DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 1 de marzo de 2004, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se empraza a Juan J. Figueiredo Fernández no procedemento ordinario 321/2003-C.

En cumprimento do acordado pola sala do contencioso-administrativo número dous de Pontevedra,

en vía de recurso que se tramita baixo o nº P. ordinario 321/2003-C interposto por Urbano Monroy Magdalena, contra resolución deste Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, do 10-10-2003, polo que se resolve o expediente de clasificación dos montes A Mina e outros a favor da CMVMC da parroquia de Castrelos, do concello de Vigo, a través deste escrito emprázase a Juan J. Figueiredo Fernández, con último domicilio coñecido en camiño Monte da Serra, 63, Castrelos, Vigo, para que poida comparecer e constituírse en parte en autos como demandado mediante procurador e avogado, ou soamente mediante avogado con poder para o efecto, no prazo de nove días.

Así mesmo, de acordo co sinalado no artigo 50 da Lei 29/1998, fáiselle saber que, no caso de comparecer fóra do indicado prazo, se terá como parte para os trámites non precluídos, sen que por iso se deba retrotraer nin interrompe-lo curso do procedemento, e se non comparecer oportunamente, continuará o procedemento polos seus trámites, sen que haxa lugar a practicarlle notificación de clase ningunha.

Pontevedra, 1 de marzo de 2004.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra