DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 9 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 15 de decembro de 2003 de denegación das axudas de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo tramitado por esta entidade AS 343G 2003/296-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de desistimento das axudas á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 30-7-2003 (DOG nº 153, do 8 de agosto), publícase:

1º Expedientes de procedemento: AS 343G 2003/296-5.

Orde da convocatoria: 30 de xullo de 2003 (DOG nº 153, do 8 de agosto).

Interesado: Fulgencio Lira Santamaría.

Enderezo: Urzáiz, 70, 36203 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais do 15 de decembro de 2003, ó abeiro da Orde do 30 de xullo.

«Resolución:

Antecedentes.

Primeiro.-O plan foi presentado o 29-9-2003.

Segundo.-Das actuacións realizadas e da documentación do expediente resulta o incumprimento dos requisitos esixidos para a concesión das axudas solicitadas en virtude dos motivos indicados no fundamento segundo.

Terceiro.-Na tramitación do expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolve-la solicitude corresponde, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 7 e a disposición adicional quinta da Orde do 30 de xullo de 2003 (DOG do 8 de agosto) pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2003 do programa de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral, en relación co Decreto 212/2003, do 3 de abril (DOG do 11), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Segundo.-O incumprimento dos requisitos e condicións esixidos na orde reguladora está motivado polas razóns seguintes:

O plan non está incluído no ámbito de aplicación das axudas, delimitado nos artigos 2º e 5º, debido a que coa súa execución implica unha diminución da media de traballadores do cadro de persoal da empresa en Galicia no período outubro 2001-setembro 2002.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Denega-la solicitude de axudas presentada por Fulgencio Lira Santamaría, polas razóns expostas no fundamento segundo desta resolución.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala de Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 15 de decembro de 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Vigo».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 9 de febreiro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Vigo