DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 9 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 2 de setembro de 2003 de concesión de axudas pola contratación en prácticas do expediente administrativo FM 343D 2002/464-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas pola contratación en prácticas do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 5-7-2002 (DOG nº 135, do 15 de xullo), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 343D 2002/464-5.

Orde de convocatoria: 5 de xullo de 2002 (DOG nº 135, do 15 de xullo).

Interesado: Armarios Arcafal, S.L.

Enderezo: Lg. Cruceiro, 35, Villalonga 36990-Sanxenxo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 5-7-2002 do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de data 2-9-2003.

«Resolución:

Examinada a solicitude de axudas pola contratación en prácticas de traballador/es presentada por Luis Miguel Calo Muñiz, en nome e representación de Armarios Arcafal, S.L. (no seu propio nome), e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes:

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 1-10-2002. No expediente consta toda a documentación esixida na Orde de convocatoria do 5-7-2002 (DOG do 15 de xullo) con carácter xeral e para o tipo de axudas que se solicitan.

Segundo.-Solicítanse os seguintes tipos de axuda:

-Contratación en prácticas dun traballador.

Terceiro.-Na tramitación deste expediente, observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolver esta solicitude corresponde por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais a esta delegación provincial, de acordo co artigo 13 da Orde do 5 de xullo de 2002, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2002 dos programas de fomento dos contratos en prácticas e para a innovación tecnolóxica, en relación coa disposición adicional sexta da Orde do 7 de maio de 2003 (DOG nº 92 do 14) e o Decreto 212/2003, do 3 de abril (DOG do 11), polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Segundo.-Logo da correspondente fiscalización e dado que a solicitude foi presentada en prazo hábil procede concede-las axudas, se é o caso cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, na contía que se indica e pola contratación en prácticas dos traballadores seguintes:

Traballador/a: Patiño Soutullo, Paula.

DNI: 77403965.

Suposto: CP.

Contía: 2.400 euros.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, esta delegación provincial

ACORDA:

1. Conceder a Armarios Arcafal, S.L., as axudas pola contratación en prácticas dun traballador nas contías seguintes:

-Axuda pola contratación en prácticas dun traballador/es por un importe total de 2.400 euros.

2. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade co artigo 19 da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó desta notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

-Certificado de atoparse o día nos pagamentos á Seguridade Social.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

3. De non presentarse no prazo indicado ou de non ser correcta ou concorde co solicitado, procederase segundo o caso á revogación total ou parcial da axuda concedida (artigos 19, 22 e 23).

4. Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas no artigo 21 da orde reguladora.

5. A devandita subvención está sometida ás limitacións establecidas no Regulamento (CE) nº 69/2001 da Comisión Europea do 12 de xaneiro

de 2001, relativo as axudas de mínimis (DOCE L10/30, do 13 de xaneiro).

Notifíquese ós interesados esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que pode formularse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 2 de setembro de 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Vigo».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Promoción do Emprego da delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 9 de febreiro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Vigo