DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 11 de marzo de 2004 Páx. 3.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2004, de aprobación definitiva do estudio de detalle en desenvolvemento das determinacións do Plan Xeral de Ordenación Urbana para a unidade de actuación número 39 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, rúas Pintores Manuel Colmeiro, Urbano Lugrís e Virxilio Blanco, Camiño das Abeleiras e Instituto Torrente Ballester, formulado por Construcuatro, S.A.

O Pleno da Corporación, en sesión do 19 de decembro de 2003, acordou aprobar con carácter definitivo, o estudio de detalle formulado pola entidade mercantil Construcuatro, S.A., en desenvolvemento das

determinacións do Plan Xeral de Ordenación Urbana para a unidade de actuación número 39, delimitada polas rúas Pintores Manuel Colmeiro, Urbano Lugrís e Virxilio Blanco, Camiño das Abeleiras e terreos do Instituto Torrente Ballester, coa finalidade de defini-las aliñacións e rasantes das vías previstos polo Plan Xeral de Ordenación Urbana, límites físicos das edificacións e parcelas de cesións, sendo o instrumento urbanístico aprobado, o proxecto refundido e adaptado á Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, subscrito polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas, Gustavo Pérez Álvarez, Daniel Gómez Ayuso e José Vicente Rodríguez Pagan, con visado colexial do 10-10-2003, dispoñéndose neste acto administrativo o seu sometemento a información pública.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer directamente por quen se considera lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no plazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte co establecido nos artigos 10.1.6º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 5 de febreiro de 2004.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área

de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral