téxtil, calcomanía, adhesivo, etc.).

-Información comercial. Organización do taller. Tecnoloxía.

Criterios de avaliación

* Relacionar e manexa-los distintos espacios de traballo, ensaiando con ferramentas e máquinas propias do taller e utilizando as medidas de seguridade necesarias para realiza-lo traballo.

* Reproducir unha imaxe cos distintos sistemas serigráficos.

* Uso correcto de maquinaria, técnicas e ferramentas, demostrado mediante a realización de impresións serigráficas en distintos soportes.

* Realiza-la gravación dunha pantalla serigráfica por métodos directos e indirectos.

* Capacidade para prepara-las tintas e os soportes para imprimir.

* A capacidade organizativa dentro do taller.

* O uso correcto do vocabulario propio dos procesos, dos materiais e das ferramentas que se utilizan.

* A limpeza e o mantemento en perfecto estado de uso dos materiais e dos medios técnicos que concorren no proceso serigráfico.

* Diferenciación dos procesos serigráficos recoñecendo o tipo de soporte e os instrumentos axeitados ás técnicas estudiadas.

3.2.5. Módulo 5: informática básica.

Capacidades terminais

* Explica-lo proceso electrónico de datos e a estructura física e lóxica do ordenador.

* Describi-lo sistema de xestión interna do ordenador e analizar en qué dispositivos e cómo se almacena a información.

* Diferencia-los diversos sistemas de codificación da información.

* Analiza-la estructura, as funcións e as características básicas dun sistema operativo monousuario.

* Instalar e aplica-los comandos dun sistema operativo monousuario.

* Distinguir e identifica-los tipos de redes de transmisión de datos.

* Realizar operacións no contorno de traballo dunha rede de área local.

* Operar cun procesador de texto distinguindo as partes que forman un documento e creándoo cun deseño preestablecido.

* Manexar no nivel de usuario as técnicas utilizadas para intercambiar datos, documentos ou gráficos entre programas.

Contidos

-Introducción á informática.

-Sistemas operativos.

-Dispositivos de entrada e de saída.

-Ofimática.

-Introducción ó software de deseño e ilustración.

Criterios de avaliación

* O coñecemento e a capacidade do alumno para utilizar correctamente o material e os equipamentos informáticos.

* A capacidade para selecciona-lo medio informático axeitado, os seus resultados, o alcance e as posibles combinacións con outros medios.

3.2.6. Módulo 6: formación e orientación laboral.

Capacidades terminais

* Describi-lo marco legal do traballo identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Adquiri-la sensibilización necesaria acerca da saúde laboral mediante a determinación de actuacións preventivas e de protección.

* Identifica-los procedementos de inserción na realidade laboral como traballador autónomo e por conta allea, así como as iniciativas para o traballo por conta propia.

* Recoñece-las actitudes e as capacidades cada vez máis necesarias para o acceso ó emprego e a permanencia nel: colaboración, participación, flexibilidade e dispoñibilidade.

* Localiza-los organismos e as institucións de carácter autonómico, estatal e comunitario que prestan apoio á a iniciativa empresarial e ó autoemprego, e distingui-las axudas económicas e subvencións que se poden solicitar en cada caso.

* Adquiri-los coñecementos necesarios para xestionar e administrar unha pequena ou mediana empresa do sector: organización, localización, financiamento, producción, comercialización e a rendibilidade.

* Distingui-los instrumentos xurídicos, empresariais e profesionais propios da especialidade, co obxecto de coñece-los dereitos e asumi-las obrigas que se derivan do labor profesional.

Contidos

* Normativa básica das relacións laborais e regulamentación específica.

* Saúde laboral. Prevención ante os riscos profesionais.

* O proceso de procura de emprego. Técnicas de procura activa. Fontes de información e de emprego.

* Conceptos básicos de economía e mercadotecnia.

* Iniciativas para o traballo por conta propia: tipos de empresas, plan de viabilidade e constitución dunha empresa. Institucións e organismos que prestan axuda e asesoramento.

* Administración e xestión dunha pequena empresa do sector. Obrigas xurídicas e fiscais.

* Dereito aplicado á especialidade: lexislación en materia de obras de arte. Propiedade intelectual e propiedade industrial.

Criterios de avaliación

* Verifica-la asimilación dos conceptos fundamentais que se inclúen nos bloques temáticos.

* Contrasta-lo interese por asumir adecuadamente o papel laboral.

* Desenvolver actitudes axeitadas que faciliten a inserción, a permanencia e a promoción no mundo do traballo.

* Argumenta-la importancia da saúde persoal e colectiva.

* Actitude emprendedora e creativa ante as propias necesidades e aspiracións.

* Valora-la utilización correcta dunha terminoloxía específica.

3.3. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres.

Os seus obxectivos serán:

* Asumi-la realidade profesional para completa-la formación académica, realizando un cometido laboral de responsabilidade acorde co seu nivel.

* Tomar contacto co mundo do traballo e co seu sistema de relacións sociais, laborais e técnicas.

* Contrasta-los coñecementos adquiridos no centro educativo coa realidade empresarial e laboral.

* Adquirir coñecementos complementarios útiles para a práctica profesional, tanto sobre a organización e coordinación do traballo, propio da especialidade, como sobre a situación e as relacións do mercado laboral.

* Adquiri-los coñecementos técnicos sobre útiles, ferramentas, aparellos e máquinas que, pola súa especialización, custo ou novidade, non están ó alcance do centro educativo.

* Participar de forma activa nas fases do proceso productivo, baixo a titoría ou dirección correspondente.

* Aplica-los coñecementos e as habilidades que se adquiriron na formación teórica e práctica nos centros docentes.

* Integrarse no mundo laboral e no sistema técnico-social da empresa.

3.4. Obra final.

A obra final ten como obxectivo comprobar se o alumno asimilou e ten a capacidade de integrar, sincretizar e aplica-los coñecementos teórico-prácticos e artísticos das ensinanzas cursadas no centro e, en consecuencia, de desempeña-la actividade profesional no campo da especialidade e do nivel cursados.

Nesta familia profesional a obra final consistirá na realización dunha ou de varias obras pertencentes ó campo das artes aplicadas ó libro, xa sexa como pezas illadas ou xa como conxunto.

A obra final terá o seguinte contido:

* Información e comunicación:

* Memoria, onde se realizará unha análise dos procesos e das fases de realización da obra, así como, polo menos, dos seguintes aspectos:

-Aspectos funcionais.

-Aspectos artísticos.

-Aspectos técnicos: materiais e procesos necesarios para a realización do producto final.

-Aspectos económicos: cálculo dos custos necesarios para a realización do producto final e rendibilidade e óptimo aproveitamento dos medios.

* Testemuña gráfica das diversas etapas do traballo conducentes á realización da obra e dos debuxos e bosquexos realizados.

* Realización: realización da obra á que se refire o proxecto ou a maqueta, en función da entidade do proxecto e das especificacións do tribunal.

* Representación gráfica: planos, detalles e instalacións. Incluirá unha memoria gráfica das diversas etapas da realización.

-Estudio económico: medicións e orzamentos.

-Programación e planificación da obra.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Admisión do alumnado.

4.1.1. Acceso con requisitos académicos.

Para acceder ó ciclo formativo de grao medio ó que se refire este decreto cumprirá dispor do título de graduado en educación secundaria ou ter superado os estudios equivalentes a el, segundo o establecido nos anexos I e II do Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación do novo sistema educativo, modificado polo Real decreto 173/1998, do 16 de febreiro, así como superar unha proba de acceso específica.

4.1.2. Exencións da proba de acceso específica.

Estarán exentos de realiza-la proba de acceso prevista no artigo 6º deste decreto:

* Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título de técnico ou técnico superior de artes plásticas e deseño nunha especialidade da mesma familia profesional á que pretendan acceder.

* Aqueles aspirantes que tivesen superados os tres cursos comúns correspondentes ó plan de estudios de artes aplicadas e oficios artísticos que establece o Decreto 2127/1963, do 24 de xullo (BOE do 6 de setembro) e que se desenvolve pola Orde do 27 de decembro de 1963 (BOE do 23 de xaneiro de 1964).

* Aqueles aspirantes que superasen os dous cursos comúns do plan experimental de ensinanzas artísticas da Comunidade Autónoma de Galicia establecido polo Decreto 179/1988, do 7 de xullo (DOG do 18 de xullo).

4.1.3. Acceso sen requisitos académicos.

Non obstante o disposto nos puntos anteriores, será posible acceder ó ciclo formativo establecido no presente decreto sen posuí-lo título de graduado en educación secundaria, superando unha proba na que demostre tanto madureza intelectual, acreditada a través do dominio das capacidades lingüísticas, de razoamento e de coñecementos fundamentais da etapa educativa anterior relacionados co ensino ó que aspira, como as habilidades específicas necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

A dita proba será regulada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4.2. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres.

A fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres poderá consistir tanto na realización de prácticas en entidades de titularidade pública ou privada como en traballos profesionais academicamente dirixidos e integrados no currículo, así como aqueles efectuados no marco de programas de intercambio no Estado ou de carácter internacional.

A fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres realizarase unha vez superada a totalidade dos módulos. Excepcionalmente, o equipo docente do ciclo poderá autoriza-la súa realización simultánea coas actividades de recuperación a aqueles alumnos e alumnas que teñan un máximo de dous módulos sen superar, sempre que quede garantido que non se produce mingua na capacidade das tarefas de recuperación.

A avaliación faraa o profesor titor ou a profesora titora do centro educativo e nela colaborará a persoa responsable de formación do alumnado designado polo centro de traballo no período de estadía nel. A cualificación final estará expresada en termos de apto ou non apto. Será realizada polo titor do ciclo.

4.3. Obra final.

4.3.1. Fases de entrega e avaliación.

* Anteproxecto. Unha vez aprobados os módulos e a fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, o alumno presentará un proxecto da obra final da súa especialidade, dirixido por un profesor titor, ante un tribunal avaliador. O anteproxecto haberá de reflectir a grandes trazos o contido da obra que se vaia realizar.

* Aceptación. Para a aceptación do anteproxecto o tribunal avaliador terá en conta os seguintes aspectos:

-O seu interese global, tendo en conta a proposta estética, a orixinalidade da formulación e a súa adecuación á demanda real do producto de que se trate.

-A posibilidade de realización efectiva da obra final, nos prazos establecidos e tendo en conta os medios e as instalacións con que se conta.

No suposto de non aceptación, o tribunal ofertará unha proposta alternativa ó alumno.

* Inscrición. Formalizarase unha vez aceptado o anteproxecto.

* Elaboración e prazo de execución. O proceso de realización da obra final desenvolverase dentro do último trimestre do curso no que se superasen os módulos do ciclo formativo.

* Avaliación. A obra final avaliarase globalmente. Cualificarase entre 1 e 10 puntos. Para a avaliación positiva requírese unha cualificación igual ou superior a cinco.

O número máximo de convocatorias para a superación da obra final é de dúas. No suposto de que se dea algunha circunstancia que impida o normal desenvolvemento do proxecto, a dirección do centro, con carácter excepcional, poderá autorizar unha convocatoria extraordinaria.

Os tribunais considerarán na avaliación das obras finais a súa capacidade ou o seu interese pedagóxico para servir como pauta ou referencia ós demais alumnos e alumnas. Para tal efecto, incluirán no seu calendario de actividades a organización de exposicións das obras finais.

4.3.2. Titoría e tribunal avaliador.

A titoría da obra final correrá a cargo do titor do ciclo formativo ou dun membro do equipo docente. Neste último caso actuará como relator o titor.

A aceptación da proposta da obra final e a súa avaliación, así como a determinación específica dos prazos, procesos e pautas para a realización, entrega e avaliación das obras, corresponderalle a un tribunal integrado por:

* Presidente: o director do centro ou o profesor en quen delegue.

* Secretario: o propio do centro, que actuará con voz pero sen voto, levantará acta das sesións e encargarase de facilitar e coordina-la utilización dos medios que, de se-lo caso, o centro pon ó dispor dos alumnos para a realización dos proxectos, no período establecido para a súa execución.

* Vocais: polo menos tres, nomeados pola dirección, dos cales dous serán profesores do ciclo. A dirección poderá designar ademais un profesional de recoñecido prestixio no campo correspondente ó ciclo formativo e alleo ó centro educativo.

4.4. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de serigrafía artística.

Os funcionarios do corpo de profesores de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño impartirán con carácter preferente os módulos deste ciclo, de conformidade coa atribución de módulos a especialidades que figura na columna (A) deste anexo.

Non obstante, co fin de lograr un óptimo aproveitamento dos recursos dispoñibles no centro, na súa organización, os devanditos módulos poderán ser impartidos por funcionarios e funcionarias doutras especialidades, de conformidade co que figura na columna (B), sen que iso derive efectos na adscrición de especialidade.

Especialidade do profesorado

Módulo(A)(B)

1Historia da cultura e da arte: artes do libroProfesor APD de:-Cultura xeral cerámica-Historia da arte-Historia da arte e da cerámica-Historia e técnicas do libroProfesor APD de:-Procedementos de ilustración do libro-Litografía-Serigrafía-Estampación calcográfica-Gravado-Heliogravado

2Técnicas de expresión gráficaProfesor APD de:-Debuxo artísticoProfesor APD de:-Proxectos de arte decorativa
-Colorido e procedementos pictóricos-Composición decorativa, pintura e escultura relixiosa-Teoría e práctica do deseño-Procedementos de ilustración do libro-Litografía
-Decoración sobre pastas cerámicas-Serigrafía-Estampación calcográfica
-Análise de forma e cor-Gravado
-Procedementos pictóricos-Heliogravado
-Técnicas de colorido aplicado á cerámica
-Debuxo publicitario
-Composición ornamental
-Estilización artística e colorido
-Decoración elemental cerámica
-Técnicas de deseño gráfico
-Técnicas gráficas industriais

3FotomecánicaMestre de taller APD de:-Fotogravado-Fotogravado e tipografía-Fotomecánica-Tipografía-Reproducción e impresión

4Formación e orientación laboralProfesor APD de:-Dereito usual-Organización industrial

5Informática básicaProfesor APD de:-Deseño asistido por ordenador-Taquicagría

6Taller de técnica serigráficaMestre de taller APD de:-SerigrafíaMestre de taller APD de:-Litografía-Litografía e fotogravado-Calcografía e xilografía-Gravado-Heliogravado-Estampación calcográfica

4.5. Espacios e instalacións.

As condicións de espacio e instalacións que deben reuni-los centros educativos son as que fixa o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas.

Para os efectos do disposto no artigo 40.1º, alíneas k), l), m), do real decreto anteriormente citado, os módulos deste ciclo formativo clasifícanse nos seguintes epígrafes:

* Teóricos:

-Historia da cultura e da arte: artes do libro.

-Formación e orientación laboral.

* Teórico-prácticos:

-Técnicas de expresión gráfica.

-Fotomecánica.

-Informática básica.

* Talleres específicos:

-Taller de técnica serigráfica.

Espacio formativoSuperficieGrao de utilización

Aula teórica45 m16%

Aula teórico-práctica80 m18%

Aula de informática30 m12%

Taller de técnica serigráfica60 m41%

Laboratorio fotográfico45 m4%

4.6. Relación numérica profesor/alumno.

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica profesor/alumno non superior a 1/15 nos módulos impartidos nos talleres específicos relacionados no punto anterior. Ó resto dos módulos aplicaráselle a ratio máxima 1/30.

En función da dispoñibilidade de cada centro e sempre que sexa posible, tenderase a aplica-la relación 1/15 nos módulos impartidos nas aulas teórico-prácticas.

4.7. Correspondencias.

Poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral os seguintes módulos:

* Fotomecánica.

* Taller de técnica serigráfica.

* Formación e orientación laboral.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exentos da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres quen acredite experiencia laboral no campo profesional directamente relacionado con este ciclo formativo.

4.8. Acceso ó bacharelato e validacións.

4.8.1. Modalidades do bacharelato ás que dá acceso este título.

* Bacharelato de artes.

4.8.2. Módulos do ciclo formativo que poden ser obxecto de validación con materias do bacharelato.

Módulo profesionalMaterial do bacharelato

Técnicas de expresión gráficaDebuxo artístico I

Técnicas de expresión gráfica e taller de técnica serigráficaTécnicas de expresión gráfico-plásticas

4.9. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

150Técnicas de expresión gráfica

65Historia da cultura e da arte: artes do libro

65Fotomecánica

335Taller de técnicas serigráfica

65Informática básica

65Formación e orientación laboral

65Horas de libre disposición

810TOTAL

4º, 5º e 6º trimestre

60Obra final

80Formación práctica en empresas, estudios ou talleres

140TOTAL