Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en r/ Dos Carpinteiros e r/ Dos Servicios.
Situación: polígono do Ceao (Lugo).
Descricións técnicas:-L.M.T. subterránea en conductores R.H.Z.1-150 baixo tubo de polietileno en gabias de dominio público, cunha lonxitude de 274 m de canalización de 2 tubos de diámetro 160 mm e un tubo de diámetro de 63 mm; 40 m de canalización mixta MT/BT, 2 tubos de diámetro 160 mm, M.T., 1 tubo de diámetro 63 mm e 4 tubos de diámetro 125 mm, B.T.
-C.T. constituído por un centro de transformación en edificio prefabricado tipo PFU-304. A instalación dimensiónase para unha potencia de 630 kVA e unha R.T. 20.000/400-230 V. A potencia inicial instalada é de 400 kVA.
-R.B.T. executada en canalizacións subterráneas baixo tubos de polietileno, e discorrerán por gabias baixo zonas de dominio público, cunha lonxitude de 40 m.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega
cións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 9 de febreiro de 2004.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo