DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 26 de febreiro de 2004, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, recaída no expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade números 81.3/99 e 81.5/99, a José Manuel Fernández Ibáñez, por realización de obras no lugar de monte Carrasqueira, número 1-Samil, termo municipal de Vigo, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do recurso de alzada, dictada polo conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, interposto contra resolución do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, entón competente en materia de costas, pola que se lle impuxo unha sanción consistente nunha multa de seis mil catrocentos trinta e cinco euros con oitenta e dous céntimos (6.435,82 A) e se lle ordenou repoñe-los terreos nos que se executaron as obras obxecto do expediente ó seu primitivo estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no

Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto polo artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 26 de febreiro de 2004.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra

ANEXO

Expedientes números: 81.3/99 e 81.5/99.

Expedientado: José Manuel Fernández Ibáñez.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: Carrasqueira, nº 1, Samil, Vigo.

Data da resolución: 15-5-2003.

Feitos: escavación de terras, construcción dunha placa de formigón, dous piares de formigón, muro de contención de formigón, unha soleira con pavimento de lousas cerámicas, revestimento de fachadas con pedra granítica, realización de novas divisións interiores e construcción dunha nova cuberta a base de forzado e tella cerámica mixta.

Lugar: monte Carrasqueira, nº 1, Samil.

Concello: Vigo.

Resolución: esta consellería resolve admiti-lo recurso de alzada interposto, en data do 12-1-2000, por José Manuel Fernández Ibáñez contra a resolución do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra do día 23-1-1999 e desestimalo, confirmando a resolución recorrida.