DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.819

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2004 do convenio colectivo da Empresa Pereira, S.L.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2004 do convenio colectivo da empresa Empresa Pereira, S.L., con número de código 3601842, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-2-2004, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa e da parte social polo delegado de persoal, en data 22-1-2004. De conformidade co disposto no artigo 4 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de febreiro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Acta

Asistentes:

José Agustín Pereira Fernández, xerente de Empresa Pereira, S.L.

José Ramón Lages Caeiro, delegado de persoal (UGT).

En Vilagarcía de Arousa, sendo as 10.00 horas do día 22 de xaneiro de 2003 reúnense nos locais de Empresa Pereira, S.L., sitos na Rúa Patiño 19, polígono de Trabanca de Vilagarcía de Arousa, o representante dos traballadores e a dirección da empresa, para proceder á revisión do convenio colectivo para a dita empresa.

Aberta a sesión, as partes dan a coñece-las súas respectivas representacións. Pola empresa José Agustín Pereira Fernández, xerente, e polos traba

lladores José Ramón Lages Caeiro, delegado de persoal de UGT.

De acordo co artigo 4 do vixente convenio colectivo para a empresa, procede que tódolos conceptos salariais teñan para 2004 un incremento do IPC do ano 2003 máis un punto porcentual. Como queira que o IPC do ano 2003 foi do 2,6% procede incrementar tódolos conceptos salariais nun 3,6%.

Por tal motivo procédese á elaboración do texto do convenio así como a táboa salarial anexa, que despois de ser confeccionados procédese a dar lectura deles, os cales son asinados en proba de conformidade.

E, non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás doce horas do día e no lugar arriba indicados, do que as partes dan fe.

José Agustín Pereira FernándezJosé Ramón Lages Caeiro

Xerente de Empresa Pereira, S.L.Delegado de persoal de UGT

Artigo 9º.-complemento de quebranto de moeda.

O conductor-perceptor o día que realice as funcións de conductor e cobrador nas condicións do punto anterior percibirá un complemento de 0,82 euros en concepto de quebranto de moeda.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Como compensación dos gastos que o persoal da empresa ten que efectuar para se trasladar ó centro de traballo, establécese un complemento de transporte para tódalas categorías profesionais de 1,22 euros por cada día efectivo traballado.

Artigo 12º.-Traballo en domingos e festivos.

Os domingos e festivos, que por necesidades do servicio sexan traballados, e o descanso se produza outro día da semana, aboaranse coa cantidade de 14,06 euros a cada traballador, independentemente da súa antigüidade e categoría profesional.

En caso de que excepcionalmente non se puidese ter esta descanso, en cómputo anual, cobrarase co incremento do 140%.

Táboa salarial (1 de xaneiro de 2004)

Xefe de persoal898,24 A/mes7,31 A/hora

Xefe de tráfico898,24 A/mes7,31 A/hora

Administrativo819,43 A/mes6,75 A/hora

Auxiliar administrativo720,70 A/mes6,06 A/hora

Inspector24,54 A/día6,66 A/hora

Conductor24,33 A/día6,36 A/hora

Conductor perceptor24,33 A/día6,36 A/hora

Cobrador20,93 A/día6,05 A/hora

Mecánico oficial 1ª24,54 A/día6,66 A/hora

Mecánico oficial 2ª22,15 A/día6,05 A/hora

Mozo21,08 A/día6,05 A/hora

Engraxador/lavacoches21,08 A/día6,05 A/hora

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA