DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 02 de febreiro de 2004 Páx. 1.423

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 23/2004, do 22 de xaneiro, polo que se aproba o escudo do Concello de Crecente (Pontevedra).

O Concello de Crecente considerou conveniente organizar correctamente o seu emblema municipal para perpetualo con simboloxía adecuada e conforme as normas de heráldica. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico-heráldico, coa correspondente proposta de representación gráfica do escudo, para a aprobación definitiva del.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais, correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

O expediente tramitouse conforme as normas de procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia; no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo R.D. 2568/1986, do 28 de novembro; e máis no Decreto 369/1998, do 10 de decembro, polo que se regula a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de xaneiro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Aproba-lo escudo do Concello de Crecente, que figura como anexo, organizado do seguinte xeito: de azur (azul), as dúas chaves de ouro (amarelo), dispostas en aspa e acompañadas, no xefe, dun crecente figurado de prata (branco) e, na punta, dunha torre del. Ó timbre, coroa real pechada.

Santiago de Compostela, vintedous de xaneiro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración

Local

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E

VOLUNTARIADO