DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/6-2, 6153 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. aliment. aérea de servicio autovía A-6 p.k. 538+000.

Situación: Guitiriz.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV cunha lonxitude de 576 m, con orixe na L.M.T. subterránea a C.T. parque empresarial de Guitiriz, conductor tipo R.H.Z.1, e final no centro de seccionamento.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 9 de febreiro de 2004.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo