DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 27 de febreiro de 2004 Páx. 2.715

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 18 de febreiro de 2004 pola que se determina o importe máximo das axudas que se poderán outorgar no exercicio orzamentario de 2004 ó abeiro do Decreto 295/2002, do 17 de outubro, sobre subvencións a fondo perdido para a reconstrucción protexida de vivendas no medio rural de Galicia.

O Decreto 295/2002, do 17 de outubro, constitúe o novo marco normativo polo que se regula a concesión de subvencións para a reconstrucción protexida de vivendas situadas no medio rural de Galicia.

O seu artigo 6º dispón que estas axudas se atenderán da forma que será establecida mediante ordes anuais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda que cuantificarán as dispoñibilidades orzamentarias que se poidan consignar en cada exercicio económico.

A súa disposición derradeira faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

para dictar, no marco das súas competencias, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do referido decreto.

En uso da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos do disposto no artigo 6º do Decreto 295/2002, do 17 de outubro, determínase:

1. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, onde figuran os créditos con cargo ós que serán atendidas as axudas do Decreto 295/2002, é a 06.60.331A.781.0.

2. O importe máximo destas axudas que se poderán outorgar dentro do exercicio orzamentario de 2004 será de 600.000 A.

3. O importe máximo destas axudas poderase incrementar en función das solicitudes que obteñan a declaración definitiva de reconstrucción protexida e en función das dispoñibilidades orzamentarias con cargo á mesma aplicación.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2004.

Alberto Núñez Feijóo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL