En cumprimento do acordado pola Sala do Contencioso-Administrativo número un de Pontevedra, en vía de recurso que se tramita baixo o procedemento ordinario 327/003-MT interposto por Mª del Carmen Peixoto Rodríguez, contra resolución do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra do 10-10-2003 polo que se resolve o expediente de clasificación dos montes A Mina e outros a favor da CMVMC da parroquia de Castrelos, do concello de Vigo, a través do presente escrito emprázase a Juan J. Figueiredo Fernández con último domicilio coñecido en Camiño Monte da Serra, 63, Castrelos, Vigo, para que poida comparecer e constituírse en parte nos autos como demandado mediante procurador e avogado, ou soamente mediante avogado con poder para o efecto, no prazo de nove días.
Así mesmo, de acordo co sinalado no artigo 50 da Lei 29/1998, faiselle saber que, no caso de comparecer fóra do indicado prazo, teráselle como parte para os trámites non precluídos, sen que por iso deba retrotraerse nin interromperse o curso do procedemento, e se non compare oportunamente continuará o procedemento polos seus trámites, sen que haxa lugar a practicarlle notificación de ningunha clase.
Pontevedra, 1 de marzo de 2004.
José Antonio López Rodríguez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra