DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 09 de marzo de 2004 Páx. 3.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EXC 4/2004).

Reunidas, o pasado 2 de febreiro de 2004, no Palacio Municipal de María Pita as seguintes autoridades:

-Francisco Álvarez-Cascos Fernández, ministro de Fomento.

-Alberto Núñez Feijoo, conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

-Francisco Vázquez Vázquez, alcalde da cidade da Coruña.

-Manuel Pose Miñones, alcalde de Arteixo.

Suscribiuse o convenio para a reordenación urbanística de determinados terreos do actual porto da Coruña e da estación de ferrocarril de San Diego, vinculada á mellora da estructura urbanística da cidade e á construcción das novas instalacións portuarias na Punta Langosteira.

Á vista do artigo 237.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o convenio sométese ó trámite de información pública, polo prazo de vinte días hábiles, encontrándose á disposición de quen desexe consultalo no Servicio Municipal de Urbanismo (Unidade de Planeamento), en horario laboral de 8 a 15 horas, de luns a venres.

A Coruña, 3 de febreiro de 2004.

P.D.

José Luis Méndez Romeu

Concelleiro de Urbanismo