DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Luns, 22 de marzo de 2004 Páx. 3.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 9 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 10 de novembro de 2003 de revogación das axudas pola contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo FM 343G 2001/1021-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27-4-2001 (DOG nº 92, do 14 de maio), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 343G 2001/1021-5

Orde da convocatoria: 27 de abril de 2001 (DOG nº 92, do 14 de maio).

Interesado: Cacharela Lalín, S.L.

Enderezo: avd. Buenos Aires, 39, 36500 Lalín (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de data 10-11-2003, ó abeiro da Orde do 27-4-2001.

«Resolución:

Examinado o plan empresarial de incremento da estabilidade laboral presentado por Ángel Castaño Paz, en nome e representación de Cacharela Lalín, S.L. (no seu propio nome) e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes.

Primeiro.-O plan foi presentado o 21-8-2001 e estimada na Resolución do 27-5-2003, pola que se concedeu ó interesado unha axuda por un importe total de 5409,11 euros pola contratación indefinida dun traballador.

Segundo.-O pagamento da subvención concedida condicionouse á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro.-O beneficiario non achegou de forma correcta e no prazo indicado a seguinte documentación:

-Documentación acreditativa de que se encontran ó día nas súas obrigas tributarias estatais e coa Seguridade Social.

Cuarto.-Na tramitación deste expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos.

Primeiro.-A competencia para coñecer e resolve-la solicitude corresponde, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a esta delegación provincial, de acordo co artigo 7 da Orde do 27 de abril de 2001 (DOG do 14) pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2001 do programa de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral, en relación co Decreto 212/2003, do 3 de abril (DOG do 11), polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Segundo.-O artigo 17 da orde reguladora determina a revogación das axudas concedidas nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

RESOLVE:

Revoga-la resolución da delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de data 27-5-2003, pola que se concedeu ó interesado unha axuda pola contratación indefinida dun traballador, por un importe total de 5.409,11 euros.

Notifíquese esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 10 de novembro de 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de vigo».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Promoción do Emprego da delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 9 de febreiro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Vigo

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE